Curso de viticultura.

uvas.jpg

A Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa organiza un Curso de Viticultura para tódolos viticultores da comarca coa seguinte orde do curso:

Temas do curso:

* A indicación xeográfica de viños Terra do Barbanza e Iria.
* Trámites administrativos en viticultura.
* Plagas e enfermidades da vide.
* Cooperativismo agrario.

Lugar de celebración: Valga.
Duración: De luns a venres.
Horario: De 19 a 23 horas.
Custo: De balde.

Inscrición: Chamar para inscribirse canto antes ao tfno. 986-503823 ou 652-993032 (Juan Carlos-Eira)

El BNG de Valga acusa al Concello de «favorecer» a Novo y Sierra al ocultar que «contaminará máis».

ContaminaciónEl Bloque Nacionalista Galego de Valga presentará en los próximos días alegaciones ante la Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental contra la aprobación de un proyecto enviado por la empresa Novo y Sierra ?ubicada en Campaña? y que, según el BNG, supondrá un incremento de la contaminación en la zona. El responsable local del Bloque valgués, Xosé Manuel Martínez, asegura que la compañía pretende dejar de utilizar gas natural en la alimentación del horno para emplear coque de petróleo micronizado. Dice Martínez López que este cambio supondrá «un aumento moi importante da contaminación atmosférica e medioambiental no noso concello», especialmente en la parroquia de Campaña. Añade que aumentarán las emisiones de dióxido de carbono, de varios tipos de óxido de azufre y óxidos de nitrógeno, lo que provocará desde su punto de vista que «os veciños de Valga teñamos que sufrir posibles choivas ácidas ou o incremento de problemas respiratorios entre a poboación».

(más…)

O cesureño Daniel Seijas segue a triunfar co seu programa en Radio Valga

Tódolos xoves a partir das 19 horas comeza o programa «PALCO DE ESTRELAS» en Radio Valga (107.4) dirixido e presentado polo polifacético Daniel Seijas residente en Redondo (Pontecesures).

O programa está adicado ó mundo das orquestras, onde Seijas é un especialista contrastado. Hai entrevistas en directo e liña telefónica aberta para tódalas persoas que deseñan opinar sobre sobre estes grupos ou plantexar queixas, suxerencias, solicitar diversos temas, etc…

O programa é divertido, con tono desenfadado e prima a improvisación. Remata sobre ás 2.30 da madrugada, aínda que como Seijas nunca ten presa, máis ben hai que dicir que remata cando lle pete ó presentador cesureño.

BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

Este vindeiro luns día 3 de setembro o equipo senior empeza os seus adestramentos da temporada 2007-08, ca ilusión de facer unha boa campaña un ano mais. Para ese dia están citados no polideportivo cesureño os 8 xogadores da temporada pasada que permanecen: Gulli, Peñaño, Pedro, Diego, Pepi, Santi, Felipe e Arturo, mais o recuperado Pino. A estes 9 xogadores vanse unir 4 ou 5 xogadores procedentes do equipo xuvenil, dos cais 3 farán ficha a finais de setembro, cando o corpo técnico decida a composición definitiva da plantilla. Por diante espera un mes de setembro de 3 entrenamentos semanais (nun principio luns, mercores e venres), para a finais de mes empezar a disputar os primeiros partidos de pretemporada.

(más…)