Esta fin de semana non houbo partido dos senior, pois o equipo que tiña que vir xogar a Pontecesures, o Escola Naval de Marín, tiña problemas de falta de xogadores polos festivos, polo que pediron á Federación e ó noso club o aprazamento do encontro, non poñendo pola nosa parte impedimento algún, e a Federación aceptou pospoñer o encontro para outra data.
Pero os equipos de categorias inferiores si disputaron encontros amigables, para poñerse a punto ante o inminente inicio das ligas, previsto na maioria para a vindeira fin de semana.
Onte foron os Cadetes e os Alevíns os que devolveron a visita de hai 15 días ó Grove. No caso dos cadetes, a maior calidade e veteranía dos grovenses decantou o partido dende o inicio, gañando por 30 de diferencia. No caso dos alevíns o resultado foi de victoria para os cesureños por 15 puntos de diferencia.
Na tarde de hoxe foron os Infantís os que disputaron un amigable diante do Liceo de Vilagarcía. O resultado foi de victoria visitante por 50 a 60 nun bo partido, pois eran varios os nenos que xogaban por primeira vez no equipo do Extrugasa. Foi un parcial de 4 – 18 no 2º cuarto o que fixo que os vilagarciáns colleran unha importante diferencia que os neneos de Valga e Cesures non poideron remontar, a pesar de intentalo.
Equipo infantil Extrugasa Rio Ulla 2007 – 08