O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo
Nas homilías das misas do pasado fin de semana, o cura párroco de Pontecesures D. Severino Potel Estévez anunciou que xubila por razóns de saúde e así deixará a parroquia ó rematar este curso escolar dicindo ademáis que non coñece nada que atinxa o nomeamento do seu substituto.
D. Severino Potel é de Outeiriño-Xanza (Valga), ten 79 anos e dentro duns días cumpre 22 anos ó fronte da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo)
13 comentarios
Benedicto XII · 15-04-2006 a las 16:12
Era hora!
Tipo-De-Incógnito · 15-04-2006 a las 16:13
Personalmente, pra min sería un orgullo ser o primeiro pobo laico de España.
A ver si hai suerte, e pasa con este cura como co papa negro que decía Nostradamus: ? o último.
Xa, xa sei que é moito soñar, pero… non sería bonito?
norte · 17-04-2006 a las 09:00
ao final van ser os do bloque os únicos que vaian na procesión, menudo laicismo
Flor · 17-04-2006 a las 09:18
Por tratar de ganar votos van los políticos a donde sea.
Chispa · 17-04-2006 a las 14:23
¿Quén foi o párroco anterior a Severino Potel?
Carmen Barreiro · 17-04-2006 a las 14:49
O que me bautizou a min pero non me preguntes como se chamaba. So sei que nas fotos saía moi guapo jajajajajaja era xa moi maior pero tiña cara de ser boa persoa.
Antonio Cortés · 17-04-2006 a las 14:50
Eu coñecíao coma «Don Manuel», que foi o que oficiou a miña primeira comunión … non lembro os apelidos
Chus · 17-04-2006 a las 16:37
Foi D. Manuel Ramos Pérez que logo foise para Vilanova de Arousa.
Carmen Barreiro · 17-04-2006 a las 17:31
Ese ese. Estivo moitos anos en Vilagarcía nunha igrexa que hai detrás do centro comercial de Vilagarcía.
fru · 17-04-2006 a las 23:39
Pois Carmen os meus recordos non son tan bos del. Pero bueno digamos que dende aquela, as miñas conviccións me mantiveron alonxado da Igrea ata o de agora…
Carmen Barreiro · 18-04-2006 a las 08:54
Ja ja ja ja ja ja eu como que non o coñecín, bueno de fotos. Foi o que me bautizou e nas fotos tiña boa cara…. pero xa sabemos que as apariencias……
Refoxo · 19-04-2006 a las 12:14
Creo que en Vilanova de Arousa, tuvo mas de un problema, con sus feligresesss.
Alguén que estivo en Cesures varias veces ... · 17-05-2006 a las 01:55
Pois, D. Severino pareceme un bó home, e neste caso (pois a iso ven este comentario) un bó crego tamén. Gustáronme as súas palabras en moitas ocasións – indistintamente de ter fe ou non – (claro que se estaba alí, enténdese que algunha debo ter), parecían ser as dun home qeu cría no que dicía. POr outra banda, sempre tivo coidado do templo e do seu entorno. E claro, hoxe en día non é doado atopar un crego pausado que celebre con devoción e convicción os misterios eses, que atenda o confesionario e que se lle vexa rezar…
Creo poder dicir que en D. Severino todos puidemos ver esto algunha vez.
Un saúdo…
Por certo, Cesures é un pobo fermoso. Inda que non son dalí.