Blogueiros de Pontecesures
O noso veciño «Javi Chaves»:http://javichaves.blogspot.com/ ten un weblog no que fala de novas tecnoloxías, cine e coma non: do curto presentado o pasado venres en Pontecesures «Falamos» no que colaborou coma actor, axudante de dirección e tamén na banda sonora.
A dirección do weblog de Javi Chaves é:
*»javichaves.blogspot.com»:http://javichaves.blogspot.com *
Pontecesures.net é tamén un weblog. Segundo a «wikipedia en galego»:http://gl.wikipedia.org/wiki/Weblog :
Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
A medida que vaiamos atopando outros blogueiros de Pontecesures amosarémolos.
7 comentarios
eumesmo · 28-03-2006 a las 21:15
JA JA JA (Ojo NO Confundir…
BLOGUEIROS no es lo mismo que BLOQUEIROS…
Es distinto!!! (decia hace años Alejandro Sanz)
;))
Romano · 28-03-2006 a las 23:44
Tranquilo EUMESMO. Os verdaderos bloqueiros xa non existen en Cesures. Están todos acomodados.
Javi Chaves · 29-03-2006 a las 02:11
Mimadriña, cánto honor, jejeje…. E canta vergoña, por que non dicilo…
Nada, só comentar que ese log é o último que empecei, e non sei por qué razón, decidín empezalo en castelán… douseme por ahí.
A partir de agora vou ter que vixiar que escribo por internet adiante. Non vaia a ser que poña a parir a algun veciño pensando que nadie vai chegar a lelo, e ao final o lea medio Cesures…
Ah, é verdade: por si vos estades preguntando quén raio é Javi Chaves: Javi Chaves é a unión de dous dos alcumes que teño: Hai xente que me chama «Javier» (e non teño nin **** idea de por que), e tamén hai quen me chama «Chaves» (esto xa ten máis lóxica)
Veña, un saúdo
fru · 29-03-2006 a las 22:07
Home Chaves, non sabía que tiveras un blog deses, pero menos sabía que eras o home das 2 identidades. Eso de Javi non cho escoitara nunca, e saca o gorro da cabeza langrán (é broma).
Chaves · 29-03-2006 a las 22:50
Coño, fru, vasme dicir que nunca lle oiches a Peñaño ou a Chus ou a Cachote chamarme ‘Javier’… Hasta creo que o que me empezou a chamar así foi Peñaño…
O do gorro foron tempos… Cando se me dera por rapar a cabeza (e os invernos en Cesures ás veces son difíciles de levar sin pelo). Ahora xa me medrou un pouquechiño, así que xa non levo gorro
fru · 30-03-2006 a las 00:21
Este Peñaño… nin que fose «cura» para andar «bautizando» á xente… había de ser boa a «auga» do «bautizo».
Ales · 10-04-2006 a las 09:42
Outro mais, este vive na emigracion interior
http://www.peregrinos.info/