Unha parella cesureña participará nun concurso no programa LUAR da TVG.
No concurso “Vai de baile” do programa LUAR que se emitirá o vindeiro venres día 13 de outubro na TVG participará unha parella cesureña de baile tradicional composta por Silvia Diz Fernández, de 16 anos e Igor Gonzaléz Refojo de 15. Ambolos dous pertencen ao grupo “Algueirada” de Pontecesures e, nestes días, están a preparar o concurso co director do grupo Martín Agrasar.
Ogallá teñan sorte o venres.
2 comentarios
red bull · 15-10-2006 ás 21:10
alguen me podria indicar a posicion dos mesmos en dito concurso?por cuestions de traballo foime imposible velo.moitas gracias.
Luis Angel Sabariz Rolán · 16-10-2006 ás 09:20
Neste concurso compiten só dúas parellas. A gañadora compite con outra no programa seguinte e a perdedora queda eliminada. No concurso hai muiñeira, xota e agarrado.
Silvia e Igor enfrontáronse a unha parella de Vigo e perderon segundo a decisión do xurado presente no programa. Como fallos da parella de Pontecesures, dito xurado comentou que os “puntos” do bailes eran máis doados e que se notaba como contaban os mesmos.
Quero, de tódolos xeitos, felicitar á parella pola súa actuación e animalos a continuar traballando na danza galega.