Imaxes que non se borran
Estou a un milleiro de quilómetros de Pontecesures, e mentras estou a ver a televisión os ollos estanse a encher de bágoas, bagoas de dor, de impotencia, de sumisión. Non podo creer que esté a ver esas imáxenes da destrucción dos lumes, provocados por mal nacidos, sin ningúnha razón, so polo feito de facelo mal, un mal depravado e incontrolable.
Esa recua de pirómanos veñen den cambiar o seu xogo, ahora prenden lumes ó carón das casas para que os avións non poidan traballar. Toda Galicia está a arder, e non podemos máis que tratar de frenar o avance do lume, e non podemos deter a súa xeración.
O ano pasado, polo verán, dende A Ría de Vigo ata de Arousa, non vin máis que fume e lapas, parecía que estabamos nunha zona volcánica e que a terra empezaba a explotar con regos de lava, … non era lava, era lume, … o lume ó que xa estamos acostumados.
Sei que esta entrada é «fora de tema», pero teño que poñer o que penso, o que sinto, como seguramente sentirán e sufrirán tódolos veciños, ca diferencia que eles terán o lume máis preto.
Hola, son FRU: Cheguei á casa e me atopo con esta entrada polo que xa non creei unha. Toño, coma ti e mais algún outro estades lonxe quero poñer unhas imáxenes sacadas esta tarde e á tardiña de coma Pontecesures quedou no día de hoxe rodeada por lume e fume. Pouco mais cabe decir…
Esta é sacada do alto de Porto da zona de A Toxa – Carreiras
Nesta das 17.30 h. podese ver ata 3 focos de lume: por detrás de Meda, en Cortiñas-Herbón e na zona de A Toxa.
Meda ás 17.30 h.
Meda as 21 h.
O que se ve dende a de Farrucán ó outro lado do río (21 h.)
A zona da Toxa e Redondo ás 21 h.
Por último unha foto do fume que tapa ó sol na zona da pista do final do muelle de Cesures
Agora ás 11 da noite esta é a situacion do lume de Meda, baixando cara a Herbon e cunhas lapas impresionantes.
21 comentarios
Tuso · 7-08-2006 a las 17:02
Pois se estiveras agora mesmo aquí so verías fume…moito fume. Así a ollo pola zona de Cortiñas, e tamén no monte de detrás dos grupos. A fumareda cubre toda a parte ó este do pobo. Moita casualidade estes dous lumes á vez e tan cequiña un do outro. ¿Algún sabe se hai xeito de ir voluntario á extinción?¿onde presentarse?
Mágoa e rabia á vez….
Martin T. · 7-08-2006 a las 19:52
Creo que non esta «fora de tema»! Penso que esto é un problema moi importante e que os causantes deberían pagalo mais caro do que o fan. Aparte de eses dous escoitei que tamén hai outro preto do instituto de Valga!
Antonio Cortés · 7-08-2006 a las 20:07
¿ Cales poden ser as causas ?, economicas non creo, xa que non é posible sacar rendas da madeira e moito menos especular co terreo logo. O que pasou o ano pasado con incendiarios que eran membros de reténs tamén creo que non pode ser.
Pero é que estamos a falar de toda Galicia, caseque un cento de puntos ardendo á vez … unha tolemia, algo que non ten lóxica, ainda que moita lóxica non se lle pode perder ás mentes enfermizas dos pirómanos.
veneira · 7-08-2006 a las 20:46
A solucion é bastante facil.O que hai que facer é darlle valor o monte.O primeiro paso seria facer unha concentracion de montes onde cada dono teña unha porcentaxe do monte (coma accions) en funcion do terreo que posee agora.Despois plantariase utilizando regla e cartabon.Desta forma poderiase vender a madeira a mellor prezo é seria mais facil limpalos montes.O monte non lle fai mal que arda o que pasa é que agora é tal a cantidade de maleza existente que a calor xerada mata as plantas e arbores.Pero bueno facer isto requeriria que os politicos asuman riscos é tamen que os galegos nos olvidemos de ir cada un polo seu lado.
maria · 7-08-2006 a las 20:47
parece mentira que nos tempos nos que vivimos, ainda haxa xente asi. que pretenden con queimar a monte? oxala algun dia se dean conta, de que no mal que fan e no que perxudican , eles tamen estan incluidos. da pena ver estes montes queimados por culpa de uns piromanos, cretinos que non tenhen cerebro!!!!
MartoV · 7-08-2006 a las 20:55
Eu dubido de todo eso e creo que a causa e a especulacion da madeira ou do terreo para eficiar en alguns lugares. Non sei son hipoteses o que teño claro e que debido a cantidade de incendios que xurdiron neste dia non creo que sexa un «tarado» senon que é algo máis que todo iso..
Antonio Cortés · 7-08-2006 a las 21:02
MartoV, nin se pode vender a madeira, e sobre todo, a especulación queda descartada, xa que un monte queimado non se pode recalificar para outro uso creo que en 30 anos, así que, encima, é unha «pu*ada» para o dono do monte, xa que, imaxinate que tes un monte preto dunha zona habitada, e dentro de 5 anos plantexase recalificar esa zona para edificar, pero o teu monte ardeu, … ese anaco quedase fora durante esos 30 anos (creo que é ese o tempo).
MartoV · 7-08-2006 a las 21:21
Non sei.. pero algo de fondo creo hai.. Dubido moito dos chamados «piromanos». Xa veremos o que acontece nas ultimas horas. Un saudo
MFC · 7-08-2006 a las 22:09
Eu tamén descoñezo completamente as causas que explican estes ataques criminais. Só me gustaría dicir que non se me ocorre mellor maneira de roubar o patrimonio de tódolos galegos. E claro, sen inisitir sobre as consecuencias a curto e longo prazo sobre o noso entorno. E non penso na preciosa paisaxe que teremos que ver sinón nos outros problemas que se van a acentuar: a menor retención de auga nos solos, o empobrecemento dos terreos, a diminución de choivas… Dentro de nada Galicia e o Sahara non serán tan diferentes. E entón, que nos quedará?
fru · 7-08-2006 a las 22:25
Eu viña escoitando na radio a un membro de ADEGA dicir que as causas son múltiples: Uns incendios debido a abaratar o precio da madeira, outros para especular co chan, e inda que tes razon no dos 30 anos sen poder edificar en teoría, os promotores teñen formas de saltarse a lei, e non o digo eu, o decía este home. Outros incendios son provocados por neglixencias de agricultores que queren queimar rastroxos nas fincas e acaban plantando no monte colindante. Outros son provocados por enfrentamentos entre veciños e/ou comunidades de montes (da existencia e conveniencia destas comunidades de montes terian os políticos que falar…). Outra é algúin caso de persoas que plantan lume para ter traballo (cuadrillas antiincendios), ou porque se quedaron fora desas cuadrillas. ? tamén está quen planta porque é un verdadeiro pirómano (enfermidade mental) que disfruta vendo a accion do lume.
Diego BonitoConMexillon · 7-08-2006 a las 22:27
Mandra truco hoxe.
O do instituto de valga é certo, seica queimouse unha parte do tellado.
Os motivos poden ser ben económicos, para revalorizar o prezo da madeira mais os terreos para edificar…a outros excitalle tan solo velo lume por diversion.
hubo momentos de tension a verdade, xq por Condide e a Toxa o lume estaba xa nas casas.
O que é a zona das gaseosas Braña xa nin se veia polo espesor do fume, e iso q tan solo estaba a 30 m mais ou menos.
En fin, todolos anos igual e cada vez peor.
Rematara o dia que nos quedemes realmente sen montes.
Diego BonitoConMexillon · 7-08-2006 a las 22:30
Por certo comentaronme que o «señor alcalde» pasouse no momento no que unhas 14 persoas estaban a traballar para acabar co lume que habia na zona de Bacalaos España e él nin se moveu… como ben digo pasaba por ali….Pouco espíritu
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-08-2006 a las 22:53
O lume comezou sobre ás 15 horas na zona do vello basureiro (termo de Padrón) e deixou arrasados os dous marxes da pista da Barosa. En media hora escasa e por mor do forte vento chegou a Condide (por detras de Escavaciones Batalla). Os veciños da zona tivéronse que empregar a fondo para salvar casas na Toxa, Carreiras e Condide e quedaron afectadas moitas fincas. O lume continuou para Cedelo-Valga con perigo para as casas. O noso monte Salgueiras-Lagoa está moi afectado.
Sobre ás 16,00 horas houbo outro incendio en Baño, Redondo e Tarroeira que afectou a piñeiros e monte baixo. Son toxeiras privadas e o lume ameazou ó propio instituto de Valga, a varias vivendas e a almacéns de empresas.
Foi unha tarde dantesca en Pontecesures e viveuse unha auténtica alarma social.
Realmente síntese impotencia e unha profunda decepción polo que está a pasar en toda Galicia. Levamos 30 anos tratando de averiguar quén queima o monte e aínda non o sabemos. Moita liorta política e menuda herdanza imos deixar ós nosos fillos.
O problema medioambiental e gravísimo e por suposto merece unha movilización xeral da poboación para salvar os nosos montes.
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-08-2006 a las 23:08
A madeira queimada claro que se vende e ten un prezo inferior á madeira verde. Ocorre con toda a madeira dos incendios e pola adxudicación dos lotes desta madeira ós madeireiros pagan menos. Pero as causas dos incendios intencionados poden ser moitas.
petronio · 8-08-2006 a las 01:42
Há un componente de resentimento vencellado a perda de poder… a que os demáis non o fagan mellor. A impotencia de algúns é a desgracia de todos.
Moscón · 8-08-2006 a las 18:29
Deprímome ó ver o lume por todas partes na miña terra galega. Non sei si é Galicia, Galiza, unha nación, unha nazón, unha nacionalidade, unha comunidade nacional, unha identidade nacional, etc.. pero xa non se ve o sol.
Estes políticos que ían arranxar todo discuten de todos éstos términos que non interesan a ninguén en lugar de defendernos do lume. Todo o que dín é fume como podemos apreciar. O NUNCA MÁIS forestal está máis que xustificado. Onde están agora os colectivos das pancartas e aqueles de BURLA NEGRA. Cicáis de vacacións en Cuba.
iustio · 8-08-2006 a las 22:45
E unha o dos incendios xa pouco temos de medio ambiente e pouco que queda estamos a destruilo. Tanto as perdas naturais, maeriais e persoais son indescriptibles:
1º Estamos a destruir o mediambiente, co cal máis contaminacion e calentamento global.
2º Que pasa cas persoas que perden casas por incendios ou negocios, de que viven despois.
3ºE, por último, e máis importante as perdas humáns que esas si que non se poden recuperar XAMAIS.
A miña opinion e que detras de todo isto hay intereses senon como se explican tantos incendios
en todos lados e en circunstancias extrañas¿?
Tiroliro II · 9-08-2006 a las 19:13
En Galicia xa non se ve o sol nestes días e todo e escuro e triste.
Desgraciadamente cobran actualidade aqueles tristes versos:
Ahí ven o maio de froles cuberto
chamaron á porta cantando os meus nenos
cos puchos furados pra min extendendo
pedíronme crocas dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe do pobo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.
MFC · 10-08-2006 a las 13:06
Grazas ó portal Vieiros achegueinme a esta páxina interesante na que se presentan hipóteses máis que razoables sobre a vaga de incendios.
Titúlase «Sospeitas razoables».Consultena.
http://calidonia.blogaliza.org/2006/08/08/sospeitas-razoabeis/
Antonio Cortés · 10-08-2006 a las 13:33
Acabo de falar ca miña irmá, Merchi, e comentabame que andaba a escoitar que as causas de moitos incendios eran «políticas», eu non penso tal, están a arder concellos de tódalas cores e sin tregua, espero que pronto aparezan os nomes dos incendiarios e sepamos cales son as causas desta destrucción, que interés soterro agochase tras esta tolemia.
Luis Angel Sabariz Rolán · 10-08-2006 a las 14:13
Tampouco eu penso en razóns políticas. O que pasa e que os que están agora na oposición na Xunta critican con términos como ineficacia, falla de planificación, poucos medios, etc.. Os que agora están no goberno antes dende a oposición dicían cousas parecidas e unha máis que foi corrixida polos actuais responsables de Medio Rural que era a escasa información sobre os datos á opinión pública. Hai así unha especie de revancha entre dirixentes, militantes e simpatizantes dos tres partidos con representación parlamentaria.