O Concello de Valga convoca o III Concurso de Microrrelatos polo Día das Letras Galegas

Publicado por Plumilla o

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Valga organiza a terceira edición do Concurso de Microrrelatos como parte da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á narradora, novelista e xornalista Begoña Caamaño.

O certame está dirixido a estudantes de Educación Secundaria do IES de Valga e ten como obxectivo promover o uso da lingua galega no ámbito educativo, fomentando a lectura e a expresión escrita. A participación será individual e cada persoa só poderá presentar un microrrelato.

Fonte: La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.