O grupo folclórico Algueirada actúa o venres día 9 no programa LUAR da TVG

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O grupo “Algueirada” dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa o venres día 9 no programa de referencia que comeza sobre ás 21,40 horas. O programa desenvólvese en directo no plató 1000 da TVG de Montouto (Teo).

Actuarán uns 20 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos dirixidos polo monitor de danza e pandeireta Martín e o monitor de gaita Miguel.O sábado e o domingo próximo o grupo tamén actuará nas Festas de O Pazo (Rianxo).E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo se consolide para potenciar o folclore galego entre os nenos/as de Pontecesures.


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-06-2006 ás 16:08

O grupo estivo moi ben. Felicito ós rapaces/as e ós monitores.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.