A oposición de Cesures boicotea o pleno para protestar pola ausencia do alcalde.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os plenos de Pontecesures volven a ser noticia, e non precisamente plos acordos adoptados neles. Neste caso o son ata por nin chegar a celebrarse. A sesión ordinaria convocada para o mércores non tivo lugar por falla de quórum. A situación estivo propiciada por unha estratexia da oposición (PP, PSOE e ACP) que decidiron boicotear a sesión para expresar así o su malestar e protesta polas ausencias do alcalde e da primeira tenente de alcalde.

Deste xeito, os únicos tres concelleiros do grupo de goberno (BNG) que acudiron ao concello quedáronse sós, non acadando o número regulamentario para poderse ter celebrada a sesión baixo a presidencia do concelleiro Xosé Antonio Baliñas.

O pleno cancelado aprazouse para hoxe, as 20,30 horas, tal e como establece a normativa vixente, segundo informou a oposición. Verase entón cal é o desenlace desta nova polémica política.

A oposición quere forzar deste xeito a comparecencia do alcalde Luis Alvarez Angueira para que «dea a cara» e responda ás preguntas que os distintos grupos lle fixeron en sesións pasadas e quedaron sen contestar.

A ACP acusou onte a Alvarez Angueira de «covardía» e á primeira tenente de alcalde Maribel Castro de «mentir» pois «dixo que ía de viaxe e non podía asistir ao pleno e á hora da sesión estaba no centro social do municipio» subliñou o portavoz da ACP, Luis Sabariz.

O BNG, pola súa banda, lamentou onte a «falla de respecto» dos grupos da oposición municipal e volveu a acusalos de que, aínda con distintas siglas, actuar de xeito coordinado para facerlle dano ao goberno seguindo a premisa do «odio e resentimento».

O Bloque explica que o alcalde non foi ao pleno porque a esa hora participaba nunha xuntanza sobre o conflito do lixo que tivo como resultado a desconvocatoria da folga do servizo de recollida. «A estes grupos só lles interesan os espectáculos de circo e faltarlle ao respecto ao alcalde e ao grupo de goberno», engaden os nacionalistas.

LA VOZ DE GALICIA 29/12/06

EL BNG CESURE?O TILDA DE «CIRCO» EL PLANTE DE LA OPOSICI?N EN EL PLENO.

El BNG de Pontecesures considera que la negativa de los grupos de la oposición a celebrar el pleno previsto para el miércoles (que no se celebró por falta de quórum) fue «una falta de respecto coa que denmostran de forma continuada e perfectamente coodinada que canto máis dano se faga ó goberno municipal, mellor». Aseguran que «só lles interesan os espectáculos de circo e actúan por odio e resentimento».

DIARIO DE AROUSA 29/12/06

LA OPOSICI?N LOGRA APLAZAR EL PLENO PARA QUE ANGUEIRA RESPONDA A PREGUNTAS PENDIENTES.

El Pleno ordinario que debía celebrarse el miércoles en Pontecesures quedó aplazado para esta noche (20,30 horas) por falta de quórum, situación que ha vuelto a enfrentar al BNG y a los grupos de la oposición.

El portavoz de ACP, Luis Sabariz, explicó que desde la mañana se sabía que el alcalde, no asistiría porque acudiría a la reunión de la Mancomunidade do Barbanza sobre el asunto de la huelga de recogida de la basura y que la primera teniente de alcalde Maribel Castro (IP), «argumentou que saía de viaxe e non podía estar no Pleno». Dado que el quórum exigido en cesures es de cuatro miembros, los ediles de PP, PSOE y ACP fueron al concello «pero non acudimos ao Pleno pola ausencia do alcalde. Ten pendente de respostar varias preguntas dos plenos anteriores e trata de non comparecer para que non se controlen as súas actuacións». Apunta Sabariz que el Pleno se pudo cambiar de hora e incluso de día para facilitar su asistencia y «especialmente triste foi a mentira de Maribel Castro. Dixo que ía de viaxe é a hora do pleno estaba no municipio, concretamente no centro social. Outra covarde que non quere presidir as sesións cando falla o alcalde».

El BNG, por su parte, lamentó la «falta de respecto» de los grupos de la oposición al no presentarse en el Pleno que iba presidir Xosé Antonio Baliñas, teniente de alcalde «como contempla a lei» en este caso. «Impórtanlles pouco os problemas de saúde pública que podería ter este concello de seguir a folga uns días máis. Só lles interesan os espectáculos de circo e faltarlle ó respecto ós membros do goberno»

DIARIO DE PONTEVEDRA 29/12/06


4 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-12-2006 a las 11:35

Xa está o alcalde falando de que a oposición ten odio e resentemento e que quere formar un circo nos plenos. Que se deixe de lerias e de historias e que vaia hoxe ao pleno para debater e respostar ás preguntas que ten pendientes. Buscou a gran disculpa para escabullirse o mércores e librarse do pleno. Agora fala de que a reunión de alcaldes do mércores ás 19 horas foi fundamental para a desconvocatoria da folga. Eu teño as miñas dúbidas porque a reunión clave foi a da empresa cos representantes dos traballadores que comezou ás 16 horas e o preacordo anunciose sobre as 22.45 horas, mentres o alcalde xa estaba en Pontecesures antes das 22 horas. Hai que lembrar que que na reunión de alcaldes acordáronse unha serie de medidas por se continuaba a folga (sanitarias, se servizos mínimos, etc..) que logo afortunadamente non se aplicaron coa desconvocatoria.
O alcalde agora trata de manipular dicindo que a oposición non lle importaba o problema e que queremos espectáculos. Polo menos o que eu lle pido ao alcalde e que informe, que debata e que facilite nos plenos as explicacións que se lle piden. Imos ver o que fai hoxe na sesión.

CICERON · 29-12-2006 a las 12:31

Moi boa a observación, onte algúns veciños a través das noticias de Radio Valga, concluiron que o Alcalde fora a unha reunión polo tema da basura, por eso non foi ó pleno, e que a raíz desa reunión se desconvocara a folga.
Na prensa aparece moi claro, pero hai que leerla, os alcaldes reunironse por unha banda, e a empresa que presta o servizo reuniuse cos seus traballadores. Os alcaldes tiñan preparado un «decálogo» de actuacións por se a folga non remataba. E a empresa FCC pactou en principio cos seus traballadores, este pacto foi o que desconvocou a folga…..

QUE O SEPA A XENTE. Non vaia ser que OCTAVIO se adxudique a desconvocatoria, porque é capaz.

Flor · 29-12-2006 a las 18:42

Que mentirosa Maribel en su línea de siempre. Supongo que estaría con las de la Barcarola en el Centro Social en lugar de ir al pleno y cantaría alguna de ellas (en el coro y a algún concejal de la oposición). Maribel cree que le son fieles pero a mi una de ellas me dijo que no soportaban los caprichos de la mandamás.

Sabariz · 29-12-2006 a las 19:04

Esta nova saiu tamén en «El Correo Gallego» e aparecen xa varios comentarios sobre a mesma. Pódense ler no seguinte enlace:

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=27&idNoticia=118973

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.