O cesureño Daniel Seijas segue a triunfar co seu programa en Radio Valga

Tódolos xoves a partir das 19 horas comeza o programa “PALCO DE ESTRELAS” en Radio Valga (107.4) dirixido e presentado polo polifacético Daniel Seijas residente en Redondo (Pontecesures).

O programa está adicado ó mundo das orquestras, onde Seijas é un especialista contrastado. Hai entrevistas en directo e liña telefónica aberta para tódalas persoas que deseñan opinar sobre sobre estes grupos ou plantexar queixas, suxerencias, solicitar diversos temas, etc…

O programa é divertido, con tono desenfadado e prima a improvisación. Remata sobre ás 2.30 da madrugada, aínda que como Seijas nunca ten presa, máis ben hai que dicir que remata cando lle pete ó presentador cesureño.

BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

Este vindeiro luns día 3 de setembro o equipo senior empeza os seus adestramentos da temporada 2007-08, ca ilusión de facer unha boa campaña un ano mais. Para ese dia están citados no polideportivo cesureño os 8 xogadores da temporada pasada que permanecen: Gulli, Peñaño, Pedro, Diego, Pepi, Santi, Felipe e Arturo, mais o recuperado Pino. A estes 9 xogadores vanse unir 4 ou 5 xogadores procedentes do equipo xuvenil, dos cais 3 farán ficha a finais de setembro, cando o corpo técnico decida a composición definitiva da plantilla. Por diante espera un mes de setembro de 3 entrenamentos semanais (nun principio luns, mercores e venres), para a finais de mes empezar a disputar os primeiros partidos de pretemporada.

(máis…)

Instalacións deportivas no pobo

TenisComo veciño que son deste pobo, gustariame facer un chamento a todos os veciños, tanto sexan deportistas ou non, a reclamar ós nosos gobernantes unhas intalacions deportivas suficientes e adecuadas para a practica de todo tipo de deportes, sobre todo no que se refire a pistas de tenis, que son nulas.

Todo esto sendo este deporte moi practicado polos veciños e que se ven na obriga de buscar instalacions nos concellos veciños,Valga, Catoira, Padron ou Rois.

Fago este chamamento porque penso que o deporte e a educacion son as mellores ferramentas para unha sociedade máis xusta e igualitaria, e sobre todo pensando nos nosos fillos para que medren e se desenrolen integramente coma persoas.