El presupuesto para las obras de reforma del Club Náutico se incrementa en más del 86%
La Dirección Xeral para o Deporte introdujo modificaciones en el proyecto de reforma del Club Náutico de Pontecesures que suponen un incremento del presupuesto de más de un 86%, pasando de 153.000 euros a 285.266. Los cambios, que fueron consensuados entre la Xunta, el Concello y el club, supondrán la prolongación de la mitad del edificio hacia la parte delantera, manteniendo aproximadamente la misma altura que actualmente. Según explicó el alcalde, Luis Álvarez Angueira, se reservará un espacio amplo a modo de angar que estará dividido con respecto a los vestuarios por cuestións de seguridade e como medida para previr incendios . Además se ampliará el gimnasio, se reservará una zona para oficinas y la parte trasera se corresponderá con un taller. También se reforzarán los muros perimetrales para eliminar problemas de humedades. Angueira se mostró satisfeito porque el edificio queda.
También el concejal de ACP, Luis Sabariz, hizo pública su satisfacción por la licitación del proyecto de reforma del Náutico ¯cuyo concurso fue anunciado el miércoles por el Diario Oficial de Galicia¯. Recordó que él sempre apoiei esta iniciativa por considerala fundamental y valoró moi positivamente el incremento en el presupuesto y que éste sexa asumido íntegramente pola administración autonómica . El edil solicitó en el Concello examinar el nuevo proyecto para conocerlo máis a fondo . Angueira criticó el oportunismo de Sabariz ya que está en contra de todo, pero cando se fan as obras alégrase.
Se espera que la adjudicación de las obras se produzca a mediados de octubre y que los trabajos comience a finales de ese mes o a principios de noviembre.
23 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-09-2006 a las 15:28
Pois non me parecen xustas as críticas do alcalde que me chama oportunista neste tema do Náutico dicindo ademáis que estou en contra de todo. Alégrome con sinceridade de que se faga dunha vez a obra, e coñece mellor que ninguén o Sr. Alvarez Angueira o esforzo que fixemos para conquerir este investimento (entrevistas coa Universidade, co antigo Secretario para o Deporte Sr. Lamas, có antigo Director Xeral Sr. Lete, co actual Sr. Domíinguez, coa antigo Presidente da Deputación Sr. Abeledo, xestións imnumerables que fixen con Portos de Galicia para acadar a concesión administrativa, xestións que fixen coa UPD da comarca para redactar o primitivo proxecto, etc…) Ademáis en varios plenos sempre apoiei a iniciativa dando a cara contínuamente e posibilitando co meu voto, lembre sempre isto, a adhesión o convenio Xunta-Deputación para que a obra fora unha realidade.
E máis; o pacto que fixemos con Maribel en 2004 fixo que esta concelleira de IP apoiara o proxecto cando antes estaba en contra. Grazas a ese pacto que tanto se critica nesta páxina se vai facer a obra do Náutico.
Naturalmente agradezo ao actual Director Xeral de Deportes Santiago Domínguez do BNG que aumentara o importe do investimento sen coste adicional algún para o concello. Incluso abonou a Xunta o novo proxecto reformado encargado a unha empresa. Agora a obra vai quedar moito mellor ao sensibilizarse o director xeral e atender as peticións que lle fixemos en outubro de 2005.
Lamentei moito que nin sequera fose invitado polo alcalde cando o Sr. Dominguez visitou as instalacións. Coa implicación que tiven penso que non merecía ese trato.
De ben nacidos e ser agradecidos, Sr. Alvarez Angueira, e independentemente das diferencias que teñamos, no tema do Náutico sempre fun un defensor a ultranza e axudei todo o que puden ao goberno municipal do que formei parte. Dende a oposición non teño máis que expresar a miña satisfacción. Nós estaremos, ou non, nas corporacións futuras pero a instalación ahí queda para uso e disfrute dos palistas de Pontecesures e de toda a comarca.
Por certo quen coñece moi ben todo o que fixen e o amigo Barreiro, Presidente do Náutico que puntualmente estaba en contacto conmigo en toda esta longa traxectoria para conquerir o investimento. Envíolle a miña noraboa pola mellora que supón para o club e un saúdo cordial.
Agradecido · 25-09-2006 a las 18:33
Eu coñezo ben todo o do náutico e sei o moito que traballaches Sabariz por el. Falan pestes dos da oposición alí pero o teu traballo notámolo ben para que fagan o novo edificio. A túa actuación no pleno agradecemela moitos, a retirada do vello pantalán que impedía as carreiras de Padrón botándolle huevos conta o dos aluminios de enfrente, a obra do rápido arreglo da rampla e do pantalán de cesures cando as ríadas, o paso de cebras na carretera.
Gracias Sabariz adiante…
Paspallás · 26-09-2006 a las 00:04
A Angueira vaille quedar de marabilla o novo edificio para pasar tódalas mañás facendo pesas e outros exercicios variados. Ten que estar en plena forma para as eleccións. Haber se o resto da lista do BNG segue o exemplo. Total para o que fan no concello….
Maribel xa non fai falla que vaia porque se move moito no concello polas mañás e fai perna contínúa subindo e baixando esqueiras na busca da oficina de urbanismo. Alí non forma máis que líos.
kaka-tua · 26-09-2006 a las 20:09
SABARIZ: Inda que noutros lados che dou ??caña?, teño que recoñecer algo que sei dende hai tempo: Fuches o PRINCIPAL PROMOTOR DA REFORMA DO NÁUTICO ASI COMO PELEACHES COMA NINGUEN PARA QUE O CLUB NON DESAPARECERA CANDO A UNIVERSIDADE O QUERÍA PECHAR. Esto seino dende aquela e o teño mais que constrastado por 2 ou 3 amigos que estiveron no cotarro… e todos concluiron o mesmo: O Alcalde estivo durmido e pasota ó principio, e ó ver que ti liderabas as xestións foi cando se dou conta de uqe se quedaba atrás.
Pareceme increíble que tivera que vir un home de fora do pobo e que viña do mundo do baloncesto a defender o club náutico.
Por elo chegou o momento de DARCHE AS GRACIAS DE CORAZON (e esto si que vai sentido e sen sorna de ningún tipo, quen o crea ben, e quen non o crea alá él).
Paso moitas veces a propósito por diante do club para ver ós rapaces practicando un deporte que eu tiven ocasión de practicar, e añoro aqueles momentos… Inda recordo os irmans Villamarin Grela, a Cruz Limeres (a muller de Oscar Gerpe) moi boa en remo, a Molulo, e un largo etc de xente cesureña ue tivemos oportunidade de facer deporte e reunirnos nun ambiente sano, os as primeiros mozos/s … a adolescencia e xuventude!
Boto en falta unhas palabras do actual presidente do náutico agradecendoche ese esforzo, pois tamen me contaron as miñas fontes de dentro do club que acudiu a ti moito nos primeiros anos…
Pero ahí tes as miñas verbas: ( é o Cesar o que é do Cesar…)
Molulo sempre en ??fora de xogo? ( a verdade o del non eran os deportes de equipo…)
(agora a saber como de definen…)
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-09-2006 a las 08:24
De nada «kaka-tua». O importante é que o investimento no edificio do Club Náutico será unha realidade para beneficio dos deportistas independentemente das cuestións políticas.
O Presi · 28-09-2006 a las 22:13
Hola Kakatua, eu son O Presi do Club Náutico, e todas miñas aparicións serán cunha perfecta identificación para evitar malos entendidos. O motivo de non facer declaracións ó respeto da nova obra do Club e para evitar connotacións políticas. Evidentemente nos sabemos quenes colaboraron co Club e de forma individual se agradece todo o traballo que se faga en apoio e axuda as necesidades do Club. Ese agradecemento se fai en cada unha das ocasións de maneira persoal, e os colaboradores pódenno constatar. Con respecto a obra non quero facer nengunha declaración de momento inda que para nos e unha gran noticia que levamos moito tempo loitando para que se faga realidade.
Polo demais saludar a todos os contertulios e me gustaría tamén ver algún comentario nas seccións referentes ó Náutico e ós seus resultados, pero polo de agora non move tanto interese ó ver das entradas e comentarios. Si e certo como dís que foches un practicante do remo ou piragüismo tamén che agradecería que na sección deportiva do Club añadiras algún comentario. Un saudo a todos e bo deporte
kaka-tua · 4-10-2006 a las 18:13
Presi Barreiro, irman dun vello coñecido… queroche dicir tan só 2 cousas:
1º) Os rapaces e rapazas os meus mellores parabéns, e que disfruten e se divirtan. Por eso sigo pasando por diante do club, por añoranza dos tempos idos…
2º)Agora non me saias con non mezclar política e deporte pois a política é como Deus…está por ribas de todos nós, pero está ahí:
http://www.pontecesures.net/2006/03/21/andre-oliveira-campion-de-espana-2006/#comments
Aquí vemos outra maniobra ??oscurantista? do noso alcalde bombeiro-toreiro. Usar o poder político para, cos cartos de todos, darse unha imaxen de político preocupado polo deporte… E non tendo a decencia de invitar ós demais grupos políticos, polo menos a Sabariz. ¿ese é o trato que se mereceu quen mais se preocupou polo Náutico? ¿Ti que opinion tes, presi Barreiro??
Do tema gasoil S? DECIRCHE QUE votei en falta unha nota da directiva do club recoñecendo que era o Náutico o destinatario desas repostaxes de mais. Ou ben esa mesma nota do naútico negando que o gasoil fose para vos. Parece que ahí non teñas interese en opinar, cando te están vinculando, o alcalde en concreto, a un asunto que cheira mal ¿Por qué nadie repostou o seu coche particular? (pregunto). Eso sería delito e ti mellor que ninguén o debes de saber.
Ahhh, xa que apareciches contesta a unha cuestion que prantexei tempo atrás ¿e certo que hai un ??profundo malestar? entre os 3 clubs deportivos porque non cobrachedes o diñeiro DO ANO 2005? ¿Ou xa o cobráchedes? ¿E de que tedes medo de que pase o ano 2006, e coma non hai presuposto non ides ver un céntimo este ano?
(Ese sería o verdadeiro apoio ó deporte, polo menos estar ó corriente cos clubs NAS SUBVENCIONS ANUAIS.)
Tuso · 5-10-2006 a las 09:56
Creo que é interesante o comentario anterior.
Inda que non estean obrigados, si que non estaría de mais unha notiña para aclarar o das
«repostaxes», porque tanto sexa certo como que non, non queda en moi bo lugar o Nautico.
Pero supoño que a difícil situación da directiva do nautico, en medio do fuego cruzado, fará que non se pronuncien ó respecto.
Saúdos
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-10-2006 a las 17:42
No tema do gasoil «Tuso» o alcalde quere que se pase páxina de inmediato dicindo que todo foi o Náutico. E iso non é certo. Mira no pleno de xuño dixo que saleu gasoil en garrafas para a cabalgata apuntándolle o subministro o Patrol de obras. Persoalmente isto non o creo nin de broma. Tamén dixo que repostou en ocasións un tractor agrícola dun operario municipal que se utilizou para labores do concello pero computando os litros tamén ao Patrol.
Pero entón ¿Non era todo para o Náutico?. ¿En qué quedamos?. Penso que o alcalde non sabe por onde saír. Esta acorralado.
Antonio Cortés · 7-10-2006 a las 11:06
Paspallás … poñer palabras na voca de outros (de oidas) sin probas, e ademais imputar de ese tipo de accións de esta forma pode ser constitutivo de delito … e é unha das cousas que non se permiten en ningún lado e menos nesta web (as normas son as normas) … pasa o comentario a «oculto»
Un saudiño
Paspallás · 7-10-2006 a las 13:18
Cortés, hai que ocultar as mentiras non as verdades; coma as que siguen:
– O PRESI do naútico e Policía, ou non?
– Supoñoo sabedor de que o gasoil era para e non o pagaba o club, segundo o alcalde, ou non?
– Parte do gasoil imputado o náutico (segundo dixo o alcalde nun pleno) foi para garrafas, tractores; e
algún coche particular como sinalou Souto nun pleno,etc, ou non?
– O normal nestes casos e apelar a ética profesional que debe ter este home, suponse que o feito de ser policía leva implícito a defensa da legaliade, a xustiza, etc, ou non?
– Creo, coma moitos veciños, que debe dar unha explicación, ou non?
– Isto, ¿pode ser constitutivo dun delito?, non o sei, pero, ¿qué pasaría si vai o xulgado todo isto? ¿qué diría o fiscal ou o xuiz cando interrogasen ó Presi?, ou non?
– No mellor dos casos senón e verdade que o náutico se beneficiou do gasoil desta maneira, tería que decir porque permite que o alcalde minta, ou non?
– Seguindo á lóxica do sentido común, o asunto do gasoil parece un caso delictivo, xogado a 3 bandas, alcalde, Xurxo Gerpe e náutico (có PRESI a cabeza); son eles os que teñen que aclarar todo isto; mentras tanto seguirán baixo sospeita popular, ou non?
– Cortés, por último, creo que non debemos ocultar as opinións encamiñadas a esclarecer a verdade, ou non?
– Todo isto pásanos por ter uns políticos de pouca monta, xa que si a oposición tivera isto no xulgado
non estaríamos os cidadans preocupándonos de velar pola correcta utilización dos nosos cartos, ou non?
Antonio Cortés · 7-10-2006 a las 16:13
Paspallás, este último comentario é correcto (dende o punto de vista das normas) no outro, falar de «disque», e por palabras na boca de outros, non é «correcto», só é un problema de como se din as cousas non do que se di. Creo que entendes o porque, xa que volves a dicir o mesmo con toda corrección. Moitas veces tocame «avisar» por problemas de forma e non de contido, que é o máis habitual.
Un Saudiño
kaka-tua · 7-10-2006 a las 17:49
Vexo Presi do Nautico que esta vez inda non contestou: non vou ser malpensado e creerei que, ou ben non leeu as miñas preguntas, ou se está tomando o tempo suficiente en meditar as respostas, pois creo que vai ser interesante o que nos teña que contar. Ademais, as palabras e opinions doutros contertulios confirman que é un tema que, inda que pasaron uns meses, sigue interesando e dando que falar…
Busque aquí o comentario nº 7:
http://www.pontecesures.net/2006/09/22/obras-nautico-incremento-86-por-ciento/#comments
Atentamente… un anónimo cesureño (QUE MAIS DA QUEN, O QUE IMPORTA ? O PORQUE), pois escudarse tras un nome ??kaka-tua? pode ser criticable, pero xustificar gastos excesivos de gasoil en nome do deporte que fan os nenos me parece un acto ??zafio? ¿ou non ??profe Angueira??¿Asi educamos ós nenos?
Ahhh e agora se me acba de ocurrir outra pregunta ¿Por qué se veu salpicado TAN S? o o club que vostede preside? ¿E os outros clubs deportivos do pobo (futbol, baloncesto, e os das motos) acaso non teñen viaxes?…
Sigo intrigado á espera de noticias suas.
Bécquer II · 7-10-2006 a las 19:47
Ahora en cierto modo
quieren mezclar a Barreiro
este alcalde «trapalleiro»
tiene la culpa de todo.
Paspallás · 8-10-2006 a las 01:29
Vaticanista apelo a ti para encomendarche o Presi do náutico pois vai necesitar moita meditación e probablemente a túa absolución.
Paspallás · 8-10-2006 a las 23:44
Dixen o outro día que o do gasoil xogouse a tres bandas (Angueira, Xurxo Gerpe e Barreiro como Presidente do Náutico). Falta a cuarta pata do banco que é gasolinera de Redondo senón que me expliquen o seguinte: Cómo pode aparecer un ticket da gasolinera botándolle gasoil a un coche averiado nun taller?. Cómo o da gasolinera bota gasoil ó tractor de Alejandro da Fenteira e se pon a matricula do coche de obras do concello según dixo o alcalde nun pleno?. Cómo é posible que se lle anote ó coche de obras do concello o gasoil metido nunhas garrafas según dixo o alcalde nun pleno? e outras que pode haber. O dono da gasolinera debe contestar para esclarecer estas dúbidas que teñen os veciños de Cesures.
Paspallás · 9-10-2006 a las 23:59
Oes kaka-tua, o presi «missing». Isto do gasoil cheira a can. A garda pretoriana co cavalieri ó frente repartiron o silencio.
Pepero · 10-10-2006 a las 19:23
Por mucho que insistais en lo del gasoil nadie va a cantar nada. Otra cosa es si el tema va al Juzgado pues allí ya puede producirse el típico sálvese quien pueda.
Vaticanista · 10-10-2006 a las 20:28
Polos implicados no gasoil. Señor escoita e ten piedade.
kaka-tua · 10-10-2006 a las 20:44
Paspallas como o sabes! Non me gustaría estar no pelexo do «Presi», pois está quedando de encubridor… Xa se sabe que o que cala otorga… pero sigo decindo que o mais despreciable é usar ós nenos como xustificantes de «aqui vale todo, y lleno por favor»… Alá cada quen, pero mal futuro lle vexo ó presi, e ó resto da directiva ¿porque o club ten directiva ademais de presi, non?
kaka-tua · 17-10-2006 a las 20:45
Sei que dixen que non ia aparecer, pero logo, así leído, parecía que tivese medo… e tampouco é iso. ei de opinar menos, pero si cando algo non me guste.
E a proposito deste proxecto de reforma, e do seu incremento en case o dobre de cartos me fago unha reflexion, haber que opinades os políticos, os do naútico e calquera:
Se se incrementa en case o dobre de cartos o orzamento ¿que quere decir esto, que o proxecto primeiro de hai uns anos era unha «kaka», aquel que marcou o primeiro gran enfrentamento entre alcalde e oposicion (acordadesvos no vran do 2003)incluida Maribel, que non sei coma xustificou o cambio de opinion e voto (ahhh, 1000 ? o mes de salario, xa me esquecera). Porque agora parece que nos olvidamos pero se non se chega a cambiar e quedaba o outro, teria que ser por forza peor proxecto.
E nunca escoitei a ningun político: o alcalde coma máximo responsable, ó anterior concelleiro de obras Sabariz, á actual concelleira de obras Maribel, ou á oposicion decir tal cousa.
A oposicion falaba de trasladalo pro fondo do muelle (grave erro para min, pero é unha opinion). Pero NINGUEN DIXO QUE O PROXECTO ANTERIOR IA SER UNHA KK, ou vos oichdes tal cousa? Política, sempre política…
kaka-tua · 17-10-2006 a las 20:45
Sei que dixen que non ia aparecer, pero logo, así leído, parecía que tivese medo… e tampouco é iso. ei de opinar menos, pero si cando algo non me guste.
E a proposito deste proxecto de reforma, e do seu incremento en case o dobre de cartos me fago unha reflexion, haber que opinades os políticos, os do naútico e calquera:
Se se incrementa en case o dobre de cartos o orzamento ¿que quere decir esto, que o proxecto primeiro de hai uns anos era unha «kaka», aquel que marcou o primeiro gran enfrentamento entre alcalde e oposicion (acordadesvos no vran do 2003)incluida Maribel, que non sei coma xustificou o cambio de opinion e voto (ahhh, 1000 ? o mes de salario, xa me esquecera). Porque agora parece que nos olvidamos pero se non se chega a cambiar e quedaba o outro, teria que ser por forza peor proxecto.
E nunca escoitei a ningun político: o alcalde coma máximo responsable, ó anterior concelleiro de obras Sabariz, á actual concelleira de obras Maribel, ou á oposicion decir tal cousa.
A oposicion falaba de trasladalo pro fondo do muelle (grave erro para min, pero é unha opinion). Pero NINGUEN DIXO QUE O PROXECTO ANTERIOR IA SER UNHA KK, ou vos oichdes tal cousa? Política, sempre política…
Luis Angel Sabariz Rolán · 17-10-2006 a las 22:24
Este proxecto e moito mellor que o primeiro «kaka-tua». Aquel tampouco era desastroso e se confeccionou en base as necesidades expostas polo club, as indicacións do anterior técnico municipal e os fondos que podía adicar a Xunta. Tiña un gran problema: Do edificio actual só se amañaban os vestiarios e quedaban como están a cuberta. as paredes e a carpintería. E certo que a ubicación non convencía a PP, PSOE e IP e criticaban ademáis que a parte engadida tivera unha primeira planta (problemas coas esqueiras e de luces para o edificio onde está Correos).
Xa expliquei que cando chegou a nova Xunta pedimos(aínda estaba eu no goberno) máis axuda para a parte vella e reformaron o proxecto no seu conxunto eliminando a primeira planta prevista.