A Xunta publica o calendario de festas laborais para os concellos galegos

Publicado por Antonio Cortés en

A Consellería de Traballo ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o calendario das festas laborais de carácter local para o vindeiro ano 2007.

Na zona de Arousa quedan como seguen: Cambados, 11 e 18 de xullo; Catoira, 2 e 9 de xullo; O Grove, 21 de febreiro e 16 de xullo; A Illa de Arousa, 8 de xaneiro e 20 de febreiro; Meaño, 11 de xullo e 13 de decembro; Meis, 9 de abril e 11 de xullo; Pontecesures, 8 de xaneiro e 2 de xullo; Ribadumia, 9 de abril e 10 de decembro; Sanxenxo, 9 de abril e 4 de setembro; Valga, 20 de febreiro e 28 de agosto; Vilagarcía, 22 de maio e 16 de agosto; Vilanova, 15 de xaneiro e 15 de maio.

As estes festivos hai que sumar no calendario as festas estatais e autonómicas: 1 de xaneiro, Aninovo; 6 de xaneiro, Día de Reis; 5 de abril, Xoves Santo; 6 de abril, Venres Santo; 1 de maio, Festa do Traballo; 17 de maio, Día das Letras Galegas; 25 de xullo, Santiago Apóstolo e Día de Galicia; 15 de agosto, Asunción da Virxe; 12 de outubro, Festa da Hispanidade; 1 de novembro, Tódolos Santos; 6 de decembro, Día da Constitución; 8 de decembro, Inmaculada Concepción e 25 de decembro, Nadal.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.