A banda de música de Valga celebra os seus 25 anos.

O parque Irmáns Dios Mosquera encheuse de xente para celebrar o que tamén é o cuarto de século da radio municipal.

Dicía o tango que vinte anos non son nada. Pero dos 25 non dicía ren. Valga celebrou este sábado, por todo o alto, o cuarto de século de vida da súa banda de música e, tamén, da súa radio municipal. O evento congregou no Parque Irmáns Dios Mosquera a unhas cincocentas persoas, entre oíntes da emisora local e membros e seguidores da agrupación musical. Entre todas esas persoas atopábanse o alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, que ademais é locutor de Radio Valga.

O rexedor destacou a importancia que a banda e a radio teñen para Valga. «Cando se puxeron en marcha partimos de cero, non tiñamos experiencia de ningun tipo no concello en ningunha das dúas áreas, por iso é unha enorme satisfacción que ambas se manteñan en activo despois dun cuarto de século. Sobre a creación da banda, Bello Maneiro explicou que esta agrupación xurdiu da Escola Municipal de Música, que se puxera en marcha uns anos antes porque «entendíamos que en Valga había materia prima suficiente».

Unha sesión vermú a cargo, como non podía ser doutro xeito, da banda abriu a programación da xornada festiva. Uns noventa músicos, integrantes actuais e pasados da banda, reuníronse para interpretar un repertorio de máis dunha hora de duración que incluíu un tema de estrea, Fervenzas, composto por Fernando Buide del Real. «Trata de enxalzar as nosas fervenzas», sinala o director da banda, Manuel Villar Touceda, quen calcula que, nestes 25 anos, pasaron pola banda uns 300 integrantes. Touceda quixo resaltar a contribución á agrupación de «tres grandes padriños»: Tito Castaño Conde, Ramona Otero Tanoira e o alcalde, José María Bello Maneiro.

La Voz de Galicia

O IES de Valga ampliará a súa oferta con ciclos de mantemento industrial, mecatrónica e xardinaría.

Os novos cursos comenzarán a impartirse en setembro, todos na modaliade de FP Dual

Ovindeiro curso, o IES de Valga vai ver medrar a súa oferta formativa. Actualmente, o centro imparte ciclos de dúas familias profesionais: a de fabricación mecánica —co básico de Fabricación e montaxe, o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas— e a familia agraria —co ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais—. Esta última medrará o vindeiro curso, cando se porá en marcha un novo ciclo medio de Xardinería e florería. «É unha formación que non se imparte en moitos quilómetros á redonda, se ben hai moitísimas empresas que teñen necesidade de persoal cualificado. Por iso pensamos que este novo ciclo representa unha oportunidade inmensa para o alumnado da zona e tamén para as empresas», explicou o director do instituto, Eliseu Mera.

Non é a única novidade do próximo curso. A partir de setembro, dixo, «imos incorporar unha terceira familia profesional, a de instalacións e mantemento, a través dos ciclos de Mantemento electromecánico e de Mecatrónica industrial, que teñen unha gran demanda».

Para coñecer as instalacións que ten o centro e as posibles necesidades cara o vindeiro curso, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este xoves o IES. No percorrido, no que estivo acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, Eugenia Pérez indicou que «este centro vai ter un gran impulso, con novos proxectos de formación dual, especialmente relacionados coa fabricación mecánica, un ámbito empresarial moi potente en Valga e arredores» e, como xa quedou dito, coa agroxardinería. «Haberá un incremento importantísimo da oferta que responde a unha demanda de profesionais cualificados por parte das empresas da zona», indicou.

Os novos ciclos impartiranse en modalidade dual, de forma que o alumnado recibirá formación tanto no IES coma en empresas da contorna, recibindo unha remuneración económica.

Bello Maneiro lembrou que o IES de Valga foi pioneiro, no seu día, na posta en marcha da formación dual e afirmou que o Concello que preside «seguirá estando ao lado do equipo directivo do instituto para seguir ampliando a oferta formativa para beneficio tanto do alumnado como das empresas que precisan persoal cualificado».

La Voz de Galicia

XXVI Certame Intercentros. Entrega de premios.

O martes 14 de Maio, tivo lugar o XXVI CERTAME INTERCENTROS organizado pola Anpa do CPI Pontecesures no que participaron alumnas e alumnos de 3º,4º,5º e 6º de EP do CEIP Baño-Xanza (Valga); CEP Ferro Couselo (Valga); CPI Progreso (Catoira) e do CPI de Pontecesures.

.As gañadoras e gañadores recibiron como agasallo, ademáis do correspondente diploma, un precioso agasallo feito polas usuarias e usuarios de ASDIVALU (Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla e Umia).

As alumnas e alumnos de música da ESO ofreceron unha pequena actuación na que nos amosaron as súas habilidades, hai canteira musical en Pontecesures!

Parabéns a todas e todos os participantes pola calidade das súas obras e ás ANPAS dos centros participantes, especialmente á ANPA do CPI Pontecesures polo seu traballo e adicación cos alumnos e alumnas do noso colexio!

CONCELLO DE PONTECESURES

Constitución en Pontecesures da asociación «Baixo Ulla Vivo».

Dende os concellos de Pontecesures, Catoira, Rianxo, Valga, Dodro, Rois e Padrón nace unha iniciativa social para a creación da Plataforma para a defensa do rïo Ulla tras o anuncio do proxecto da macrocelulosa Altri.

Para a formalización da asociación CONVÓCASE unha asemblea aberta o vindeiro XOVES 16 DE MAIO, as 20:00 horas no Centro Xuvenil de Pontecesures (a carón da Biblioteca Municipal).

A orde do día será a seguinte:

  1. Constitución da asociación «Baixo Ulla Vivo».
  2. Nomeamento de Voceiros.
  3. Accións para frear a implantación de Altri en Palas de Reis.
  4. Varios.

A rusa Alena Truleva expón en Valga as súas pinturas inspiradas na veciña Pontecesures.

A mostra pode visitarse durante todo o mes no auditorio municipal.

Galicia é o que vexo, de Alena Truleva, é a exposición que se pode visitar durante este mes no auditorio de Valga. De nacionalidade rusa e aos seus 33 anos de idade, esta arquitecta de profesión trasladouse a Galicia fai aproximadamente dous anos coa súa parella, Anxo Rodríguez, veciño de Campaña (Valga). Establecéronse en Pontecesures, vila que protagoniza algunhas das obras que forman parte de mostra pictórica que agora pode verse no auditorio.

«Para min Galicia é unha terra exótica, misteriosa e bonita. É diferente ao resto de España e tamén de Rusia. Hai moitos edificios antigos e moitas cores, cousa que non ten o meu país, onde é máis complicado pintar porque, por exemplo, en inverno hai moi poucas horas de luz», sinala a artista.

La Voz de Galicia

La Diputación de Pontevedra anuncia que Pontecesures ingresará 67.500 € más por IBI tras la caducidad de la bonificación a Audasa por la AP-9.

La concesionaria de la autopista AP-9, Audasa pagará algo más de dos millones de euros por el Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI) a 12 concellos de la provincia de Pontevedra debido a que en este 2024 ya caducó la bonificación del 95% de la que se beneficiaba.

El ORAL de la Deputación de Pontevedra, que es el órgano descentralizado que colabora con los ayuntamientos en materia tributaria, cobrará ahora el 100% del impuesto a Audasa por la explotación de la autopista. 

De este modo los concellos de Barro, Caldas de Reis, Meis, Moaña, Mos, Poio, Pontecesures, Porriño, Portas, Tui, Valga y Vilaboa pasarán de los 118.736 euros recaudados el año pasado a los 2.013.310 euros que percibirán entre todos este año 2024, al haber caducado la bonificación. 

El presidente de la Deputación de Pontevedra, Luis López ha asegurado que «a Deputación, dentro da súa mínima marxe de manobra, traballou para que a AP9, en lugar de tanto custo, deixase maiores ingresos para a cidadanía de Pontevedra», concretamente en los municipios que atraviesa la autopista.

«Grazas aos traballos da Deputación» ha dicho Luis López «unha ducia de concellos de todas as cores da provincia pasarán a ingresar 1,8 millóns de euros máis en concepto de IBI».

De este modo, Barro pasa de percibir 9.000 a recibir 187.600 euros; Caldas, de 16.700 a 335.000 euros; Meis, de 193 a 3.800 euros; Moaña, de 19.000 a 20.000 euros; Mos, de 8.400 a 170.000 euros; Poio, de 1.700 a 34.000 euros; Pontecesures, de 3.500 a 71.000 euros; O Porriño, de 11.100 a 224.000 euros; Portas, de 7.700 a 154.500 euros; Tui, de 7.700 a 154.500 euros; o Valga, de 21.700 a 435.000 euros.

Luis López ha expresado su satisfacción porque por primera vez  «podemos falar da AP-9 en termos de ingresos» a los concellos y no exclusivamente en calidad de gasto para los vecinos de la provincia.

El presidente de la Deputación de Pontevedra ha contrapuesto esta noticia positiva frente a la reciente decisión de la Comisión Europea de abrir un expediente de infracción al Gobierno español por haber ampliado la duración de la concesión a Audasa de la autopista AP-9 sin aplicar correctamente los procedimientos de licitación e infringiendo las normas de la Unión Europea. Una cuestión de la que el Ejecutivo central «non informou en absoluto», ha criticado Luis López.

Por el contrario, el mandatario provincial ha aplaudido el acuerdo de Portugal para liberar los peajes vigentes desde 2010 y recuperar la gratuidad en la A-28 que conecta la frontera gallega en Caminha y Oporto por Viana do Castelo. Una medida que «ten especial incidencia na provincia de Pontevedra, onde hai subidas indiscriminadas ano tras ano», ha manifestado Luis López.

Pontevedra Viva