Aparecen novas facturas de comidas coa inscrición «Sr. Alcalde y acompañante»
p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)
Como tiñamos coñecemento de que os días 13 e 25 de xaneiro de 2006 o alcalde mantivo dúas comidas nun restaurante da localidade con persoas sen identificar xa que nas facturas aparece a sorprendente inscrición manuscrita ??Sr. Alcalde y acompañante? e o presidente da corporación non resposta ás preguntas sobre a identidade do misterioso acompañante nin qué tiveron que ver as comidas coa xestión municipal, con data 13-03-06 solicitouse autorización para comprobar outras facturas de comidas do alcalde do 2º semestre de 2005.
Después de numerosos atrancos postos pola alcaldía (non respetou o prazo previsto pola normativa, houbo que esgrimir o silencio administrativo positivo, envioulle á policia local a este concelleiro para que cambiara de despacho cando comprobaba os documentos, non permitiu que obtivera fotocopias, etc..) no dia de onte examináronse as facturas do período solicitado e así volvemos a ter catro comidas máis ( o 28-10-05, o 03-11-05 o 18-11-05 e o 28-11-05) nois que aparece tamén a xa famosa inscrición a mán ??Sr. Alcalde y acompañante?.
Queremos denunciar diante da opinión pública e dos veciños de Pontecesures este comportamento do noso alcalde. Noutras facturas comprobadas aparecen os datos das persoas que foron a comer (cargos, representantes de colectivos, etc..) e así podemos deducir que as comidas tiveron que ver con asuntos municipais. Nestes casos que denunciamos ( trátase xa de 6 comidas) non se reflexan os acompañantes e así pensamos que son comidas particulares que nada teñen que ver co concello pero que pagamos todos con cartos da institución. Da a sensación que o alcalde convidou a algún achegado/a e a comida témola que pagar todos. Por suposto é tan irregular que se pague a comida do acompañante como a do propio alcalde xa que non hai xustificación algunha de que o almorzo tivera algo que ver co concello.
Ante o sucedido esta agrupación solicita ó alcalde que asuma a súa responsabilidade explicando quén son estes acompañantes que non coñecemos, engadindo que estase a analizar se procede o exercicio de accións legais. .
Facemos un chamamento ós máximos representantes do BNG para que tomen boa nota do sucedido comunicando así mesmo ós veciños de Pontecesures que, como oposición que somos, continuaremos a traballar para que non se repitan estes feitos. E a nosa obriga.
Pontecesures, 1 de abril de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
3 comentarios
Romano · 4-04-2006 a las 00:36
Parece que o alcalde, ademáis doutras cousas que se escoitan, saiu «papador».
NORTE · 4-04-2006 a las 09:32
Sabarís, por aí vas mal. Acusar a un alcalde de facer papatorias é fortalecelo no seu cargo. Pregúntallo a Villamor.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-04-2006 a las 10:16
Eu non acuso ó alcalde de organizar comidas masivas con fins electoralistas. Sí o acuso de que hai,de momento, seis comidas nas que asistiron dúas persoas figurando na factura «Sr. Alcalde y acompañante». Como o propio alcalde non contesta sobre a identidade do acompañante nin tampouco sobre que tema municipal foi tratado,afirmo que son comidas privadas pagadas con fondos públicos e iso non se pode consentir. Tódolos gastos nun concello teñen que estar xustificados e, por suposto, tamén os de representación da alcaldía que non están exentos de control.