Blogueiros de Pontecesures
O noso veciño “Javi Chaves”:http://javichaves.blogspot.com/ ten un weblog no que fala de novas tecnoloxías, cine e coma non: do curto presentado o pasado venres en Pontecesures “Falamos” no que colaborou coma actor, axudante de dirección e tamén na banda sonora.
A dirección do weblog de Javi Chaves é:
*”javichaves.blogspot.com”:http://javichaves.blogspot.com *
Pontecesures.net é tamén un weblog. Segundo a “wikipedia en galego”:http://gl.wikipedia.org/wiki/Weblog :
Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
A medida que vaiamos atopando outros blogueiros de Pontecesures amosarémolos.
7 comentarios
JA JA JA (Ojo NO Confundir…
BLOGUEIROS no es lo mismo que BLOQUEIROS…
Es distinto!!! (decia hace años Alejandro Sanz)
;))
Tranquilo EUMESMO. Os verdaderos bloqueiros xa non existen en Cesures. Están todos acomodados.
Mimadriña, cánto honor, jejeje…. E canta vergoña, por que non dicilo…
Nada, só comentar que ese log é o último que empecei, e non sei por qué razón, decidín empezalo en castelán… douseme por ahí.
A partir de agora vou ter que vixiar que escribo por internet adiante. Non vaia a ser que poña a parir a algun veciño pensando que nadie vai chegar a lelo, e ao final o lea medio Cesures…
Ah, é verdade: por si vos estades preguntando quén raio é Javi Chaves: Javi Chaves é a unión de dous dos alcumes que teño: Hai xente que me chama “Javier” (e non teño nin **** idea de por que), e tamén hai quen me chama “Chaves” (esto xa ten máis lóxica)
Veña, un saúdo
Home Chaves, non sabía que tiveras un blog deses, pero menos sabía que eras o home das 2 identidades. Eso de Javi non cho escoitara nunca, e saca o gorro da cabeza langrán (é broma).
Coño, fru, vasme dicir que nunca lle oiches a Peñaño ou a Chus ou a Cachote chamarme ‘Javier’… Hasta creo que o que me empezou a chamar así foi Peñaño…
O do gorro foron tempos… Cando se me dera por rapar a cabeza (e os invernos en Cesures ás veces son difíciles de levar sin pelo). Ahora xa me medrou un pouquechiño, así que xa non levo gorro
Este Peñaño… nin que fose “cura” para andar “bautizando” á xente… había de ser boa a “auga” do “bautizo”.
Outro mais, este vive na emigracion interior
http://www.peregrinos.info/