Festival de música tradicional «Letras Galegas 2006»
Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):
* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo «Xarandeira»:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.
2 comentarios
marta · 21-05-2006 a las 15:45
o festival foi un éxito!!!esperamos k fose do agrado de todo o mundo,un saudo para todos os de xarandeira é en especial para as mais pekas k o fixeron moi ben!!
maria · 14-06-2006 a las 15:07
A verdade é que estivo moi ben e seguro que lle gustou a todo o mundo,foi un éxito como dixo marta.
o que máis lle gustou os de xixón foi a festa que montamos na carpa co noso baile da pelusa, jeje….un saudo os do grupo xarandeira, que xa falta pouco para ir a estorga…..e como sigamos así rachamos ca pana…..