Mañá día 27 de outubro, ás 11,30 da mañá, pleno extraordinario e urxente para consignar parte da aportación municipal para o obradoiro de emprego.
O Pleno convocado no día de hoxe ten o seguinte Orde do Día:
* Ratificación da urxencia da sesión.
* Expediente de modificación de crédito extraordinario nº 1/06.
Cando en sete plenos ordinarios só se levou un asunto ao pleno por parte do grupo de gobeno e onte houbo sesión, agora, por sorpresa, nos convoca o alcalde para un pleno urxente a celebrar mañá (en horario de traballo para todos tratando de que algún da oposición non poda asistir) sen comisión informativa previa e sen coñecer o expediente. Trata o alcalde de poñernos a «pistola no peito» e que lle aprobemos a consignación para o obradoiro. Isto é o colmo da incapacidade e da ineficacia. Dende que se pideu o obradoiro non fixo o goberno absolutamente nada para consignar a aportación municipal. Os orzamentos de 2006 non é que non se aprobaran, e que nin se presentaron. Agora, de prisa e correndo, e afogado polos prazos nos ven o alcalde a pedir axuda cando onte nin permitía falar a ninguén no pleno.
Existen 24.000 ? de remanente de tesourería despois do peche do exercicio 2005 dos que se pretenden mañá destinar 23.000 ? para o obradoiro. Hai un acordo plenario adoptado por unanimidade para destinar este remanente a poñer en marcha a EDAR. Pouco lle importa ao alcalde isto e que se continúe a botar a merda ao río. Senón sae adiante o obradoiro dirá o de sempre: Que poño zancadillas, que pretendo que o pobo se afunda e outras lindezas que proclama tanto o Sr. Alvarez Angueira como os membros da Asemblea Local do BNG.
Teremos que estudar ben o asunto porque o pobo non merece ter un alcalde tan incompetente e que trata de silenciar á oposición para que non se coñezan as súas iregularidades. Alomenos como mañá precisa os votos xa veredes como nos deixa falar.
2 comentarios
Tilán · 26-10-2006 a las 22:28
Urxencia da convocatoria, lóxico, coa xestión que levamos dos orzamentos non me extraña, imprevisión, agora hai que modificar, xa o podía ter feito pero facíalle falta acordo pleno, eso é o que non tén Pleno, ben INDIGNO. Isto é o que lle hai que contar á xente, o INDIGNO leva a pleno o asunto con urxencia porque non fixo os deberes no seu momento. Internautas e comunicadores desta SMALLVILLE se non me engano,non, non me engano que acabo de ler a entrada de don LUIS ANGEL.
ACLARACI?N: O INDIGNO (presunto alcalde mentras non se demostre o contrario) non aprobou presupostos, non os poido aprobar porque non ten maioria, ofreceulle o seu voto don Oscar se os presentaba (cunhas condicións (+/-), nos presentou, ten outras cousas que facer.
O remanente de Tesourería, alá vai, efectivamente, alá vai, agora hai que redistribuir, redestinar, cartos que tiña para comprar os zapatos, van destinados para ir a perruquería. Agora a un concelleiro, que estudie o asunto prantexaselle a seguinte cuestión, que fago apoio a modificación ou non, que é mellor que a depuradora que leva como dez anos sen traballar siga como está, ou é mellor dar emprego a 35 ou mais veciños ou non do pobo nese obradoiro de emprego. Eu se son concelleiro antes someteríao a referendum, porque non sabería como orientar o meu voto no pleno de mañan. Pero o INDIGNO sí o ten claro, dan máis votos 35 contratos que o arreglo da depuradora, obviamente, mañán si estará no pleno a columna do INDIGNO, a muller de IP, fará falla o seu voto, pero o máis guapo de todos, que seguramente votará que sí será o sr. O.Gerpe que terá ocasión de expoñer publicamente, que raro o INDIGNO vaille deixar, (e que a verba tiña un prezo)digo expoñer publicamente a razón do seu voto positivo en ben do pobo de pontecesures do emprego etc. etc.
CONCLUSI?N: o que a xente ve e que o INDIGNO, él o INDIGNO truxo cartos para o pobo, empregou a moita xente, e Oscar os do PP e o de Sabala que vaián o … que se por eles fora non había nada, pa que despois digan que non fai cousas este alcalde.
Eso será o que lle quede á xente, ós que se contraten e ás súas familias, neste caso cada contrato seguramente son mínimo de dous a cinco votos por casa, e o demáis son contos. Concelleiros votade a favor, o proveito seique é para o pobo, será.
E esperen vostedes polas obras que veñen de contado, O INDIGNO estará todo cheo, o que non fixen en tres anos vou a facelo en 5 meses.
Oculta a información e non terás oposición, a xente da na nosa aldea non sabe estas cousas e se non se lle contan PENSAN QUE A COUSA XA ? ASÍ, oposición ou espabilades, ou este repite.
RANDULFE desperta que me dixeron que tes a catro muchachos alí que…, hai que estudialas cousas antes de ir os plenos, e traballar os asuntos a tratar, RAFA eu non sei pero como repitas o da última vez, KAKITA, amigo ou enemigo representas ó grupo maioritario como non lle dés un volco ó asunto imos ter VISAGRAS para rato, HAI QUE TRABALLAR, busca xente que sirva, espabila. NON LLE DIGO ESTO ? PSOE porque ahí ¿con quén se fala?, se levan medio ano sen luz na rúa ULLAN e aínda nada, ESTADES CASTIJADOS. Ata mañán.
Tilán · 27-10-2006 a las 07:28
O pleno ás 11:30 ¿a quién le importa?. ¿Cal é a razón? a parte de para que non se enteren os veciños, ten que haber outra, ¿Cal?. Ahh, seguramente antes das dúas da tarde rematalle o prazo para a presentación da documentación ante a consellería… ben. (monólogo, é o estilo que se leva… nos rogos e preguntas, juan palomo…). Bó día.