Pontecesures.net cumpre 6 anos
Xa son 6 anos o que ten esta web, 6 anos nos que se publicaron 12.925 entradas, e con 14.571 comentarios, dos que 302 están «moderados».
Cada aniversario sempre plantexo a necesidade, parte de evolución da web e dos usos, de recibir e comentar suxerencias, cambios, críticas, … para ir mellorando.
Nestes intres o problema máis importante está na moderación dos comentarios, xa moitas veces é complicado ver cando un comentario debe estar visible ou non segundo as normas (que tamén se poden cambiar).
Vamos a facer unha pequena «enquisa».
O obxetivo final de esta enquisa e chegar a un punto de consenso que nos permita evitar que cada entrada sexa un lugar onde se dispersen temas fronte a un en concreto.
1) ¿ Cómo se deben xestionar os fora de tema ?
2) ¿ Cando estamos a falar dun fora de tema ?
3- ¿ Cando nun comentario se introduce un novo tema é un fora de tema ?
4- ¿ Que porcentaje mínimo (sobre un tema) ten que cumplir un comentario para, tendo unha parte «fora de tema», se considere «fora de tema» ?
5- ¿ Si un comentario ten unha ou varias entradas sobre o tema que trata e está post o en outra entrada que se debe facer con el ?
6- ¿ Comentarios que só manteñen a conversa pero non din nada, do tipo «responde a o que che dixen antes» deben entenderse fora de tema, sin tema, ou son completamente válidos ?
7- Algún exemplo dun comentario que non debería estar visible e o porque.
8- Algún exemplo dun comentario non visible que debería estar visible e o porque.
Xestionar unha web coma esta é moi complicado, xa que fagas o que fagas sempre haberá quen se sinta molesto polas túas accións.
Pido un pouco de «empatía» e vamos a ver si con estas preguntas e as súas respostas, podemos chegar a un consenso de como xestionar a web. Con esto poderemos «rescribir» as normas e que sexan feitas por todos, ata o de agora son collidas das normas doutras webs, coma a desaparecida «Vieiros».
25 comentarios
Antonio Cortés · 18-08-2011 a las 12:47
As miñas respostas (opinión) para iniciar o debate:
1 – Os fora de tema deben facerse non visibles, e amosarse (a razón) na páxina de comentarios moderados. Dependendo do tipo de fora de tema, pode requerir o envío dun correo cunha explicación máis detallada co comentario íntegro.
2- Entendo fora de tema como comentario que non vai ca entrada ou vai sobre a que o firma, neste segundo punto non entran os comentarios sobre o firmante cando a entrada e de «factura propia», coma por exemplo esta entrada. O que firma e o que opina.
3- Cando no comentario segue o tema da entrada, pero engade a modo de exemplo outro tema (nomealo sin entrar nun comentario extenso sobre o tema externo), non o considero fora de tema, cando o tema do comentario e unha excusa para comentar outro tema diferente si que é un fora de tema.
4- Aprox. tres cuartas partes, cando o comentario (en contido) emprega máis dun 25% en valoracións alleas á entrada é considerado fora de tema.
5- Pasa a moderación.
6- Pasa a moderación. Esto non é un «chat», de forma que non se pode facer o mesmo comentario varias veces esperando unha resposta, xa que non debemos caer en conversar por conversar . E sobre polo que indico na resposta 4.
7 e 8 Entendo que os que están visibles deben estalo, e os non visibles tamén, de ahí que pregunte exemplos para chegar a conclusións claras.
En gran medida busco crear unhas normas que veñan feitas por todos e que se empregarán por que así foi decidido e debatido por todos. Doutra banda ó final son eu o que da a cara á hora de moderar, e debería ser algo entendible e compartido por todos.
papagos · 19-08-2011 a las 14:50
Ante todo as miñas felicitacións polos 6 anos de vixencia da web.
Dende a miña modesta opinión, creo que a moderación ten que ser a mínima posible, pero recoñezo que ás veces e necesaria. Vou intentar contestar as preguntas do mellor xeito que sei.
1- O contido dos comentarios moderados debe publicarse íntegro na páxina de moderados, así como a causa da súa moderación (non sei si sería posible e interesante poder opinar sobre a causa). Non deben estar visibles os que sexan insultantes, ofensivos ou atenten contra a dignidade dos demais. Non sería necesario o envio dun email.
2- Un fora de tema é o que non ten que ver absolutamente nada ca entrada. Non considero fora de tema un comentario sobre o firmante se se argumenta a relación coa entrada, ben sexa unha opinión ou unha noticia.
3- Creo que se debe permitir o debate argumentado entre comentaristas. Cando o debate perda contido ou resulte pesado bastaría cun aviso razoado para porlle fin, que podería ser do moderador ou de calquera outro comentarista. Debemos confiar no sentido común.
4- O da porcentaxe paréceme innecesario.
5-Pasa a moderación.
6-Os comentarios sempre deben estar razoados, conversar por conversar non ten sentido. Pasarían a moderación.
7 e 8- Creo que todos os comentarios teñen que estar visibles salvo os insultantes, ofensivos ou os que atenten contra a dignidade dos demais.
Antonio Cortés · 19-08-2011 a las 15:19
Gracias polas respostas, pareceme boa idea o de publicalos íntegros, pero algúns son de mal gusto (que non insultantes ) e fora de tema, e coido que non deberían nin ter «sitio» en ningún sitio, por que ó final estamos a darlle voz a mensaxes que non deberían estar en ningún sitio:
Exemplo Integro : Entrada sobre TEGA en BNG:
«Parece un xitano,non nos pode gobernar un k parece un xitano,daria mala imaxen ao pobo.»
Comentarios do tipo plantexado na pregunta 6 (íntegros):
«Frio frio frio estás totalmente perdido, a ver si apuntas mellor»
«Caminante e mais manolo vos sodes dun grupo e Sabariz de outro e vos ambolosdous si vos falta Sabariz non teriades de que falar»
«Aburres»
«A VERGONSA DO POBO»
«A cabez non paaaara»
Comentarios despectivos hacia outros comentaristas: (que entran tamén no punto 6)
«que interese ten vostede en apoiar o señor sabariz? como diria comunmente calquera persoa do pobo ti es un lamecus!»
Cantas máis respostas á enquisa máis sinxelo será ter unhas normas de consenso, e aceptadas por todos, o que non as acepte terá máis que claro ó final que este non é o seu sitio.
Acabo de engadir o último comentario moderado integro á páxina de comentarios moderados , para que se avalíe si debe ser moderado ou non.
papagos · 19-08-2011 a las 18:55
Sen dúbida moderar é moi complexo, pero pareceme interesante que os demais podamos participar nos motivos. Tes razón en que hai mensaxes que non deberían estar visibles. O primeiro exemplo que pos, creo que entra dentro dos claramente ofensivos. Os que pos do grupo 6, creo que teñen que estar moderados porque son dos de «falar por falar», pero non vexo problema en que estean visibles parécenme irrelevantes. O último para min tamén entraría dentro dos ofensivos e non tería que estar visible.
Lin o comentario que pasaches a moderación, e aquí teño mais dúbidas, porque si este comentario é un fora de tema o que deixaches pasar na mesma entrada de «Cara de cona» penso que tamén o é. A ver se xorden mais opinións.
Antonio Cortés · 19-08-2011 a las 19:06
O últimos comentarios de «Cara de Conas» son:
«Como fastidiou que o Saba se enterase desto de Dodro……..quen sera o garganta que lle conta esto…….a Cecilia da cocha anda negra……esperaban que o Saba fora do goberno calara. para sempre…..pero enterase de cousas…..esto de dodro e unha vergonza…….e esta moi ben decilo…pero claro que algun traballador do concello non traballa nin en dodro…nin en cesures…anda co coche do concello por aí todo o día gastando combustible….e de paseo…jo…jo..jo…»
Está na entrada do tema dos traballodores en Dodro, polo que «fora de tema» non é (o último moderado de ZEN está na entrada que non debe, xa que é sobre o manifesto do BNG).
«Esta ben esta nova…..que saberá arturo o da nestlé do manifesto?….haberia debate no seno do Bng?….vai ser que non…..dirixe a da cocha con puño de ferro….ademais desde que o tacon e xurxo entraron en comisións en vez de na Ciga co apoio de Angueira…..teñenos cruzados na UPG..e agora a calar…nin Beiras…nin Aymerich nin ostias….caladiños e a non firmar nada……..non din chio…medo…medo…..jo…jo…jo…»
Tamén vai sobre a entrada, que é a do manifesto do BNG.
Outra cousa é que poda resultar máis ou menos forte, retranqueiro o como se lle quera chamar. Podemos ver, con estos exemplos, cal é o factor (debemos atopar un ou varios especialmente obxetivos) para determinar e valorar a súa idoneidade e polo tanto visibilidade.
¿ Que hai no comentario «Cara de cona» que implique marcalo coma «moderado» (non visible) ?
Si atopamos esas pautas claras e entre todos, non haberá logo dúbidas nin temos que facer as piruetas que facemos para moderar. O 80% dos comentarios moderados é por fora de tema, o 10% é por duplicados, e o outro 10% está entre os de «falar por falar» e «insultos directos».
Sei que non acadaremos unhas normas que sirvan para avaliar o 100% dos comentarios, pero teñen que ser o suficiente claras, para que existan poucas dúbidas de si debe estar publicado ou moderado.
papagos · 19-08-2011 a las 20:48
«Cara de cona» dí en relación coa entrada: ??Esta ben esta nova?..que saberá arturo o da nestlé do manifesto?….haberia debate no seno do Bng?….vai ser que non».
«Zen» no comentario moderado dí: «tamén tés que opinar tí no manifesto interno do BNG, Alvarez non firma dito manifesto e qué?, son máis demócratas os firmantes, son menos?»
Canto mais está relacionado un ca outro coa entrada?. Sigo tendo dúbidas.
Antonio Cortés · 19-08-2011 a las 20:55
Comparemos o texto íntegro, (poño en negrita o que vai ca entrada) dos dous comentarios:
«Esta ben esta nova…..que saberá arturo o da nestlé do manifesto?….haberia debate no seno do Bng?….vai ser que non…..dirixe a da cocha con puño de ferro….ademais desde que o tacon e xurxo entraron en comisións en vez de na Ciga co apoio de Angueira…..teñenos cruzados na UPG..e agora a calar…nin Beiras…nin Aymerich nin ostias….caladiños e a non firmar nada……..non din chio…medo…medo…..jo…jo…jo…»
(Non sei quen é «Arturo o da Nestle», imaxino que será alguén do BNG, por eso tamén vai en negrita).
Fronte a:
«o teu grado de ?………………..? é o que che IMPIDE TRIUNFAR NESTE POBO, podes disfrazarte de ??cara de cona? ou de ??cona de cara?…. é o mesmo?.pero hai unha reflexión que non das feito,,,, nin te das prantexado,,,,, ¿por qué non triunfas?…. Contestame fai o favor?.¿cál é a razón pola que despois de tanto traballo ??esclarecedor?, logo de tanta denuncia pública, de toda a túa labor en favor do ben de Pontecesures, labor de transparencia de posta en coñecemento ante sociedade municipal de todolos avatares e aconteceres políticos o pobo non ??soubo apreciar? o teu traballo?,,, é po bobo ??ignorante?….ou é que o pobo sabe quén es tí e o que pretendes?…. tamén tés que opinar tí no manifesto interno do BNG, Alvarez non firma dito manifesto e qué?, son máis demócratas os firmantes, son menos? ….. CALA POR FAVOR, ESTATE CALADO, estás fora de banda?. o pobo NON TE VOTA?. polo tanto fai as contas?..e se queres seguir coa túa quimera, ¡ adiante ! eres libre?.ERES LIBRE?. pero apoio social ¿¿¿…???»
No que a parte do comentario que vai ca entrada é mínimo e non vai o que se di ca entrada, senon sobre quen a publica.
Dende o meu punto de vista, e é esto o que temos que definir, que sexa o más obxetivo posible, a referencia á entrada é «marxinal». De ahí o que preguntaba da porcentaxe, para atopar un modelo que nos permita ter claro cando, ainda tendo unha frase sobre a entrada, un comentario non fala da entrada.
ENGADIDO:
Como método que emprego normalmente está o seguinte:
«Intenta por nunha frase o que di o comentario»
Si esa frase non é sobre a entrada, e moi posible que o comentario non vaia sobre a entrada.
Non sei si é un método valido pero intenta por nunca frase corta, a modo de resumen, o comentario de Cara de Cona, e o de Zen. E comenta o que che sale deste «resumen».
papagos · 20-08-2011 a las 10:20
Para min o primeiro fala do BNG de Cesures mencionando o manifesto. O segundo fala do firmante da entrada e tamén menciona o manifesto.
Para ti é un fora de tema encadrado no punto 2. Eu basandome na miña resposta no punto 2 non o moderaría. Penso que a moderación ten que ser a mínima posible. O da porcentaxe é difícil de establecer porque é difícil de medir. Pero non deixa de ser a miña opinión, que por suposto non é mellor que a túa.
Antonio Cortés · 20-08-2011 a las 10:55
A opinión non e mellor ou peor nunca, e pode ser máis acertada a túa.
Esto é o que trato de atopar, a forma de chegar a ter un sistema de moderación de consenso.
O primeiro comentario entendo que se podería respostar seguindo a entrada. Levo 11 anos fora e non sei cales son as diferentes familias ideolóxicas actuais do BNG, nin quen pertence a cada unha, nin quenes son os firmantes e os non fimantes, nin no BNG local si alguen é dunha familia ou todos son da mesma.
No segundo calquera resposta sería fora de tema. Non é unha entrada sobre a laboura de oposición de Sabariz, nin o seu pasado, presente ou futuro.E sobre todo porque «pide» unha resposta «¿por qué non triunfas?…. Contestame fai o favor», que tamén sería fora de tema.
papagos · 22-08-2011 a las 13:03
Comentas que levas 11 anos fora, e quizais aí se atopa a discrepancia á hora de interpretar o comentario de «Cara de cona». Para tí fai referencia ás diferencias entre posibles familias idioloxicas dentro do BNG, pero os que seguimos a política cesureña sabemos que non hai familias idioloxicas, polo tanto non deixa de ser un comentario despectivo cara as persoas que nomea. Para mín os dous comentarios están na mesma linea e non me gusta ningún dos dous. Pero como non entrarían dentro dos claramente insultantes e ofensivos, segundo a miña opinión os dous estarían visibles.
Pensar nas posibles respostas á hora de moderar non me parece un criterio moi fiable, aínda que neste caso poidas ter razón, pero as respostas tamén teñen que pasar a moderación.
Parece que ninguén se anima a debater sobre este tema, quererá dicir que están de acordo coas normas e confian no teu criterio, por suposto eu tamén.
outro · 22-08-2011 a las 16:51
Pola parte que me toca teño que dicir que mandeille un correo a Antonio nese senso, de conformidade co seu criterio.
Considero que se non somos quen de poñernos de acordo ABSOLUTAMENTE EN NADA, como quedou demostrado reiteradamente, vai ser imposible chegar aquí á mais mínima concordancia.
Por exemplo, non hai mais que ver os criterios de Antonio e Papagos. So son dous e xa se están liando. Como para poñernos todos ó carro. Para evitar debates estériles, xa nin vou opinar sobre o tema.
O administrador da web, o que corre co traballo, cos custos, ca perda de tempo, etc etc etc, é Antonio. Non teño mais que dicir.
Antonio Cortés · 22-08-2011 a las 19:58
¿ Estámos a liala ? Todo o contrario, estamos vendo como se deben avaliar os comentarios, e con exemplos, un deles o de «cara de cona», ca miña interpretación, que se demostrou errónea por descoñecento, era válida e ó final non é tal.
Si unha conversa correcta, fluida e con conclusións máis que claras e liala, estou moi lonxe de entender o que «liala»
Este non é un debate estéril, o que si e un debate sin cores, algo inusual na páxina.
Ainda me lembro do comentario que moderara, por que non o entendía (de Pepe da cachopa, ou algo así), e aclarouse que era un problema de lectura meu, e non voltou pasar. Este tipo de cousas e as que se necesitan para que as opinións e as palabras de todos estén vivas aquí.
Conclusións as que chegamos dende o comenzo do diálogo: A fundamental é que os comentarios integros moderados deben ir á páxina de comentarios moderados, excepto os que sexan vexatorios ou insultantes, para que sexan públicos, esto debería axudar a correxir errores de moderación.
Sirva este comentario para lembrar a todos que poden contestar as preguntas da enquisa para axudar a reformular as normas da web.
outro · 23-08-2011 a las 00:32
Perdón se con iso de «liala» lieina eu, cousa que non pretendía. O único que quería dicir e que estades dous en debate e prácticamente non coincidides en case nada, e iso que, como ben dis, Antonio, non é un debate de cores. Xa me dirás que vai pasar se todos nos poñemos a dar opinións, as mais das veces «cargadas de cor».
Coincido contigo en que o debate é correcto, pero penso que ó final estéril. ¿Cal é a participación na entrada? Nula. So Papagos e ti ¿Por qué? Moi doado. Porque nesta entrada é imposible meterse con Sabariz.
Repito as disculpas se o meu anterior comentario se entende «faltón», cousa que de ningunha maneira pretendo. A miña opinión resumida sobre a entrada é que Antonio Cortés é o moderador da web, para ben ou para mal. E vaino ser cos seus acertos e os seus erros. E a web vai seguir… e a vida vai seguir…
Caminante · 23-08-2011 a las 15:26
Pois creo que sempre que durante un debate, alguén, para argumentar a súa opinión saca un ou varios temas que nada teñen que ver ca nova da entrada, penso que se debería de poder respostar a eses argumentos de xeito exclusivo, iso si, como resposta a ese comentario.
Como dicía e repito, se para falar dun tema buscase ou recurrese algún outro argumento, creo que se debería de poder respostar a eses argumentos, independentemente se na resposta se fala ou non sobre a nova da entrada.
Por por un exemplo: persoalmente estou dacordo con case todo o último comentario de «outro». Digo case, pois difiro del cando di que se a ninguén lle interesa esta nova é porqué non se fala de Sabariz. Se eu lle contesto sobre esta parte do comentario, argumentado, preguntando, poñendo exemplos… estarei fora de tema… ou non. Non me queda claro. O único que se consegue é restar dinamismo a web, ou polo menos a min.
Outra cousa na que discrepo é que se un comentario é catalogado como fora de tema, a pesar de non haber insultos ou desprezos, pregunto, por qué se fai ou se pretende facer visible na sección de comentarios moderados? que tanto me da a min velo na páxina de inicio que «pinchar» en comentarios moderados?
Ahí creo que está mellor o sistema coma o de agora. Nome, motivo e punto.
Creo que asi non se axuda a correxir erros de moderación.
papagos · 23-08-2011 a las 21:02
Eu creo que os comentarios moderados deben estar visibles, mais que nada por transparencia na moderación. Ninguén podería acusar a Antonio de censurar o seu comentario se este se publica, e os demáis podemos aprender dos nosos erros e tamén dos erros dos outros. Penso «Caminante» que non é o mesmo que o comentario estea na entrada que na páxina de moderación, particularmente eu entro nela moi de cando en vez. Doutra banda paréceme que é unha forma de incentivar a participación, se alguén se toma a molestia de facer un comentario, merece a súa publicación aínda que sexa en moderados, sempre que entre no grupo dos visibles claro. Por suposto eu non pretendo cambiar ningunha norma, simplemente opino.
outro · 23-08-2011 a las 21:27
Coincido con Caminante niso de non verlle moito sentido a que o comentario moderado sexa visible, sexa no apartado que sexa. Ata non teño moi clara a utilidade que se vexa que houbo tal comentario, nin nome nin motivo.
Caminante · 24-08-2011 a las 09:53
Pero «papagos», se un comentario se modera é porqué non cumpre cas regras da web. Si un comentario é fora de tema porqué as normas da web asi o din, se se modera é porqué é considerado inapropiado polo que non se publica. Pero se despois se publica en comentarios moderados, para que se moderou previamente?
Aquí hai unhas normas, con algunha das cales discrepo como é sabido, pero que teño e teremos que aceptar. Unha vez que queden claras as bases da moderación, molestia é a que a xente que publique un comentario ten que ter en saber, coñecer e acatar as normas da web, comezando por min mesmo. Para min escribir un comentario non é unha molestia, é unha opinión libre e persoal.
Agora non entras na sección de comentarios moderados. Se se fan visibles nesta sección os moderados, non dubides que ti, eu e todos «visitariamola» asiduamente.
papagos · 24-08-2011 a las 11:49
Antonio invítanos nesta entrada a opinar sobre o controvertido tema da moderación para intentar mellorala. Eu expoño a miña opinión, creo que se les os meus comentarios desde o inicio empezando polas respostas á enquisa, entenderíala mellor. Reitero en mais de unha ocasión que non pretendo cambiar ningunha norma, pero creo que os comentarios moderados deben estar visibles e argumento porque. Ti non estas de acordo, paréceme ben é a túa opinión, o obxectivo da entrada é dalgún xeito o debate para chegar se é posible a algunha conclusión. Si discrepas de algunha norma como dis, estaría ben que empezaras por responder á enquisa.
Caminante · 24-08-2011 a las 22:04
«Papagos», creo que o argumentado por min no meu primeiro comentario é unha discrepancia, eu polo menos así o entendo.
Leín, podes estar tranquilo, a enquisa na súa totalidade é difiro ou teño unha opinión diferente en varios dos puntos analizados. Pero para min o primeiro e máis importante a cambiar é o que expliquei no meu primeiro comentario, que ollo, abarca máis de un e de dous puntos da enquisa do presentada polo señor administrador.
Eu tampuco pretendo cambiar ningunha norma, simplemente dou, seguindo o consello do moderador, unha opinión, que pode non ser acertada, do que eu entendo que se podería mellorar ou cambiar.
Non comentei o obvio, o evidente; insultos, moderación. Reiteración, moderación. Comentarios sen contido, moderación. En fin, terei que tratar de ser menos obvio e evidente.
Remato, «outro» ten razón no senso de que o final nos acabamos liando.
Non é dende logo a miña intención. Pero direiche «papagos» que non me gusta o tono do teu comentario.
papagos · 27-08-2011 a las 21:26
Desde logo «Caminante» se percibes un ton incorrecto no meu comentario as miñas desculpas, non era esa a miña intención.
outro · 25-08-2011 a las 16:42
Como ratificación do dito anteriormente, e en resposta a Caminante cando dixo: «Por por un exemplo: persoalmente estou dacordo con case todo o último comentario de ??outro?. Digo case, pois difiro del cando di que se a ninguén lle interesa esta nova é porqué non se fala de Sabariz.»
Ollo que a cousa ten o seu aquel. Mirade a nova de hoxe referida óa cto de onte na Plazuela:
http://www.pontecesures.net/2011/08/25/nota-integra-sobre-o-ponlle-a-pilas-ao-teu-bocata/
Tal como eu o vexo, e en tanto andamos ás voltas coa moderación seica vale todo. Catro mensaxes, nas que deixando de lado o inevitable comentario-resposta-aclaración do aludido Sabariz, resulta o seguinte:
1) Impagable Lola Flores. Sen entrar en que teña ou non teña razón no que di, o seu comentario ten o mesmo sentido ahí que se llo aplicase a calquera outro exgobernante.
2) Extravagante Javahacks. Ata fai publicidade. Se cambia Saba por Mou, o seu comentario segue tendo sentido
2) Irreal O Palillo. Entendo que fai unha absolutamente errónea interpretación da nova, por canto non se censura que fosen ó acto S? dous concelleiros.
En resumen, tres mensaxes e non se cita ningunha das verbas «neno», «plazuela», «conselleira» «concello», «bocata», «alimentación», «marisco». «peixe», «Roque Araujo» «Cecilia Tarela» etc etc etc.
¿Alguén entende cal era a entrada?
O mais importante para min é A ?NICA COINCIDENCIA dos tres. Veña, unha fin de semana gratis no hotel da Plazuela con todos os gastos pagos para quen a descubra.
Caminante · 25-08-2011 a las 23:31
O problema é ese, que vale todo. E o problema é que algúns válelle todo, incluso o actual sistema de moderación. ?u din neste tema a miña opinión, parece que con escasa boa acollida. Pero se «falei» foi porqué discrepo dalgunha forma nalgún punto da moderación.
Creo «outro» que malinterpretachelas miñas palabras ou pode que eu non me explicara ben. Ti dis que a nova non interesa pois non se fala de Sabariz, o que eu che respondo que difiro, que non sei como argumentar, preguntar…
Efectivamente, pode que algún non lle interese esta nova por non se falar de Sabariz, pero é que cando nesta nova ninguén está a falar, ninguén está opinar ou está a discrepar con ou de Sabariz, o fas ti, «outro». Unha vez que ti escribes ese nome, unha vez que ti das pe o falar del… que dicir, pois que o que non entendo é que el, que a veces neste medio sae dicindo que sufre ataques intolerables, que lle faltan o respeto, que se meten ca súa familia… ante estas denuncias, non teña unha opinión, non teña argumento algún que aportar para cando se producen tales feitos, os comentarios sexan moderados.
Nisto é no que difería contigo. O actual sistema de moderación non me deixa claro se este é un comentario fora de tema ou non. Por iso, ata que vin o teu comentario, nada ía dicir, nada ía argumentar.
A pregunta é: é este un comentario fora de tema? de verdade que non o sei.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-08-2011 a las 14:28
No entro en este debate, «Caminante», porque confío plenamente en el moderador y administrador Antonio Cortés en cuanto a los comentarios. Hay que agradecerle de verdad todo lo que hizo y hace por este medio. Ojalá no le demos mucho la lata para que no tenga que estar tan pendiente del contenido de los textos.
Caminante · 26-08-2011 a las 15:35
Estando outra vez dacordo co seu comentario, dicirlle nada máis que foi el, o administrador deste medio, o que nos instou a contestar unha enquisa para entre todos melloralas normas de moderación.
Eu dende logo tamén me sumo a ese agradezamento, pero iso non quita de que a veces poida discrepar. Así llo expliquei e así o entendeu.
Era so iso.
Saúdos.
Antonio Cortés · 2-09-2011 a las 16:27
Dende que se puxo esta entrada non se «moderou» (puxose non visible) ningún comentario, para ver a resposta por parte de todos ante os posibles comentarios que non cumplen as normas de mínima convivencia ou de orden (foras de tema).
No momento que os comentarios sexan «excesivos», voltaremos á moderación normal: Fora de tema á moderación, como deberían ir algúns dos últimos comentarios.
Sirva esto para que entre todos entendamos que as formas axudarán a un diálogo fluido entre iguais, e o contrario, so xerará máis confrontación e xenreira, que non debemos alimentar, e coma responsable da web, non vou a favorecer, xa que considero esto último algo que debemos erradicar do noso día a día, non da web, senón do trato entre veciños, amigos, coñecidos, descoñecidos…
Esto podese resumir na petición de «un pouquiño de sentidiño»