Bandeira en Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

Tiña o compromiso co alcalde de Pontecesures de ler o pregón da festa da lamprea, e alá fun. Tratáronme moi ben e vin no salón de plenos unha curiosa bandeira galega de seda natural. Curiosa porque a franxa azul baixa de dereita a esquerda e no centro ten o escudo municipal bordeado cun letreiro que di: «Los cesureños de La Habana a la Liga de los Amigos del Carmen». Souben logo que a trouxera de Cuba Xosé Llerena, presidente da Sociedade de Pontecesures, en 1912, e que fora solemnemente «despedida» no Parque da Fraternidade da Habana por un numeroso grupo de asociados. Nin ben chegou a destino foi bendicida por un frade carmelita con padrinos e todo. ? longo do século pasado e no que vai do actual esta bandeira vén presidindo as procesións anuais do Carme, escoltada por doce mariñeiros cos remos ó lombo.

Xa teño contado que a nosa bandeira azul e branca ondeou por primeira vez na fachada do Centro Galego da Habana (na sede primeira, que estaba na esquina de Prado e Dragones) o 25 de xullo de 1904. Os emigrantes arelaban coñecer a bandeira da súa patria. Algúns recordaban a que viran cando embarcaran na Coruña, que non era a de Galicia senón a da comandancia portuaria. Escribíronlle a Murguía pedindo consello, e ó patriarca pareceulle ben a idea. Máis aínda: mandoulles un debuxo -que arranxou o seu fillo Ovidio, coas proporcións, anchura da franxa, matiz do azul e outros detalles. Dende ese día a nosa bandeira enarborouse en todas as asociacións galegas da illa. E cando morre Curros, os seus restos chegan á Coruña dende a capital de Cuba cubertos coa que sería definitivamente a bandeira de Galicia.

En lembranza daqueles paisanos trasterrados e a xeito de homenaxe a todos sos emigrantes cesureños, a bandeira cegada da Habana preside simbólicamente as sesións da cámara municipal e encabeza as procesións ano tras ano na fermosa vila ullá.

Xosé Neira Vilas :: El Correo Gallego ::


2 comentarios

eu · 2-12-2006 a las 22:11

As fotos son demasiado cutres.

Antonio Cortés · 3-12-2006 a las 09:46

¿ De que fotos estás a falar ?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.