Logo de chegarse a un recente acordo de goberno entre o PSOE e o BNG de A Estrada, a traballadora social do Concello de Pontecesures, Raquel López Doce, que foi candidata á alcaldía pola formación nacionalista o pasado 27 de maio, pasará a ocupar, en dedicación exclusiva, o cargo de 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada e posiblemente será concelleira de Medio Rural, Turismo e Participación Cidadá.
Isto conleva a que deixe, mentres ocupe este cargo con dedicación exclusiva, o seu posto de traballo no Concello de Pontecesures. Nos vindeiros días realizarase unha convocatoria para seleccionar un substituto/a para ocupar o posto ata a reincorporación da titular.
O cese será efectivo, posiblemente a primeiros da próxima semana.
Ademais de darlle a noraboa a Raquel, deséxolle sorte y moitos éxitos no cargo que vai ocupar.
LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN