As nenas infantís do Río Ulla perderon de 9 puntos no partido de ida da final da Copa Arousana
*Foi un partido emocionante o celebrado onte mércores pola mañá en Pontecesures* , na ida da final de copa arousana. A máxima diferencia foron eses 9 puntos finais (31 – 40) para o equipo visitante o C.B. Xuventude de Cambados. O partido é deses nos que pasou de todo: emocion, apoio dende a grada, igualdade, ante un rival que partía coma claro favorito. As chicas do Extrugasa Rio Ulla creceronse e fixeron un dos seus mellores partidos coma deportistas, polo que, si este vindeiro sábado no partido de volta, repiten esa actuación, poden seguir dando suspense a esta final, e demostraron tamén que si perden, pero loitan e xogan, a sensación non é «derrota total» senón de que non poido ser…pero se intentou.
O Extrugasa Rio Ulla empezou moi ben o partido, domiñando 8 – 2 gracias a unha activa Catuxa e co apoio de Alba e Ana. Tamén foi clave no inicio a boa defensa sobre a base de cambados de Antia, e de Estefania.
No 2º cuarto, entrou unha mermada Lily por problemas de catarro, así como Jessica e Laura, e durante moitos minutos seguiron por diante, ata que entre problemas de faltas e cansancio, perdero uns balóns que aproveitaron as cambadesas para irse ó descanso gañando de 3.
Empezou a 2ª parte e parecía que Cambados ia coller diferencia no marcador, pero o Extrugasa remontou ata empatar a 28 quedando 4 minutos de partido. Clave as ganas da alevín Idoia que xogou moitos minutos na 2ª parte. A eliminacion de faltas de Anita, Catuxa, Antia e Alba, mais a sorte de meter unha tripla quedando uns segundos as de cambados puxo ese 31 – 40 final.
1 comentario
duas do club · 21-05-2006 a las 15:48
k bo partido fixeron as nosas infantiles!noraboa!cando xogedes a final intentade gañar e?veña m8 bks