Publicado no DOG o regulamento da indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria

Publicado por Antonio Cortés en

Orde do 11 de decembro de 2006 pola que se recoñece a indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria e se establecen as normas da súa utilización nos viños de mesa producidos na área xeográfica delimitada.

O Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, recolle, no capítulo II do seu título V, as normas relativas á designación, denominación, presentación e protección de determinados produtos e, en particular, a utilización de indicacións xeográficas. No artigo 51 do regulamento citado establécense as condicións ás que poidan supeditar os Estados membros a utilización do nome dunha indicación xeográfica para designar un viño de mesa e defínese o que se entende por nome dunha unidade xeográfica menor que o Estado membro, para os efectos da súa aplicación.

No anexo VII deste regulamento determínase, no seu punto A-2.b), que poderá utilizarse na designación dun viño de mesa con indicación xeográfica a mención Viño da Terra acompañada do nome da unidade xeográfica, e, nese caso, non será obrigatoria a denominación viño de mesa.

Ademais, para esta categoría de viños é de aplicación o Regulamento (CE) 753/2002 da Comisión, do 29 de abril, que fixa determinadas disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1493/1999, no que respecta á designación, denominación, presentación e protección de determinados produtos vitivinícolas, dispoñendo no seu artigo 28 os aspectos mínimos que han de contemplar as normas estatais de utilización da mención viño da terra. Así, e dentro deste marco normativo, a Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño, recolle no seu artigo 19, de carácter básico, as condicións mínimas que deben cumprir estes viños. Posteriormente, o Real decreto 1126/2003, do 5 de setembro, polo que se establecen as regras xerais de utilización das indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra na designación dos viños, concreta máis as ditas condicións.

Por outra parte, a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, dedica o seu capítulo II do título III ás denominacións xeográficas de calidade, entre as que se inclúe a mención Viño da Terra. Nel recóllense distintos aspectos, entre eles os relativos ao procedemento de recoñecemento dunha nova denominación xeográfica, que lle compete á Administración galega cando o seu ámbito xeográfico se circunscribe ao territorio da comunidade autónoma.

Esta orde dítase ademais ao abeiro do Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 30 lle atribúe á nosa comunidade autónoma competencia exclusiva nas materias de fomento e planificación da actividade económica e de agricultura e gandería,
de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado.

Por todo o anterior, e unha vez estudada a proposta do sector e logo de audiencia aos interesados,

DISPO?O:

Artigo 1º.-Recoñecemento da denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria.

1. De acordo co establecido no artigo 51 do Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola (DOCE L179, do 14 de xullo) e co previsto no Real decreto 1126/2003, do 5 de setembro (BOE nº 228, do 23 de setembro), polo que se establecen as regras xerais de utilización das indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra na designación dos viños, recoñécese a denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria.

2. Poderán acollerse a esta indicación xeográfica os viños de mesa producidos, elaborados e embotellados dentro da área xeográfica que se determina no artigo 2º que, cumprindo na súa produción e elaboración todos os requisitos que se contemplan nesta orde e na lexislación vixente, reúnan as características que nesta se establecen.

O Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, recolle, no capítulo II do seu título V, as normas relativas á designación, denominación, presentación e protección de determinados produtos e, en particular, a utilización de indicacións xeográficas.

No artigo 51 do regulamento citado establécense as condicións ás que poidan supeditar os Estados membros a utilización do nome dunha indicación xeográfica para designar un viño de mesa e defínese o que se entende por nome dunha unidade xeográfica menor que o Estado membro, para os efectos da súa aplicación.

No anexo VII deste regulamento determínase, no seu punto A-2.b), que poderá utilizarse na designación dun viño de mesa con indicación xeográfica a mención Viño da Terra acompañada do nome da unidade xeográfica, e, nese caso, non será obrigatoria a denominación viño de mesa.

Ademais, para esta categoría de viños é de aplicación o Regulamento (CE) 753/2002 da Comisión, do 29 de abril, que fixa determinadas disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1493/1999, no que respecta á designación, denominación, presentación e protección de determinados produtos vitivinícolas, dispoñendo no seu artigo 28 os aspectos mínimos que han de contemplar as normas estatais de utilización da mención viño da terra.

Así, e dentro deste marco normativo, a Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño, recolle no seu artigo 19, de carácter básico, as condicións mínimas que deben cumprir estes viños. Posteriormente, o Real decreto 1126/2003, do 5 de setembro, polo que se establecen as regras xerais de utilización das indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra na designación dos viños, concreta máis as ditas condicións.

Por outra parte, a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, dedica o seu capítulo II do título III ás denominacións xeográficas de calidade, entre as que se inclúe a mención Viño da Terra. Nel recóllense distintos aspectos, entre eles os relativos ao procedemento de recoñecemento dunha nova denominación xeográfica, que lle compete á Administración galega cando o seu ámbito xeográfico se circunscribe ao territorio da comunidade autónoma.

Esta orde dítase ademais ao abeiro do Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 30 lle atribúe á nosa comunidade autónoma competencia exclusiva nas materias de fomento e planificación da actividade económica e de agricultura e gandería, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado. Por todo o anterior, e unha vez estudada a proposta do sector e logo de audiencia aos interesados,

DISPO?O:

Artigo 1º.-Recoñecemento da denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria.

1. De acordo co establecido no artigo 51 do Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola (DOCE L179, do 14 de xullo) e co previsto no Real decreto 1126/2003, do 5 de setembro (BOE nº 228, do 23 de setembro), polo que se establecen as regras xerais de utilización das indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra na designación dos viños, recoñécese a denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria.

2. Poderán acollerse a esta indicación xeográfica os viños de mesa producidos, elaborados e embotellados dentro da área xeográfica que se determina no artigo 2º que, cumprindo na súa produción e elaboración todos os requisitos que se contemplan
nesta orde e na lexislación vixente, reúnan as características que nesta se establecen.

Artigo 2º.-Área de produción.

A área de produción que se pode acoller á denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria está constituída polos terreos aptos para a produción de uva das variedades de vinificación que se indican no artigo 3º pertencentes aos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga, así como ás parroquias de Camboño, Fruíme e Tállara, do concello de Lousame, ás parroquias de Iria Flavia e Padrón, do concello de Padrón, e ás parroquias de Baroña, Caamaño, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro e Xuño, do concello de Porto do Son.

Artigo 3º.-Variedades de uva aptas.

1. Para podérense acoller á denominación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria, os caldos terán que ser elaborados con uvas das seguintes variedades:

a) Brancas: Albariño, Caíño branco, Godello, Loureira Branca ou Marqués, Treixadura e Torrontés.

b) Tintas: Brancellao, Caíño tinto, Espadeiro, Loureira tinta, Mencía e Sousón.

Artigo 4º.-Da produción.

1. As replantacións, substitucións ou novas plantacións requirirán para a súa autorización, ademais do cumprimento da lexislación vixente, seren realizadas exclusivamente coas variedades relacionadas no artigo anterior e enxertadas sobre patrón recomendado.

Nas novas plantacións non se permitirá a mestura nunha mesma parcela de variedades tintas e brancas. Os sistemas de condución serán a espaldeira e o emparrado.

2. As técnicas de cultivo tenderán a conseguir a mellor calidade da uva e o respecto ao ambiente e realizaranse de xeito que expresen o mellor equilibrio entre a vexetación e a calidade da produción.

3. As producións máximas admitidas serán de 10.000 kg por hectárea para as variedades brancas e de 8.000 kg por hectárea para as tintas.

Artigo 5º.-Da elaboración.

1. As adegas elaboradoras e/ou embotelladoras de Viño da Terra de Barbanza e Iria estarán situadas na área xeográfica de produción definida no artigo 2º e nelas unicamente se elaborarán e embotellarán viños de mesa producidos a partir de uvas procedentes da dita área.

2. As técnicas empregadas na manipulación da uva, do mosto e do viño tenderán a obter produtos de máxima calidade, mantendo as características tradicionais dos viños brancos e tintos da área delimitada.

3. Na produción do mosto seguiranse as prácticas tradicionais, aplicadas cunha moderna tecnoloxía, orientada á mellora da calidade do produto final.

Aplicaranse presións axeitadas para a extracción do mosto, de maneira que o rendemento non sexa superior a 67 litros de mosto por cada 100 kg de uva.

4. Os viños que pretendan comercializarse coa denominación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria elaboraranse exclusivamente con uvas brancas ou tintas das variedades que se especifican no artigo 3º. Na elaboración de viños monovarietais, polo menos o 85% da uva ten que proceder desa variedade.

Artigo 6º.-Características dos viños.

1. Os viños que se comercializarán baixo a denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria serán brancos e tintos, cun grao alcohólico volumétrico natural mínimo de 11% vol. para os monovarietais e 10% vol. para o resto.

2. A acidez total mínima dos viños dispostos para o consumo, expresada en gr/l de ácido tartárico, será 5,0 gr/l. En canto á acidez volátil, seguirase o disposto no artigo 5.1º do Real decreto 1126/2003, do 5 de setembro, polo que se establecen as regras xerais de utilización das indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra na designación dos viños.

3. Os contidos máximos en anhídrido sulfuroso total nos viños dispostos para o consumo será 125 mg/l para os viños monovarietais, e 150 mg/l para o resto.

4. Os viños brancos e tintos pertencentes á denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria deberán presentar as calidades organolépticas e enolóxicas propias da área delimitada, especialmente en canto á cor, limpeza e aromas. Estes viños, de características variables en función das variedades de uva empregadas, son en xeral vivos, lixeiros de corpo, de cor tenue, ricos en aromas primarios, secos, frescos e lixeiramente ácidos.

Artigo 7º.-Rexistros.

Para que un viño producido na área xeográfica delimitada poida acollerse á denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria, ademais de cumprir cos demais requisitos establecidos nesta orde, deberá ser elaborado con uvas procedentes de viñas legalmente inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia e a adega en que se elabore ten que estar inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias da delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de agricultura, sen prexuízo doutros rexistros que a normativa xeral poida exixir.

Artigo 8º.-Avaliación do viño e requisitos para a comercialización.

1. As adegas serán responsables de que o viño que poñan no mercado baixo a indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria cumpre todas as exixencias establecidas nesta orde, e en particular as referentes á orixe e variedades de uva utilizada, graduación alcohólica natural mínima, acidez total, anhídrido sulfuroso total, acidez volátil e características organolépticas. Para iso, cada adega deberá dispor das probas que acrediten que todas as partidas de viño que vaia poñer no mercado baixo esta indicación xeográfica cumpren estas exixencias.

2. Todas as partidas de viño deberán ser sometidas polo titular da adega ás necesarias análises químicas, independentemente das que faga o órgano de control no seu labor de inspección e comprobación do cumprimento da normativa. Enténdese por partida aquel volume de viño identificado pola adega que presenta características homoxéneas.

Artigo 9º.-Control.

O control do cumprimento das normas establecidas nesta orde para os viños que queiran optar á denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria así como das normas complementarias que no seu desenvolvemento se diten, será realizado polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria única.

Artigo 10º.-Infraccións e sancións.

Todas as actuacións que sexa preciso desenvolver en materia de expedientes sancionadores axustaranse ás normas desta orde; ás da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño, ao Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria; á Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común; ao Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e a cantas disposicións xerais sobre a materia estean vixentes no seu momento.

Disposición adicional

?nica.-En virtude do disposto no artigo 6 do referido Real decreto 1126/2003, de 5 de setembro, polo que se establecen as regras xerais de utilización as indicacións xeográficas e da mención tradicional Viño da Terra, na designación dos viños, notificaráselle ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación esta disposición pola que se recoñece a mención Viño da Terra de Barbanza e Iria, para os efectos da súa protección estatal, comunitaria e internacional.

Disposición transitoria

?nica.-Ata que o Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal non inicie a súa actividade como órgano de control e certificación de produtos agroalimentarios, a función de control da indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria será realizada polo persoal da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para ditar as disposicións de desenvolvemento desta orde que sexan necesarias para o control da calidade e a orixe dos viños amparados pola indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2006.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural

DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 241 L Luns, 18 de decembro de 2006


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.