Valga despide a María Tarrío, pandereteira de 103 anos

Publicado por Plumilla o

Valga despediu este xoves a María Tarrío Campaña, a veciña de máis anos do municipio, que cumprira os 103 en setembro pasado. A capela ardente atópase na sala 3 do tanatorio municipal, e o funeral celebrarase este venres na igrexa parroquial de Santa Columba.

María Tarrío naceu en Moldes e vivía en Eiras, sendo a mediana de sete irmáns. Formou unha familia extensa de sete fillos, doce netos e once bisnetos. Dedicouse ao coidado do fogar, as tarefas do campo e foi costureira, pero tamén destacou como pandereteira, participando en seráns, ruadas e xuntanzas das aldeas.

Contribuíu a transmitir a cultura popular galega a recolledores de cantares e estudosos da pandeireta. Foi unha das homenaxeadas polo Concello de Valga no último Día das Letras Galegas pola súa contribución a preservar a poesía oral e a cultura popular de Galicia.

O alcalde, José María Bello Maneiro, manifestou a súa tristeza e trasladou o péseme da Corporación e da veciñanza aos familiares.

Fonte: La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.