A memoria industrial do Ulla-Umia: Pontecesures e Valga.

Artigo do cesureño DANIEL SEIJAS LLERENA. Especial «Arousa, un mar de cultura»
DIARIO DO AROUSA, 17/07/08

O pasado 9 de agosto abriuse ó público, nas reformadas instalacións da antiga azucreira de Portas, a exposición «A Memoria Industrial dos Vales do Ulla-Umia» na que a través duns paneis informativos, se dá conta, a xeito de resumo, da historia empresarial e industrial dos concellos que forman parte desta comarca, dentro dun marco cronolóxico que abrague aproximadamente entre o século XIX e a década de 1940. A finalidade principal da mostra é a posta en valor dos recursos arqueolóxicos e históricos, despois dunha catalogación previa dos restos industriais existentes nos concellos, así com dar a coñecer as diferentes iniciativas empresariais que existiron no pasado, algunha das cales seguen funcionando e aportando riqueza á bisbarra. Neste traballo catalogouse e investigouse a historia das serrerías de madeira, telleiras, balnearios, fábricas da luz, cererias, fábricas de curtidos, entre outros, así coma a biografía de destacados empresarios emprendedores da época estudada.
A través dos paneis informativos da exposición percorremos a histoira empresarial dos diferentes concellos, con textos apoiados polas imaxes do pasado mesturadas con fotografías que mostran o estado actual de conservación dos elementos industriais. O resultado final procede dun traballo de investigación codirixido polo catedrático de Historia da USC, Joam Carmona Badía, e pola persoa que escribe estas liñas, mentres que as imaxs actuais son obra do magnífico fotógrafo Manuel González Vicente. A mostra foi organizada e sufragada pola ADR Ulla-Umia a través do Leader Plus. Tamén é necesario agradecer a axuda e a colaboración prestada, durante o proceso de investigación e recopilación de material, ás seguintes empresas, persoas e institucións: o investigador morañés Avelino Garrido Monteagudo, á fabrica de ladrillos «Novo y Siera» de Campaña, «Cerería Diéguez» de Pontecesures, ó Concello de Valga, ó encargado da biblioteca municipal de cuntis, ó Concello de Pontecesures é os edís Rafael Randulffe e Luis Sabariz, ó concelleiro cuntiense, Manuel Campos Velay, Cedonosa de Catoira, Casa de turismo rural «Torre do Río» de Segade, ó Concello de Catoira e ó taller de campás «Ocampo», de Arcos da Condesa, entre outros.

Resumo de Pontecesures.

Pódese afirmar que foi no pasado a vila máis importante e dinámica a nivel comercial e industrial dos sete concellos de Ulla-Umia. Núcleo privilexiado pola súa situación xeográfica, tivo o porto fluvial máis importante de Galicia, abastecedor de productos á súa comarca e a área de Santiago de Compostela. Ademais transformouse no século XIX nun porto de exportación de producos do agro do Ullán, Sar e A Mahía, coma o millo, fabas, cebolas e incluso gando vacún, converténdose a fins do século XIX e sobre todo ata os anos 60 nun porto marítimo-fluvial de referencia na exportación de madeira do país a Inglaterra, Asturias e Levante. Isto provocaba que o muelle, na década dos 50, estivese totalmente colapsado de castelos de tablóns de madeira. Do mesmo xeito converteuse, entre 1920 e principios de 1960, nun centro transformador da madeira con creación de serrerías coma as que se montaron en Redondo, a de «Carlés» e a de «Magán», e posteriormente en Cesures, «Crufa» e «Bogafer».
Na vila de Cesures (antes coñecida coma o núcleo de San Lois), instaláronse nos séculos XVII e XVIII, a carón do seu porto, persoas procedentes de fóra de Galicia. Co tempo os seus descendentes chegaron a posuir grandes emporios comerciais ou industriais coma o caso dos Sierra (Oscos, Asturias), os García-Lozano (Ortigosa de Cameros, La Rioja), outras galegas coma os Domínguez, Diéguez ou Zabala, entre outros.
Tamén destacar que aquí naceron empresas coma «Caleras del Ulla», «Cerámica Celta», «Gaseosas Zabala», «Gaseosas Braña» ou «Cerería Diéguez, e en 1939 púxose en marcha a que é actualmente a fábrica de leite condensada de maior producción de Europa, a Nestlé, que en Cesures é coñecida coma «Nestle», sen acento no «e» final.

Resumo de Valga.

Entre as décadas de 1850 e 1940 Valga era un concello moi rural, sen núcleos urbáns, cun hábitat moi diseminado, no que a principal fonte de riqueza estaba nunha rica agricultura e gandeiría así coma as remesas de cartos enviados polos emigrantes asentados, principalmente, na Arxentina. As actividades industriais que había no século XIX e principios do XX eran as dous muíños fariñeiros e das pequenas telleiras artesanais existentes nas parroquias de Camapaña e Cordeiro.
As novidades na industria chegaron a principios de 1910 coa instalación en Campaña, por parte de José Carlés Braña, dunha pequena serra movida pola forza das augas do río Valga, que funcionou ata 1916. Logo, en 1915, José Abalo Otero monta unha serrería en Ponte Valga, e seis anos despois, o coñecido empresario e político vigués, casado no Pazo da Bouza, Manuel Otero Bárcena crea na Tarroeira unha fábrica de virutilla. O paso máis importante de cara ó proceso industrializador de Valga daríase tamén en 1921, da marxe do vigués Eugenio Escuredo Lastra e a sociedade cesureña «Novo y Sierra», que xuntos poñen a andar unha moderna fábrica de ladrillos en Torre (Campaña) que aínda funciona. En 1924 daba traballo a 70 empregados e surtíase na súa meirande parte do barro extraído da mina Mercedes, lugar hoxe convertido nunha lagoa artificial e zona de lecer. Pertencentes a esta fábrica aínda quedan en pé, na veiga de Campaña, as torretas que formaban parte dun sistema de transporte de mercancías por cable aéreo, inaugurado en 1927, e que chegaba dende un embarcadoiro no lugar das Caneiras, no río Ulla, ata a fábrica de ladrillos.

Exposición de labores de Marujita Dios.

Durante los días 12, 13 y 14 de octubre se expondrán en el bajo del edificio ubicado en la rúa San Lois nº 29 (casa de Mª Luisa Llerena) los trabajos realizados a mano por Marujita Dios, vecina de una de las casa del Monte de Porto.

Los trabajos son de punto de cruz, cordoncillo, cadeneta, pespunte, bodoque, punto lazado, arenilla, etc..

Se informa también que el «Taller de Marujita» abre el plazo para inscribirse en esta actividad dirigida a niños/as de 4 años en adelante.

Teléfono de contacto para la inscripción: 608-093365