Adriana Rivas Seijo participará no VII Concurso de música tradicional Xiradela
p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures
O vindeiro domingo día 2 de abril participará no *VII CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL XIRADELA* que se celebrará no Centro Cívico Cultural de Arteixo a alumna do colexio *ADRIANA RIVAS SEIJO*.
Esta gaiteira de 13 anos de idade forma parte tamén da Agrupación Folclórica Algueirada dependente desta ANPA e participará no concurso de solistas xunto con outros 15 gaiteiros/as de toda Galicia.
A xunta directiva deséxalle os mellores resultados a esta nena que se leva esforzando moito nos últuimos tempos nesta especialidade da gaita galega.
Pontecesures, 31 de marzo de 2006
A XUNTA DIRECTIVA
7 comentarios
Carmen Barreiro · 31-03-2006 a las 11:03
Moita sorte Adriana!!!!!!!!!!!!!!!!!
romano · 31-03-2006 a las 19:21
cónstame que esta cativa fai delicias coa gaita, deberían tomar boa nota outros rapaces da vila e algún que outro adulto; a ver si se lles pega algo bo (que tomen exemplo os directivos da ANPA co Sr. Sabariz ó fronte, os membros do goberno co Sr alcalde ó fronte…..)
Sorte Adriana, para min xa gañaches; eres a mellor.
fru · 1-04-2006 a las 00:35
Felicidades rapaciña!!! E moita sorte
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2006 a las 12:03
Tamén participa no mesmo concurso como gaiteiro solista e como integrante dun cuarteto de gaiteiros outro cesureño ERIC TORRES NAVEIRA de Carreiras que ten 18 anos, foi alumno do CPI Pontecesures e estivo no grupo Algueirada.
Agora pertence ó Grupo Rosalía de Castro de Padrón. E un magnífico gaiteiro e destaca tamén na danza tradicional.
Deséxolle tamén moita sorte a Eric mañá en Arteixo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2006 a las 09:12
No concurso celebrado onte ERIC TORRES NAVEIRA quedou cualificado en 3º lugar na proba de gaiteiros/as solistas.
Non obtivo premio ADRIANA RIVAS SEIJO pero tivo unha moi boa actuación tendo en conta a súa idade e que competía con gaiteiros/as moito maiores que ela.
Noraboa ós nosos representantes.
Carmen Barreiro · 3-04-2006 a las 09:18
Felicidades a Eric e a Adriana!
adriana rivas · 7-04-2006 a las 17:37
Quero darlle as grazas a toda a xente que me apoiou.Á que me mandou mensaxes de apoio.Foronme de gran axuda no concurso.tamen quero agradecerlle ao meu profesor MIGUEL,que me axudou moito,e que sen él nada disto pasaría,non iria nunca ao conurso nin nada.tamen quero agradecerlles aos meus pais que me apoiaron en todo momento,e estaban máis nerviosos ca min.Enon me olvido de Sabariz,que fixo moito polo grupo algueirada,e axudou moito neste tema do concurso.QUEROLLE DAR AS GRAZAS A TODOS ELES, E DICIR QUE VOU SEGUIR ESFORZANDOME PARA CHEGAR A MÁIS.