Manuel Luis Álvarez: ‘Non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición’

p(centrado). altoparlante.jpg

O nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira afronta a recta final da súa segunda lexislatura á fronte do Concello de Pontecesures; un mandato duro no que a ruptura do goberno tripartito que compartía cos independentes Luis Ángel Sabariz e Maribel Castro – que aínda segue a ser a súa socia – deu un xiro a situación municipal. En minoría, a gobernabilidade complicouse pero Angueira está satisfeito das cousas logradas «a pesar da oposición», á que acusa de «acosarme permanentemente». Segue a ter ilusión por traballar polo municipio e, por iso, avanza que optará de novo á reelección nos comicios de maio de 2007 cun obxectivo claro: acadar a maioría absoluta.

(más…)

Angueira confía en la pronta reparación del Camiño Portugués.

El mismo día en que se hundía parcialmente la calzada en la vía rápida de O Salnés, a la altura de Meis, el agua destrozaba el Camiño Portugués a su paso por Pontecesures, en los límites con el Concello de Valga. El primer contratiempo se subsanó a un ritmo de récord (en apenas cuarenta horas), pero el trazado patrimonial y protegido que discurre por el municipio cesureño sigue en estado lamentable. El alcalde nacionalista Manuel Luis Alvarez Angueira confía en que la mejora se afronte pronto, para lo cual debe celebrarse aún una reunión para depurar responsabilidades.

(más…)

Nota da ACP sobre o pleno de mañá

Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Mañá mércores ás 20,30 haberá Pleno ordinario coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da alcaldía. Dar conta.; 3-Informes da presidencia; 4-Rogos e preguntas.

Este grupo quere salientar que dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno aos plenos ordinarios (xa van sete con éste) un único asunto para adoptar acordos.. Foron aprobadas, eso sí, varias mocións presentadas pola oposición (EDAR, ferrocarril, petición de un tractor de usos múltiples, etc..). Levar un asunto para aprobar en sete plenos e un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que a oposición só pon zancadillas.

Esta agrupación presenta unha relación de preguntas ao alcalde que se enganden as 20 pendentes de contestar na sesión ordinaria de setembro pasado cando o presidente levantou a sesión sen respostar as mesmas. Son as seguintes:

(más…)

Un accidente na estrada nacional N-550 puxo en perigo o cruceiro de San Xulián.

A unha da madrugada o golf B-1233-KG que ía pola estrada nacional en dirección a Padrón a gran velocidade derrapou e colisionou contra o petril de pedra que vai por riba do paso peonil que une o aparcadoiro da antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo, e contra o valado quitamedos que protexe o cruceiro de San Xulián xa preto da estación de servizo da ponte. Caeron dúas grandes pedras (unha polo talud, e outra ao camiño) e quedou outra arriba tambaleante con gran risco de caída. Tamén foi derrubada unha pequena columna das catro que protexen ao cruceiro cunha cadea. Este concelleiro avisou ao Servizo de Mantemento da Unidade de Estradas de Pontevedra e innmediatamente se retirou a pedra ameazante e foi sinalizada a zona. Maña serán colocadas as pedras do petril e arranxada a parte que afecta ao cruceiro.
(más…)