La ruta por la localidad pontecesureña se celebra mañana, con salida desde A Plazuela.
Más de 600 benjamines y alevines se citan en Vilanova en el Gallego de Piragüismo.
Vilanova de Arousa será mañana domingo el escenario de la gran cita autonómica de las dos primeras categorías federadas del mundo del piragüismo. Con la celebración de 17 a 19 horas del Campeonato Galego Benxamín e Alevín, que es también la sexta prueba de la Liga Provincial de Pontevedra y que cuenta con la organización del Náutico O Muíño en colaboración con el Concello anfitrión.En competición, más cerca de los 700 que de los 600 palistas. Concretamente, 673, con los clubes arousanos partiendo como grandes favoritos al triunfo por equipos, en especial los dos del Baixo Ulla, Náutico Pontecesures y As Torres-Romaría Vikinga, junto con la flotilla del propio organizador O Muíño.
En la víspera los clubes arousanos tendrán cita ineludible en la celebración esta tarde a partir de las 17.30 horas en Pontedeume de la quincuagésima edición del Descenso do Eume.
La Voz de Galicia
Asinado o convenio para levar a cabo melloras de abastecemento e saneamento no concello de Pontecesures.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración neste sentido co alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Pontecesures un importe de 50.000 euros, para mellorar a situación da rede de abastecemento e saneamento neste municipio da provincia de Pontevedra.
Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage.
O obxectivo desta actuación é mellorar o funcionamento do saneamento de Pontecesures e do abastecemento, no relativo á estación de tratamento de augas potables. Deste xeito, melloraranse as condicións de vida dos veciños deste concello, de tal xeito que poidan ter un mellor servizo de saneamento e abastecemento que redunden na calidade das augas do río Ulla e que permitan garantir as necesidades de auga potable, en calidade e cantidade.
O organismo de Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.
GOZA DO ULLA 2016. PONTECESURES 4 DE SETEMBRO. RUTA ??OLLANDO O ULLÁN?.
Data: Domingo, 4 de Setembro de 2016
Distancia: 16.5 Km.
Dificultade: Media
Punto de encontro: A Plazuela (centro urbán de Pontecesures) ás 9.00 horas
Contacto e Información e inscrición: Tel.: 986 564 410 xuventude@pontecesures.org
Ruta que dende o centro urbán de Pontecesures se adentra nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, dende as que se pode observar na súa totalidade o Valdo Ullán e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val. Lugares de interés: Mirador da Galiñeira e os Petroglifos da Pedra da Serpe.
Homenaxe en dorna a Rosalía de Castro.

Unha ducia de dornas remontaron o río Ulla e o Sar dende Valga ata Padrón para renderlle a particular homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. O acto, que reuniu a numeroso público, tamén incluíu música e unha ofrenda floral ante a estatua da autora de «Cantares gallegos».
La Voz de Galicia
Unha ducia de dornas navegará ata Padrón para lembrar a Rosalía.

Participarán embarcacións de O Grove, Cambados e A Illa de Arousa, que sairán de Valga.
Rosalía, Ortelinda, Ghalerma, Javiota, Mimela e Maristela serán algunhas das máis de media ducia de dornas procedentes de O Grove, Cambados e A Illa de Arousa que mañá percorrerán os ríos Ulla e Sar ata Padrón para homenaxear a Rosalía de Castro. Moitas delas xa participaron en pasadas edicións desta actividade coa que as xentes do mar queren render o seu particular tributo á autora de Cantares Gallegos.
La Voz de Galicia

