Cesáreo Pardal: «Toca sumar esforzos e traballar por un sector turístico máis forte e moderno».

Cesáreo Pardal (Padrón, 1969) acaba de ser nomeado presidente do Clúster Turismo de Galicia, un sector que coñece moi ben de primeira man tras case 20 anos ocupando cargos en entidades vinculadas, entre elas a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur). Non importa que Pardal non poida estar nun lugar ou iniciativa turística destacada de Galicia, que el os vai promocionar igualmente co seu apoio nas redes sociais.

-Como afronta a presidencia do Clúster Turismo de Galicia?

-Durante estes primeiros anos de creación e posta en funcionamento do Clúster Turismo de Galicia tiven a oportunidade de traballar man a man co noso presidente, Francisco González, que deixa o listón moi alto. Asumo a tarefa coa responsabilidade de seguir liderando un proxecto que construímos dende cero, no que conseguimos implicar á práctica totalidade do sector turístico galego. Hoxe o clúster está integrado por 64 entidades que representan máis de 7.000 empresas turísticas galegas. Agora toca seguir sumando esforzos e traballo para continuar medrando, acometendo novos proxectos e traballando por un sector turístico máis forte e moderno.

-Que obxectivos se marca?

-Este novo consello executivo que xurdiu tralas últimas eleccións asume a tarefa de darlle continuidade aos proxectos que estamos desenvolvendo, coa formación e a profesionalización do sector turístico como eixes vertebradores das nosas actividades, sen esquecer a promoción e a internacionalización do destino Galicia.

-Como ve o sector?

-Os cambios que se produciron nos últimos anos (crise económica, irrupción das novas tecnoloxías, inestabilidade dalgúns mercados turísticos no Mediterráneo) demostraron que somos un sector clave para a economía. Nos tempos de crise soubemos resistir e agora temos por diante novos retos que debemos afrontar desde a aposta pola calidade e a profesionalidade, traballando como o estamos facendo na diferenciación e na desestacionalización. Quédanos aínda un longo camiño pero xa estamos a ver os primeiros resultados coa mellora de datos de viaxeiros fóra da época estival. Pero quedan moitos retos por afrontar (conectividade, cooperación entre administracións públicas,…) xa que seguimos necesitando traballar conxuntamente como destino turístico fóra das nosas fronteiras para situar a Galicia na cabeza do viaxeiro internacional, ofrecendo un destino multiexperiencial de calidade. E estamos a conseguir un alto nivel de fidelización que nos está permitindo crecer de forma realista e sustentable, de acordo coa nosa capacidade.

-Son tempos de traballar para atraer máis número de turistas ou por aumentar a súa estadía e gasto en Galicia?

-Como antes comentaba, entre os retos está a aposta por un turismo de calidade, que non compita en prezo senón nunha oferta turística diversa e de calidade. É o único camiño para garantir un sector turístico rendible e de futuro.

-A Xunta acaba de crear unha consellería dedicada ao Turismo. ¿Que lle parece?

-Valoramos positivamente a aposta da Xunta polo noso sector, especialmente de cara á celebración dun fito como vai ser o Xacobeo 2021, que vai supor un gran reto para o sector turístico galego. Trala redacción e posta e marcha da Estratexia de Turismo 2020 contamos xa cunha folla de ruta para os vindeiros anos que xa está en marcha e que nos vai permitir cumprir obxectivos. Desde o comezo mantivemos unha excelente cooperación público-privada coa Xunta e estamos convencidos de que continuará dando os seus mellores froitos dende a nova consellería dirixida por Román Rodríguez.

-Seguindo os medios de fóra, ás veces dá a sensación de que Galicia é o Camiño, Santiago e catro lugares máis destacados. Habería que promocionar máis outras zonas da comunidade?

-O Camiño de Santiago é o mellor embaixador de Galicia fóra das nosas fronteiras, especialmente no estranxeiro, e así nolo confirman as estatísticas dos viaxeiros estranxeiros que nos visitan. Moitos descobren o Galicia a través do Camiño, o que lles fai repetir unha e outra vez na elección de destino. E iso é un valor que non debemos perder. Dito iso, evidentemente Galicia é moito máis, temos un gran número de recursos naturais, etnográficos, históricos e paisaxísticos que moitos dos nosos visitantes descobren cando volven a Galicia. Pasa o mesmo con outros recursos turísticos que teñen gran impacto, como as illas Cíes, a Ribeira Sacra ou a praia das Catedrais. É evidente que calquera destino turístico identifícase con tres ou catro puntos de especial interese, son polos de atracción turística, pero o noso traballo está tamén en redireccionar eses fluxos turísticos que chegan para que descubran a contorna.
«Hai que regular o acceso a algúns sitios»

O novo presidente do Clúster Turismo de Galicia é consciente de que hai lugares de Galicia que corren o risco de sobreexpoñerse de máis, entre eles as illas Cíes ou a praia das Catedrais.

-Xa se tomaron medidas por parte da Administración galega e débese seguir facendo en espazos con gran afluencia turística, como pasou este verán coas illas Ons. Neste senso, hai que seguir mellorando a loxística e a planificación destes recursos e, na medida do posible, derivar o exceso do fluxo turístico a outros recursos existentes na contorna.

-Poderíase incluír nese grupo o pórtico da Gloria. Que lle parece o cobro das visitas?

-Coido que o caso do pórtico da Gloria non é o mesmo. Aquí sería falar de descubrir Compostela e a súa contorna cando acudimos a visitar a catedral de Santiago. E a visita a Catedral é de balde, igual que o é a praia das Catedrais ou as illas Cíes (o que se cobra é o transporte, non o acceso). No que estamos de acordo é en que é necesario regular o acceso a puntos especialmente sensibles, evitando a saturación.

-Como ve o seu concello?

-Padrón é a derradeira etapa do Camiño de Santiago na súa variante Camiño Portugués. Os resultados están aí, cun notable incremento no número de peregrinos. Estanse acometendo traballos de mellora, sinalización e aloxamento neste itinerario e Padrón non debe ser alleo a estas melloras. Sen embargo, é preciso facer un maior esforzo na potenciación, comercialización e promoción deste territorio, que non pode ser só zona de paso.

La Voz de Galicia

Pontecesures mejora su infraestructura para explotar el peregrinaje fluvial.

El gobierno del conservador Juan Manuel Vidal Seage quiere sacar partido a la creciente presencia de viajeros en el río Ulla.

Pontecesures es puerto xacobeo, y como tal recibe cada año una gran cantidad de peregrinos, tanto por vía terrestre, ya que el Camiño Portugués atraviesa la localidad, como por su cauce fluvial, gracias a la Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. De ahí que el ejecutivo local quiera sacar el máximo partido a su estratégica ubicación y al creciente interés que despierta el citado itinerario.

Por ello el anuncio realizado por el alcalde conservador Juan Manuel Vidal Seage, que precisamente ahora cumple dos años al frente de la Alcaldía y que ya en ocasiones anteriores se pronunció en pro de la potenciación de esta ruta cultural, religiosa y turística.

El primer edil anuncia ahora que el Concello de Pontecesures ha diseñado una nueva señalización «para indicar a los peregrinos que remontan el río Ulla la ubicación exacta del albergue y de los diferentes servicios que tiene a su disposición en nuestro pueblo».

El alcalde pontecesureño es consciente de que el número de viajeros que optan por la vía de la peregrinación marítimo-fluvial va en aumento, con salida de embarcaciones casi a diario -sobre todo cuando las condiciones meteorológicas son propicias- desde puertos como Vilanova y O Grove.

También sabe Vidal Seage que hay catamaranes turísticos que ofrecen la ruta por el Ulla a sus clientes, de ahí que quiera mejorar toda la infraestructura ligada al puerto, del mismo modo que el municipio vecino de Valga pretende instalar un pantalán para peregrinos en Campaña.

Faro de Vigo

Os socialistas de Pontecesures critican o mal coidado do Camiño Portugués.

Sin poñer en dúbida a importancia económica e cultural do Camiño Portugués e da Variante Espiritual, ben estaría que as fotos que acompañan a publirreportaxe sobre o 25 aniversario do primeiro Xacobeo, foran máis fidedignas, e recolleran a realidade: beiras do Camiño sen limpar, fontes que non botan auga, un albergue cun entorno degradado (como ben recoñeceu no seu momento o propio alcalde), unha suposta sinalización mal plantexada e con peor información.

Socialistas de Pontecesures

O ALCALDE DE PONTECESURES NO CAMI?O PORTUGU?S.

Este pasado sábado -5 de maio- o Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibeu unha delegación dos Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago que conmemoraba o 25 aniversario dende o primeiro Xabobeo 1993 ata a actualidade.

O rexedor acompañounos durante todo o tramo de Camiño Portugués que trascorre polo concello de Pontecesures acompañados por membros de Protección Civil de Pontecesures que foron os encargados tamén de sellar as credenciais peregrinas que portaba a comitiva.

 

O límite de concellos foi o punto onde o rexedor de Valga fixo entrega a Vidal Seage do bastón e a cuncha peregrina e o presidente da Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago , Celestino Lores, impúxolle a insignia que conmemora o 25 aniversario de esta primeira peregrinaxe.

Durante o percorrido polo concello de Pontecesures, Vidal Seage veu a manifestar o pulo que está a experimentar esta variante do camino ó paso polo noso concello, onde se está a levar a cabo unha mellora da sinalización a fin de que os peregrinos que o desexen poidan escoller un desvio alternativo e disfrutar dos servicios e comercios do pobo. Cabe recordar que esta ruta do Camiño Portugués achega ó noso concello case 60.000 peregrinos ó ano, que sumados ós 7.000 da Variante Espiritual que sube ata Pontecesures polo río Ulla fai que este tipo de peregrinacións supoñan un importante impulso cultural e económico para Pontecesures.

Igualmente no monumento que conmemora ditas peregrinaxes , Fito Xacobeo, que se encontra no centro do casco urbán, como no Mirador do Pino Manso inmortalizaronse os membros da Asociación ante de camiñar cruzando a ponte interprovincial cara o veciño concello de Padrón onde Vidal Seage cedeu o bastón peregrino ó rexedor padrones Antonio Fernandez Angueira .