Festival “Operación Salou” no CPI Pontecesures.
Organizado polo Colexio de Pontecesures, celébrase o vindeiro venres día 19 de maio ás 20,00 horas no ximnasio do Centro o festival coñecido como “Operación Salou” que ten como fin recadar fondos para a excursión de remate de curso dos neno/as de 4º da ESO que entre os días 11 ó 18 de xuño desprázanse á cidade catalana.
Hai en total 19 actuacións, individuais ou en grupo, de profesores e alumnos que amosarán as súas habilidades cantando, bailando e recitando, dirixidos polo profesor de francés Xabier Ron.
As entradas teñen un prezo de 3 ? para os pais/nais e os alumnos de secundaria e de 2 ? para os alumnos de infantil e primaria.
Fai un chamamento a cidadanía para que asista ó festival pois además de colaborar cunha boa causa, pode presenciar un espectáculo moi divertido.
5 comentarios
Tiroliro II · 16-05-2006 ás 20:34
Sería moi divertido que cantasen tamén ós políticos. Por exemplo Angueira podería cantar “Si yo tuviera una escoba” pois a súa intención e varrer a toda a oposición para facer o que lle dé a gana.
Romano · 17-05-2006 ás 01:19
Randulfe podería cantar aquela de Chiquetete “Volveré, volveré…”
Vaticanista · 19-05-2006 ás 16:32
Maribel Castro podíalle cantar ó alcalde: “Cerca de tí señor, quiero morar….”
Romano · 20-05-2006 ás 01:00
Gerpe cantaría a de Luis Aguilé: “Otro vaso de chevecha, anda chava, chuve chive…que che chube a la cabecha…”
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-05-2006 ás 11:52
O festival estivo moi ben. Grazas ós profesores (en especial ó organizador do acto XABIER RON), ó conserxe Elías e a tódolos alumnos que participaron.