A gaiteira de Pontecesures Adriana Rivas Seijo participará noutro concurso de gaiteiros solistas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A gaiteira Adriana Rivas Seijo de 14 anos de idade e pertencente ó grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures. participará no I Certame de Gaiteiros Solistas “Manuel Dopazo” que se celebrará en Bandeira (Silleda) o vindeiro domingo día 18 de xuño.

Tomarán parte no concurso un máximo de 20 gaiteiros/as que só poderán levar un acompañante para a percusión, non rebasando as interpretacións os seis minutos.
Nestes días Adriana está a últimar a preparación co profesor du grupo Miguel Castaño.

A xunta directiva da ANPA deséxalle a Adriana os maiores éxitos polo traballo e dedicación que esta a amosar no manexo da gaita galega. Asi mesmo queremos agradecer o profesor o labor que está a realizar na formación muisical da rapaza.

Categorías: Cultura

4 comentarios

aaaa · 14-06-2006 ás 14:54

a verdade e que penso que non é so do grupo algueirada, non?

aaaa · 14-06-2006 ás 14:57

que teña moita sorte no concurso e que é moi boa gaiteira, oxalá teña moita sorte e quede en bo posto, porque meréceo.

de unha do seu grupo xarandeira · 20-06-2006 ás 20:33

pois a verdade e que non,tamen pertence ao grupo xarandeira,e gracias o noso ben querido mestre toca hoxe en dia como o fai,MarAVillOsAmENTe!!!veña adri que ti podes conseguir o que queiras!jeje,deixa de pensar en …… e demostra o ben que o fas!

Deixa una resposta a aaaa Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.