3ª Regata Promoción Galicia (Pontevedra)
O pasado sábado día 27 celebrouse a 3ª regata de promoción para infantís en Pontevedra. Alí déronse cita un total de 35 clubs de toda a xeografía galega acompañados por unha estupenda tarde calorosa. O club náutico volveu a conseguir uns bos resultados sendo o aspecto mais positivo a incorporación as competicións dos novos fichaxes. Estes foron os resultados acadados:
â?¢ Samuel Vázquez: K1 infantil B: 5º posto
â?¢ Ismael Llerena: K1 infantil B: 19º posto
â?¢ Pablo Riveiro: K1 infantil B: 41º posto
â?¢ Alex González: K1 infantil A: 147º posto
â?¢ Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
â?¢ David Lorenzo: K1 infantil A: fora de control
â?¢ Adrián Oliveira: K1 infantil A: fora de control
â?¢ Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
â?¢ Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 4º posto
â?¢ Clasificación por clubs: 13º posto
Cabe resaltar a gran actuación de Álvaro Loureiro que logrou de novo a victoria e tamén as de Javier Bernal e Samuel Vázquez que rozan postos de medalla.
As próximas citas do Náutico serán o fin de sema do 10 e 11 de xuño ca disputa do descenso do Miño de Ã?rense para cadetes, xuvenís e sénior e ca disputa da 3ª regata nacional de promoción en Avilés.
Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico Pontecesures