ACP de Cesures se queja ante el Valedor de retrasos para revisar gastos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ángel Sabariz, portavoz de la ACP de Pontecesures, reitera sus quejas ante el Valedor por las demoras del Concello para acceder a expedientes de gastos locales sobre facturas de móvil y gasoil, así como de limitaciones en su contenido a la hora de examinarlos

EL CORREO GALLEGO 08/01/07


35 comentarios

kaka-tua · 9-01-2007 a las 20:28

Todo forma parte desa ??rede de telaaraña? que se texe arredor tua, e que busca afogarte políticamente… Dixen este dia pasado ??Autorictas, non veritas, facit legem?, que traducido vulgarmente sería, ??que o que manda fai o que lle sae do rabo, pois creese na potestade de poder facer tal?.
Así que dentro desa casa (que deberia ser de todos) pero cada vez mais parece replica da dos Janeiro (Jesulín and family, non os de San Xulian) ??Ambiciones? creo que se chama ese cortixo… Pois decia que este dentro dese concello ¿noso? vanche negar todo o que poidan e mais, desacreditarche, tomarvos á oposición por ??comparsas e muletillas?.
Pero fora, ayyyyyyyyy fora! A rede estase texendo e apretando cada vez mais… que ti visitas as tabernas e casas de veciñs, nesa política tua de ??camiños e corredoiras?. Alguén informa e rapidamente o alcalde descolga o teléfono, e se fai falla ó dia seguinte alí se presenta a verlle a cara un por un a todos os que intentabas ??adoctrinar?.

Como se estará artellando esa rede que xa foron quen de xogar no teu terreo: O colexio, e eses pais e nais preocupados polo futuro do seus fillos ¡cantos votos!… Margarita a Xuliana foi aboando o terreo e Isabel a de Xurxo xa ten cargo no consello escolar, apoiando as teses do goberno personalizado en Baliñas. O comedor, a xornada única, e demais xestións e logros xa non son exclusicva tua, Sabariz!

Outro exemplo: a Cabalgata de Reis e a Festa do Patron… O ??ideólogo? Parracho montou un ??espectáculo? do que ti foches mero espectador, por moito que te empeñaras en subir ós nenos ó escenario un por un. Neses momentos había miradas que si poideran matar, deixaríante teso… E alí estaban eles, traballando o voto, e ti exercendo de ??xinete solitario? ¿onde está ese grupo que te vai apoiar nas vindeiras, Sabariz?. Digo Alfonso o médico e demais, pq ir de figurantes na lista van calquera, pero xente que traballe arredor tua non a vexo… E o que queren, a rede vaise estreitando, ¿conseguirá afogar o pescozo de Sabariz, ou partirá antes e pegará uns latigazos ós instigadores?
¿Que nos dirá Vaticanista deste miragre? Se ata voltan á misa de D. Arturo os non-creentes!!!

Pero tranquilas ??Loannas miñas?… na casa nos somos só 6 votos… que tan pouca cousa contra semellante rede… alí non caeremos, pero o resto do pobo ¡¡¡eu que sei do resto do pobo!!! Polo tanto debo ser menos perigoso para os da rede do que alguen poida pensar.

4 meses e medio e baixando!!!

Paspallás · 9-01-2007 a las 23:59

E certo o da tela de araña de Angueira. Ofrécelle traballo aos excluídos do obradoiro, chama ao despacho a todo quisque que fala con Sabariz, ofrécese no Náutico para a ximnasia que faga falta, fai o ridículo na misa por colleitar catro votos das beatas, pamplina co Parracho cando hai pouco tempo era o seu maior inimigo, se rodea da xente máis débil para paparlle o voto, deixase asesorar por Pepe Portas «o setemesino» e despois rise del, engana a Ignacio «o rubio de Condide» e lle mete á filla no obradoiro a cambio dun porrón de votos, trata de asustar a Cordo o do PP polo tema do gasoil e por último invita a cear o día da calbalgata no Candil a persoas alleas á organización da mesma.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-01-2007 a las 11:38

Interesante comentario «kaka-tua» o da telaraña. Efectivamente, como xa comentei nestas páxinas, o alcalde trata de desacreditarme cunha campaña de desprestixio persoal moi descarada (por certo, eu non trato de «adoctrinar» a ninguén) pero estou tranquilo e optimista xa que moita xente me comunica esas vergoñentas frases que expresa o Sr. Alvarez Angueira cando se refire a mín.
Non hai que impacientarse «kaka-tua», vou levar xente conmigo na lista moi implicada e non «figurantes» como afirmas. Ao tempo.

kaka-tua · 10-01-2007 a las 19:13

Ja ja ja Sabariz… ¿queresme tomalo pelo? ¿Ou crees que son eu o que cho quere tomar a ti?

Vexamos que di a RAE sobre o significado de ??adoctrinar?:

adoctrinar:
1. tr. Instruir a alguien en el conocimiento o enseñanzas de una doctrina, inculcarle determinadas ideas o creencias.

??Inculcarle determinadas ideas o creencias? nos di a RAE. Polo tanto para que fas senón para ??adoctrinar?os vecinos sobre o que pasa co noso goberno municipal…. ¿por qué tes medo de chamarlle as cousas polo seu nome?, ¿Para que fas entón a política de camiños, bares e tabernas?

E que mal estás en lingua… ou senón ¿por qué crees que puxen as ?? ? entre a palabra figurantes… Eu non afirmo nada, so digo a miña opinión no que vexo, e ti sigues empeñado en reafirmarte no papel de ??llanero solitario?. Eles xogan con eso. Alá ti.
Todo está ahí na rúa. Pontecesures é un gran escenario e vos, os protagonistas principias nos queredes contar a ??trama? ó xeito de cada un ¿non si Maribel ti que eres a experta en «teatro»? E ti sempre tan só Sabariz…

Por certo, xa que teño ??liña directa? contigo recordoche aquel ofrecemento gratuito de tila e valeriana. Mais que nada é porque non quero que chegues en baixa forma, agotado, ó mes de maio. E o camiño é tan longo… Tampouco esquezo a invitación de tomalo viño na tua casa, para de paso, visitala (coma se para min o ??continente? fose tan importante… eu prefiro os ??contidos?…).

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-01-2007 a las 19:45

Vale «kaka-tua». Eu claro que expoño o que está a pasar en Pontecesures, pero paréceme forte chamarlle «adoctrinamento» pois cando se fala diso parece que estamos a falar de relixión ou de ideoloxía. A min nunca me gostaron as «comeduras de coco» e cada un decidirá o que lle pareza. Se ti a contar a xestión negativa do alcalde e do goberno local lle chamas adoctrinar pois moi ben.
Sobre a soedade pouco máis teño que dicir. Xa che darei unha sorpresa.
Por suposto, segue en pé o convite para acodir á miña casa. Non serás un home de seguros (falas de continente e de contido). Xa teño concertada a póliza hai tempo pero todo e mellorable.

Paspallás · 10-01-2007 a las 23:58

kaka-tua, mestres do adoctrinamento: Xurxo Gerpe (e a muller, tamén) , Angueira, Bará, Quintana, Castrillo, as galescolas, as macrofestas esas da terceira idade, as bonecas galego-falantes, o huso horario…….
Confío en que este comentario sexa continuado polos nacionalistas Cándido Duro, Lois Gil Magariños, Ana Portas e o home, os fillos da Cocha, Marité a Cacharra, a filla de Amo, o cuñado de Enrique Herránz, o Parracho, Fito Palermo e a muller, Fructuoso, Anxo o fotógrafo, a asistente social do concello e outros….

Tilán · 11-01-2007 a las 22:03

Visto está que o que nos gusta é a galería, a imaxe, o conto.

Non ten sentido reclamar «contidos», cando o que verdadeiramente miramos é o «continente».

A «contradictio in terminis» existe:

«e ti exercendo de ??xinete solitario? «. Ista é a galeria, o que miramos…. » …E alí estaban eles, traballando o voto»…… máis galería.

Ahí está a contradicción: que miro para o externo pero non miro o interno,

¿onde está o contido? … Na pamplina?…

A Propaganda política é o que realmente importa, non obstante a comentaristas de talla, isto non debera conducilos a erro, e menos nunha vila tan pequena.

«A labor», ese é o contido, O Valedor do pobo, soubo, e aceptou, as reclamacións sobre a denegación de información… esta sí que é a Galería, este é o meolo, como tantos outros contidos que non miramos no escaparate, pero nós… «Pan e circo»… iso é o chulo.

Nas «corredoiras e camiños» empezaron moitos outros, xestando o seu «liderazgo», Manolo Fraga tivo un enviado especial José Cuiña, «o muiñeiro corredoira» (anos 90, primeira campaña de manolo na Gallaecia;.. o currante: o político de Lalín). Isto vaille gostar a Vaticanista: Cristo, outro perseverante, e máis cerca José María Bello Maneiro, («os feitos falan»), tumbou a Albino; unha auténtica carcoma currante «o Maneiro».

? preocupante, cando menos, a insistencia na labor dese «xinete solitario», ou é un enviado especial a «Smallville», ou ten unha atenuante das previstas no C.P., non sei se pode chamarse traballo, pero ahí está esa actividade constante, que por certo pola súa labor(mediática), moitos, coma mín, sabemos algunha cousa do pobo.

A ter en conta a dona Maribel, que me parece traballadora…non comparable, por suposto, á frenética actividade do político perseverante…»o don Luis Angel», que é máquina total…(4)

O conto é que O señor Sande(Valedor do Pobo), meteulle o dente o noso Alcalde, pero éste é quen manda no concello, e despois nós plaudímoslle, porque é quen de contratar e montar co seu equipo unha cabalgata ¡¡¡que nin Dios!!!, foza no consello escolar, e iso é estratexia política…. pode ser… pode ser…. pero o podre segue a estar no mesmo sitio, a xestión nula… incapaz,…apresurada, desobxectivada, segue no mesmo sitio, repito unha vez máis.

Tres forzas políticas non denuncian constantemente a un equipo de governo, se non fora preciso…

¿onde está o PP? ¿Que está a facer?, nesta páxina non temos a ningún representante declarado, para poder cuestionalo tal e como facemos co Don Luis Angel(de cando en vez penso que é infeliz, xa había de estar outro eiquí, deixándose tocar as narices), don Oscar Gerpe, tampouco sabemos del, a xente do Bloque ¡¡¡tan auténticos eles!!!, ¿porqué non temos aquí un portavoz declarado? así contertuliaríamos…. xaaa!!! Gostánlle as galerías mediáticas que eles montan, as do catolicismo, as cabalgatas,…… ¿Quén o diría?….. «Sempre en Galiza».

Pero por riba de todo e como utopía:

O facer ben, o ter un claridade nas actuacións, o dicirlle ó pobo os problemas que temos, o que non logramos e o que queremos lograr, todo está escrito…. «Luz e taquígrafos», non hai máis, ¿cál é o problema?, ¿que te engañaste alcalde?, pues lo dices, así como saliste en el semanal para hablar de tu labor en los incendios, puedes salír en el semanal para hablar de tus equivocaciones, ¿por qué no?,… ¿acaso no eres humano?…. O …
es que ¿no quieres ser sabio?,…. recordoche que rectificar é de doctos…

Da igual «¿quén?», «paspi»… o importante e o «¿cómo?», Partido popular, PSOE, ACP… a min dame igual, eu gano o mesmo con calquera deles, o que non pode ser- e iso é o criticable dende esta óptica- é a INDIGNIDADE E A BURLA, o engano aos que estamos fora do fío político do pobo,

A puñetera Lei de réxime electoral, que é Orgánica, había de trocar, os mandatos, 8 anos, e despois… ¡¡¡pase el siguiente!!!…. ¿Por qué ese afán de quedarnos amarrados á poltrona?….Algo tén que ter…

Je suis fatigué.

Boa Noite.

fru · 11-01-2007 a las 23:57

Non entendo Paspallás porque no teu comentario me defines coma «nacionalista» se non estou afiliado a ningun partido (nacionalista ou calquera outro). Tampouco pertenezco a ningunha executiva de algún dos partidos políticos existentes (local, comarcal) polo que descoñezo que pretendes de min…
¿Queres saber a miña opinion e-ou falar de política, coma con calquera outro veciño? O tes moi facil… Poste en contacto conmigo, quedamos un dia nun bar e falamos.
Esperando ese momento, ata cando queiras.

Paspallás · 12-01-2007 a las 00:55

Primeiro Tilan: alégrome de verte voltar a páxina, por un intre pensei que ias abandonar, co que perdíamos todos. Con todo non comparto as úas opinións, Maneiro non e un gran político máis ben e un gran inimigo como sexas contrario a él (pregúntalles aos do PSOE, ou aos do BNG de Valga), non lle chega a Sabariz coma político nin polos xeonllos, Sabariz non leva impresa esa maldade que caracteriza a casi todolos políticos cando os criticas, exemplo telo no noso Angueira coa campaña que está a desenrrolar para o desprestixio persoal de Dn Luís Angel. Con todo tes pendiente explicitar unha tendencia política con respecto ao pobo, xa que ata o de agora solamente amosas a tua vertiente afectiva hacia o noso Dn Luís Angel.
Meu ben querido e respetado Fructuoso, as tendencias políticas dunha persoa poden manifestarse de duas maneiras, polo seu «modus vivendi» ou polo seu «modus operandi», e por todos coñecido que non estás afiliado a ningún partido pero ten en conta que tamén somos coñecedores do teu «Modus vivendi».

Tilán · 12-01-2007 a las 07:54

Paspallás, paspallás pareces o administrador da conciencia desta páxina, levas uns días de máxima actividade, xa mirei a fase da luna, e non entendo a razón de tanta hiperactividade. ¡¡¡Cálmate un pouco!!!.

Protección ao don Luis Angel, si, e non, eu querido contertulio sonche da exxxtremmmma dereita no campo de fútbol, na política hoxe pouca cousa se pode facer….teño que protexer ao meu equipo e o don Luis Angel pode ser un bo socio, para situalo en primeira liña de campo, encaixa ben os golpes, labor que lle fixo a Angueira (así acabou o conto) co cal hai que telo mimado e contento.
Efectivamente e agardo non enganarme, porque nunca se sabe, estou dacordo en que Don Luis Angel á vista non ten maldade, esa necesaria para maltratar ó adversario …. Tamén dis moi ben cando falas do sistema de propaganda do noso «xefe do pobo»…. a mentira dita moitas veces acaba sendo veritas…. eso xa está escrito fai moito tempo,…. neste caso materializase en «Está tolo» que repetido moitas veces….haberá quén o crea…. e tamén se materializa en «Está sólo, llanero solitario»…..eso dito moitas veces….. Pero non se di o mesmo de dona Maribel, tamén está soa, pero parece que non preocupa tanto a nivel institucional, ou é que está fichada para o novo equipo, ou é que non fai tanta pupa, coma o don Luis Angel, que por certo, Paspi, ti non sei para que enroscas a don Luis Angel, no quererás fichar para o teu equipo…acabas de botarlle un piropo , e xa non é o primeiro, ¿que pretendes?…

De todolos xeitos, «paspallás», non é este o xeito da páxina, hoxe resposto por cortesía (de verdad) pero eu vexo eiqui outra cousa, i é que nesta noticia, que xa nin comentamos, o trascendente é a violación do dereito de información, algo que está recollido na nosa Constitución, e desenrolado como acceso a expediente no ambito xurídico local, ese é o gran tema desta noticia.
A transmitir ao pobo de Pontecesures, digo, iso é o que os veciños deben coñecer, que se violan, ou se soslaian dereitos importantes, por parte do noso alcalde, cando non ten razón para facelo, se quere traballar cunha política limpia, esta é a campaña electoral, ¿porqué o oscurantismo, se non hai nada que agochar por que negas ou pós impedimentos para o acceso a esa información.

O Don Luis Angel, é quen denuncia estes feitos, ¿quén o fai nesta páxina a parte da súa agrupación,…? Ningúen…. Se por aquí aparecera dona Maribel denunciando os mesmos feitos, ou outros feitos, ou se aparecera don Oscar Gerpe, ou o portavoz do Partido Popular, eu non dubidaría en plaudirlles do mesmo xeito…. ¿a quén temos de políticos nesta páxina? , e inda por riba ao que temos machacámolo… que queres que che diga….

Pasp… e ¿tí eres culé ou merengue?

Bo día.

Paspallás · 12-01-2007 a las 09:35

Tes, Tilán, moita razón en unha cousa, Dn Luís Angel supera con creces a todolos políticos locaís en capacidade, tesón, ansia, traballo, dedicación, pero o que máis valoro e a súa resignación e a súa bondade pois atácano nas cousas máis entrañables como e a súa familia e segue na mesma linea de adicación sen inmutarse. E de unha materia especial.
De maribel non acostumo a falar porque a considero insignificante, e máis si tivera algo de vergoña retiraríase pois as súas intencións vense claramente, prima o interés personal e familiar.
Oscar Gerpe paréceme un pobre diablo, amaga pero nunca da, e dificil vivir con este condicionante, dame pena.
Randulfe ten dabondo cos líos internos político- familiares, conque sobrevivva doume por satisfeito.
De Angueira pouco podemos dicir, todos sabemos os fluidos que sole amosar, dependendo do interlocutor, é un individuo que non ten escrúpulos en desprestixiar a nadie sobor de todo cando fala con xente apoucada, este home ten a virtude de amosarse coma unha persoa afable, encantadora dende un fondo malvado, retorcido e malicioso; eu diría que ten dobre personalidade (con permiso da Psicoloxía).
Por certo gostame xogar no centro do campo, e metade branco metade blau grana.

fru · 12-01-2007 a las 15:59

Agora si que me desconcertas, veciño. O meu ¿»modus vivendi»? ¿Levo acaso escrito na frente «Vota ó BNG»? ¿Sabes que lle pedise a alguén o voto para ese/ u outro partido nestes ultimos anos?
Por suposto vivo do meu traballo, que é para o Concello, pero nel, non te quepan dudas que NON FAGO POLITICA, e que atendo a calquera veciño por igual, sen pedirlle carnet de ningún partido político, nen darlle instruccións para que vote a «tal ou a cual» partido.
Para finalizar pola miña parte, e sabendo que cada veciño ten dereito e liberdade para ter unha opinión propia sobre min, e que non lle podo caer ben a todo o mundo, quedo a expensas de que me aceptes a invitación para falar mais polo miudo ¿Queres privacidade e que non diga quen eres? Garantizocha. Hasta entón espero que me sigas respetando e querendo coma dis.

kkklan? · 12-01-2007 a las 18:26

…pero ten en conta que tamén somos coñecedores do teu ??Modus vivendi?.
Agora ata temos ameazas. Isto vai de mal en peor.

kaka-tua · 12-01-2007 a las 18:49

Para Sabariz e Tilán….
Sabariz, que coñero eres. Ademais de debatir e rebatir o fas con sentido do humor… Home de seguros me preguntas… E nin seguro estás de si son home!. De tódolos xeitos non, eu non vendo nada, así que estate tranquilo, nin che vou envidiar nada do ??continente? nin son ??vendedor?.
Ademais a min non me tes que dar ninguna sorpresa. Dalla ó pobo de Pontecesures, e ó alcalde, e ó BNG… De momento estás ahí ti só, pois o grupo ACP brila pola súa ausencia nese escenario que é Pontecesures.
Bueno, agora en serio. Se queres dar a sorpresa, ¿crees que podes facelo ca imaxen que estás dando de solitario, etc etc etc.? ¿Qué crees, que eso non cho están aproveitando os teus rivais/enemigos políticos para destacar ese feito, que «non tes grupo q te apoie? ¿Neste tipo de actos crees que vas lograr algo poñéndote a figurar/traballar enrriba do palco (tal e coma me contaron), ou pola contra lograrías mais que toda a tua xente (3, 10, 30 cantos mais para ti mellor!!!) estiveran contigo ó teui carón e falando cos veciños do pobo. ¿tes ese poder de convocatoria entre os teus? ¿van dar a cara en actos públicos ó teu carón?).
Adoctrina, evanxeliza, conta, relata, ou sinxelamente fai política. Pero recorda que a rede busca estreitar e afogar. ¡E ollo! Que ás veces pasarse tamén é malo e aburre. Por eso vou deixar esta conversa aquí contigo. Aplicate o conto. Escoitase moito tamén o de que ??dende que Sabariz saiu do goberno, todo o que antes era blanco, agora é negro! E te sinalan a ti…

E non Tilán, non me contradigo… relato o que vexo e/ou me contan… ??galeria? fanna os do BNG e ??galeria? foi o que fixo Sabariz…. a quen lle gusta moito ??facerse notar? en calquera acto público. ¿Sacará petroleo (votos) deste xeito?

Eu creo non estar confundido… dixen ??menos continente? e ??mais contidos? conscientemente… Polo demais suscribo totalmente o que ti dis cas miñas palabras e ó meu xeito… como levo meses facendo. Nese tempo teño denunciado de moitas maneiras o xeito tan «democrático» de dirixilo concello que ten Angueira, e sabendo quen é o persoeiro estou dacordo no de «home de 2 caras». Só digo que polo menosprecio ó pobo e á democracia, por manupulador, liante, mal xestor, etc etc etc. ??Molulo? non se merece os 6 votos desta familia.

Vou descansar.

fru · 12-01-2007 a las 20:09

Non entendo que queres decir «kklan». Así que non opino do que non sei. Dende logo, eu non amenazo a ninguén.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-01-2007 a las 20:25

Home «kaka-tua», hai que ser un pouco serios. Non ía levar aos da miña lista en piña á cabalgata. Cada un andará ese día a súa vida. Reitéroche que non te impacientes.
Parece que consideras que a cabalgata é un puro teatro e que subín ao palco para figurar. Non todo o que fago na miña vida ten que ter unha interpretación política. Levo moitos anos colaborando coa cabalgata porque é unha festa entrañable para todos. Dende logo votos neste evento nunca pedín ningún.

Paspallás · 12-01-2007 a las 23:01

Fructuoso, eu dixen que eras nacionalista, non do BNG, e agora liaste a discutir e a xustificarte. Ten moito coidado, os servizos de espionaxe de Angueira están moi atentos a estos comentarios. Non vaia a ser que te leven a votar por correo

fru · 13-01-2007 a las 00:37

Paspallás dis moitas cousas, pero penso que as miñas ideas non creo que ti as sepas. Agora ben, dunha cousa estate seguro: A min ninguen me leva a ningun lado, e menos para que alguen decida por min á hora de votar. Non foi antes para que empece a ser agora. Pero bueno, deso teremos tempo de falar cando aceptes a miña proposta que espero, teñas claro aceptar, coma tes claro que son o que son.

Tilán · 13-01-2007 a las 13:48

Administrador, esto está feo, de aquí a maio…. Pero bueno, libertad, en cuanto no se convierta en libertinaje. (Dixen).

De «La Hermana Mayor» oriunda do Pacífico Sur, aínda que agora habita no Atlántico Norte (eso quere dicir que cambiou, pasou do cono sur ó cono norte) podemos sacar cousas boas para o Don Luis Angel, a pesar de que no fondo subsiste un resentemento por mor da antigua alianza Sabariz-Angueira, que poucas veces esquece a «irmá maior» e que en moitas das súas intervencións explicíta. Por certo o dos «seis sufraxios» é algo que debe ter pegado na pluma ou na virtual do editor de textos, xa que esa cifra non falta en ningún escrito.

Mensaxes de axuda para un «Político solitario» da esta «ave pacífica» dabondo, sííí de axuda, porque é unha crítica constructiva da que o «llanero solitario» vai ter que tomar nota, don Luis Angel xa o vexo a vostede fletando, alquilando, un autobús, e a rondar as rúas de Pontecesures, que é a reina dos Anxeles, autobús pra carreiras-barosa, que é a festa da lamprea, equipo pra festa da lamprea… e así ata chegar a maio, daquela «Autobuses Bustelo» ao completo, para «voto transporting»…

A marxe da gracia hai que recoñecer que, sí pode o don Luis Angel dar esa imaxe, ou de feito a da, pero non sei por qué ten que ser mala, se ollamos pra do PSOE en Pontecesures, me pregunto ¿ten imaxe?.

A imaxe do meu Partido Popular, ¿está configurada? que detrás hai unhas siglas que parece que enchen, pois pode ser, pero non deixa de ser virtual, nin na cabalgata…non sei pa que pago a cota.

A imaxe de dona Maribel coa súa I.P. ¿onde está o seu dream team?;…(in the barcarola band?)

? que «Hermana Mayor», desde este curruncho, ás veces parece que o don Luis Angel te castigou cando estabas no pacífico, pero de repente coido que as túas verbas, non se han de entender malas para o político en cuestión, por unha razón sinxela, é boa a túa análise e constructiva para ese «home descolgado do governo corrupto».

Eu, que non lle debo ren, sigo a entender que foi unha retirada a tempo, de ahí o xabón pra o don L.A. !!!fartouse¡¡¡¡, e doulle ultimatum…rompeulle o governo a Angueira, e os beneficios que delo obtiña, outros non foron quén de espetarlle unha moción de censura…. (que yugo no llevadero y que carga pesada)

Se o Luis Angel fora un jorxón, seguiría aturando o que lle botaran, pero non o fixo, aplicoulle a cartilla, ainda que noutro contexto de «I WANT TO BREAK FREE»

«»»Angueira tí de mín non te rís, do pobo pode ser, pero de mín non»»». Isto quen teña ollos, véxao

Bueno pois a todo isto, hai que darlle un aplauso, está moi ben esta crítica instructora, que lle debe servir para tomar nota a don Luis Angel.

Coido que a don Luis Angel gostalle traballar sólo, pero iso non ten porque ser un defecto para a política, pode ser q teña que traballar sólo, porque poucos lle aguantan o seu ritmo.

Lóxico, como iban a seguir convivindo no governo se, nunca mellor dito, o «modus operandi» é totalmente contrario, o Sr. Don Luis Angel curra coma un deseperado, e o dono da «ex Rúa nova» agora ten outro nome…, está acostumado a que lle fagan o seu traballo….

? algo estudiado o feito que detrás de individuos públicos,hai un motor oculto, un currante que lle fai o traballo, o don Luis Angel coido que traballou gratis para ninguén, e agora quere retomar esa labor da que él foi «auctor» …»

«»»Sabariz, mihi auctor fuit»»», diría Angueira no seu interior… Ayyyy Moluliño!!!! co ben que estabas, e mordeches a quen che daba de comer, ¡¡¡¡que ganas hai de rascar o …nariz!!!!

Bo día.

Vaticanista · 13-01-2007 a las 16:22

Animo na túa loita Sabariz que eu creo en tí. Tes que lembrar aquelo do filósofo Ortega y Gasset que dí: En cuanta haya alguién que crea en una idea, la idea vive.
Non creo que coñeza a frase o filósofo Angueira. Ao mellor cando prepara as oposicións……

Latín-Quasi-Retro · 13-01-2007 a las 21:05

Muy bueno «Tilán» tu comentario. Tes uns razoamentos demoledores.
O que non sei e se cobrarás algo por esas loubanzas ao político Sabaríz.
Pode ser que xa empezara a inversión económica na propaganda política para as vindeiras eleccións.
De todas formas hai que admitir que este Sabariz copa a páxina, é o centro de atención aquí se lle critica, se lle alaba, entre él e o alcalde está a chirimolla montada, non sei si no pueblo, se respira o mesmo derby: Sabariz vs Angueira. Desde logo Angueira como decía «Tilán» levou un pau de cojones, o único que lle fixo frente e puxo ó alcalde no seu sitio, foi o Sabariz (Don Luis Angel), desmontoulle o tinclado, certo parece que si quisiera aprovecharse seguiría no concello, pero rompió, para eso hai que tener suficiente valentía, otro seguramente se deixara ir.
Ahora que si o pueblo toma nota Angueira non debera repetir como alcalde, por deixado, por mentir e por manipular as cousas…

Paspallás · 13-01-2007 a las 21:35

Cuidado Latín-Quasi-Retro; Angueira e un experto en convencer a xente, non dubida en utilizar calqueira método incluido o desprestixio persoal (recordar insultos a Sabariz), a xente que se poña as pilas xa que ten convencidos a moitos para a causa. E incrible que xente coma Isabel a de Chaves, Moncho o da ferretería, Pepe Portas, o Rubio de Condide, David Sexto (por interese e conveniencia), Mon o de Porto, Pepiño o de Portarraxoi, Manolo Castro, e outros estén coa «causa» de Angueira e vanlle prestar o apoio nas vindeiras eleccións. Esto non se explica salvo que os teña enganados, esperade a que o coñezan!!! van sair chamucados.

Latín-Quasi-Retro · 13-01-2007 a las 22:10

Se chega a vir o difunto e ve a Rubio de condide, pepe portas (pepe o da jarsia), cacharro e familia, o sobriños de carme a sapateira votando polo Bloque, pejalle un ataque e volta pra tumba.

¡¡¡Ao que se cheja!!! carallo, canto resentido había, mira ti a quén foron votar, ¡¡¡Hai que foderse!!! Menos mal que aínda queda xenta coma dios manda,¡¡¡cánto cuentero!!! oijan esos do pp, levádelo claro. Ainda bo é que Carme a jarasa xa non ten forsa, senon ibaos poñer a andar, dijocho eu «paspallas». Aínda llo perdoo ao cacharro,o mon o picafolla´, ao fillo de américa (que tén que comer) pero os enterados: pepe o da jarsía e o rubio de condide, eses dous deberalle de apareser a fijura do difunto e que lles botara unha boa bronca por falsos e desertores da causa, ¡¡¡chaqueteros!!! pasaron do partido de Fraga pra o partido do Beiras, estes son dos que van nun saco e veñen nun sesto. Ainda que tan enterados como están saberán ben o que fai o Angueira, polo que sejuramente votarán a Maribel… (vaiteeeeee) ou a Randulfe, por que a Sabariz teñenlle medo, é moi listo, e dous listos non poden estar xuntos. Pepiño o da jarsía e mailo Rubio de condide,…. hanche de ser os topos do Conde da Rúa Ullán… e van coma 8 meses sin lus nesa Rúa, ¡¡¡¡QUE MÁIS DA!!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-01-2007 a las 16:19

Vaime caer a baba con tanta alabanza. «Paspallás», mira que fas elucubracións sobre os apoios de cada quén e citas nomes e máis nomes como se isto fose unha sección de cotilleo. Cada un, co seu voto, tomará a decisión en maio e punto

kaka-tua · 14-01-2007 a las 21:16

Ja ja ja ja Tilán. Fixome moita gracia o teu comentario no me que situas actualmente no ??atlántico norte?. Polo menos non me pos polas nubes, ou saltando de rama en rama…

? longo de meses levo dito que, o que imos cambiar os desta casa é o noso voto, pois coma en moitas casas votamos para as municipais a quen creemos mellor para alcalde, sexa do partido que sexa. Os votos que foran para o BNG, xa que creimos aquelo que dicia Angueira de que con Sabariz e Gerpe todo eran problemas por culpa deles.
Neste tempo, sempre creo que con correccion e sen insultos, manteño unha postura sobre Sabariz.: a de que foi un ??oportunista político?. Saiuse do goberno non cando abriu os ollos, senón cando creeu que lle interebasa de cara ás seguintes eleccións.

Tamén en numerosos comentarios teño definidos ós responsables dos outros partidos políticos (un PP abrumado polo seu pasado ??glorioso? que camiña cara o barranco…, un PSOE que non supo xogar as suas bazas e cun lider actual, Gerpe, acabado para a política; e unha Maribel ??interesada? sempre aspirando a meter o fuciño en todo.

Si me paro mais con Sabariz e por 2 razóns: porque é o único político que xeñera comentarios nesta páxina (non me parece mal, ollo. Polo menos da a cara), e pola sua traxectoria política. Pero SEN resentementos. ¿Bo político, mal político? Cada un temos a nosa opinión… Oxalá non te equivoques na tua decisión, coma esta familia se equivocou con aquel home, chamado ??Molulo?. Sentímonos ESTAFADOS.

Pois si, párome a darlle consellos porque non me parece ben o que queren facer os do bloque, de ahí que o puxera o comentario da ??telaraña? . Ademais EU non cuestiono como fai Sabariz a precampaña, por min que faga o que queira. Só digo como o atacan os seus enemigos políticos (eu non o son) polo feito de andar só en actos, e a súa política de ??camiños e tabernas?. E se se lle quero dar estes consellos é pola razón de que non se merece Sabariz, (ollo ó que digo!!!), quedarse fora do panorama político logo das eleccións. E cada vez mais os do BNG me convencen do uso partidista e descarado que fan dende a sua postura de ??goberno? ¿Goberno, que goberno?.

Polo menos foi vostede claro Tilán, sobre o seu pasado, polo que inda paga cuota. ¿Para que? Ou mellor dito, ¿compensa pagar para ver este espectáculo lamentable?

Tamén creo que vou ir parando, coma hai un mes. Uns días non pasou nada e so leia, sen intervir. Xusto o que vou facer dende agora. Falar por falar aburre. Así que intervirei cando suceda algo destacable de verdade (o gasoil, candidatos dos partidos, as grandes ??fazañas? do goberno municipal, etc,).

Total só son 6 votos…

Tilán · 14-01-2007 a las 22:27

Tes razón en todo, menos nunha cousa, na que non te dou situado, e ti a mín non me convences do contrario.

Se o muchacho don Luis Angel fora «oportunista político» coido que seguiría á sopa con Angueira, e intentaría sustituílo.

¿Que tallada vai sacar o «político solitario» poñéndose a fronte dun grupo que como ti dis prácticamente non existe, non dis que está solo, que é un Llanero Solitario?

Que se descolgara do governo para insertarse nun grupo político forte con previsións de tragarse a Angueira nas vindeiras de maio, entenderiao, pero baixo unhas siglas como ACP, non entendo nada. Non ten sentido. Non o ten. ¿Qué é a ACP ó día de hoxe, excepto ser a cruz de Angueira a nivel de darlle leña mediática? Non é nada en canto a proxección politico-xeográfica.

Polo tanto dicir que don Luis Angel é un «oportunista político» co argumento que esgrimiches non ten sentido, non o ten porque sae de guate-mala e vai pra guate-peor. O mellor saelle ben, a xente valora a súa labor, valora a denuncia que fai do desgoverno e apoiano, pero haberá xente que se quede anclada coma tí «Hermana Mayor»;;; e digoche eu que non hai moito máis; xa que ¿pra onde miras neste concello politicamente falando «ave pacífica»?,… pra ningures….este muchacho ó que lle damos caña todolos días é un sufrido, aquí o temos dalle que te pego, xustamente como dís tí él solito, sen gardas, nen escoltas, sen siglas de renombre, sen apoios de politicos de talla,… témolo en Pontecesures e fai máis ruído ca o resto das agrupacións políticas do pobo xuntas…

Gracias Administrador, pola permisividade, e dacordo «rara avis» o conto xa está tratado, e cada un ten a súa teima, hai quén baixa do carro e hai quen nón, aínda que penso que é bo reconsiderar posturas. Non todo o malo é tan malo, nin o bó ….

Por certo os seis sufraxios siguen pegados á pluma…

Ahhh! e ese partido popular tén que saír adiante, senon esta o pobo perdido, ¡¡¡Que fichen o home de Victoria a Spice girl, ese que dín que é Galáctico!!

Un pracer…

Boa noite.

Paspallás · 15-01-2007 a las 01:23

kaka-tua tes que seguir potenciando esta páxina que é seguida por moitisimos cesureños e cesureñas. Eres un gran creador de opinión e hai quke seguir a criticar aos políticos cando erran para que espabilen.
Grazas aos teus comentarios coñecemos un pouco máis a ese MOLULO travestido, a esa Maribel aproveitada, a ese Oscar inoperante, a ese Randulfe ensimismado, a ese Sabariz loitador pero ingenuo….

kaka-tua · 15-01-2007 a las 19:34

Tilán é moi facil de explicar: ten un punto de ??ironía? que Sabariz acuse de ??oscurantista? etc etc etc a Angueira. ¿Por qué? Porque o comportamento político de Sabariz tivo algo de «extrano». ¿En que me baso para afirmar tal? Retrocedamos a finais de 2004:
– Angueira ofrecelle a Maribel entrar no goberno. E ela acepta, pedindo entre outras cousas, a responsabilidade de Obras, que era cousa de Sabariz.
– Sabariz leva ese pacto a unha reunión do seu grupo: ACP se chamaban.
– O grupo POR MAIORÍA dille a Sabariz que ??nai nai de la china? se Angueira quere estabilidade que a busque, pero que non sexa a costa de ceder protagonismo por parte de Sabariz. (O resultado daquela votación teño entendido que fora 7 a 3, ¿ou era 7-4, Sabariz?.
– Según me contou alguén presente, eso sentoulle mal a este ??demócrata? Sabariz, a pesares de que os propios do grupo lle avisaron que ese pacto lle ia acarrear problemas con Angueira e Maribel.
– ? final Sabariz fixo o que lle dou a gana (coma case sempre) e o grupo ??escachou?. Eso si, en prol dunha «gobernabilidade», e de acadar cousas para o pobo (esto dito aquí mesmo meses atrás cando debatin co propio Sabariz).
Hasta aquí Tilán todo está contratastado… incluso lembro unha carta pública nos diarios dun membro do grupo ACP que denunciaba o ??respeto pola democracia interna deste Sr.?
(AS HEMEROTECAS EST?N PARA RECORDAR)
Agora, a miña opinión persoal é que fixo todo eso para poder figurar coma un dos que logrou clausurar o vertedoiro de basura en Condide (canto alardeaches e cantas chamadas ós vecinos fixeches Sabariz!!!); un dos que abreu a guardería (que ben quixeches quedar diante dos pais) e un dos que logrou a obra do náutico (nunca ese club pensara xerar tantas noticias extradeportivas!!!).
Ahhh, pero en canto Angueira colleu exclusiva, e andaba todoo dia a facer política polo pobo…. e Maribel cobrando do Concello, E CA EXPERIENCIA DAS ANTERIORES ELECCIONS, (se lle seguia a ??sopa? a Angueira) ONDE FOI O BNG O QUEN RENTABILIZOU EN VOTOS O TRABALLO DO ANTERIOR TRIPARTITO… este señor (Sabariz) dixo: HASTA AQUÍ PODÍAMOS CHEGAR. ??TI, ALCALDE,,O TRABALLO E EU A DENUNCIAR O QUE ANTES VEIA PERO CALABA PARA DESGASTARTE…?

¿Licito? Si. ¿oportunista? Eu penso que tamén… pero cada quen que pense o que queira.
(Esto non confundir co comportamento ??democratico? adoptado por Angueira, onde non se toman represalias con Ángeles Barreiro, onde non se bota do traballo á filla de Carlés, etc etc etc; e onde a nosa ??smallville? está gobernada modelicamente (Quin dixit).

(Quede claro como teño dito, que nin fun votante da ACP, así que pouco resentemento podo ter. Pero a palabra ??democracia? a estas alturas da función foi tantas veces ??arrastrada polo fango? que perdeu o seu significado…)

O que é triste, e pouco di dos outros políticos da oposición (Gerpe-Daniel, Randulfe- Souto) é que agora Sabariz poida pensarse que é o gran ??salvador? que o pobo necesita.

Eu son só unha voz anónima que falará cando toque.

Punto pataca.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-01-2007 a las 20:24

De cando en vez «kaka-tua», voltas coa mesma historia. Xa expliquei o que pasou cando posibilitei a gobernabilidade en outono de 2004 e sigo opinando que foi moipositivo para o concello e para os veciños. Non debo entrar en temas internos do que se falou neses días polas persoas que foran na lista da ACP presentes ou ausentes nas reunións (hubo varias) das que falas. Mira, eu non son o salvador de nada e o da retirada das exclusivas non foi por oportunismo. As razóns foron expostas con claridade en tódolos medios (non se me deixaba traballar na miña concellería, houbo contratacións de persoal irregulares, non podía realizar xestións, se me pechaban os despachos, etc..). Cando eu formaba parte do goberno nunca houbo obscurantismo pola miña parte, contestaba á oposición en tódolos plenos, podían consultar a documentación, etc.. Logo ao ser expulsado veuse a verdadeira cara do alcalde e do BNG conmigo e coa oposición en xeral e afloraron temas desoñecidos para min (comidas con acompañantes sen identificar, comidas cos cartos da chatarra, consumo imposible do patrol de obras, cambio de pechaduras, favoritismos nas contratacións de persoal, non comparecencia en plenos, non contestación das preguntas, documentos para particulares de Rianxo elaborados pola asesoría xurídica do concello e moitísimas cousas máis que xa foron detalladas neste medio).
Naturalmente que acepto a túa crítica e aquí estou dando a cara. Claro que cometín erros e se algún membro dos que foron na lista da ACP está molesto conmigo pois pídolle disculpas. Sempre agradecerei que deran a cara apoiándome como número 1 da lista, e diso, independientemente das diferenzas que poida haber, no me esquecerei nunca.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-01-2007 a las 20:35

Por certo, non sabes ti ben «kaka-tua» a cantidade de xestións que se fixeron por ACP no outono de 2004, para que en lugar de IP entrara no goberno o PSOE (como era a nosa vontade). Houbo dúas reunións (unha na Casa do Concello e outra no Centro Social) e os socialistas non aceptaron. Asistiron varios membros do BNG local, do PSOE local e da ACP. O alcalde non foi a ningunha delas e prefería claramente o pacto con Maribel Castro que con Oscar Gerpe.

Tilán · 15-01-2007 a las 22:24

Xa vou vello pra estas cousas pero falei cos vesiños e dixeronme:

«Hermana mayor» se non lle tes ganas, pareceo.

Calquera veciño que lea esta páxina e vexa os «strikes»? (ataques) que o páxaro presuntamente pacífico, lle dirixe ó portavoz de ACP, pensará a bo seguro: ¿Que tén esta «ave» en contra daquel pacífico político?

Xa que calqueira que sexa o xeito, sempre lle arremangas un picotazo ao don Luis Angel, daquela os lectores xa se están preguntando ¿por qué?

Por… qué causa?, Por …qué razón? dime, dime porqué, dime porqué motivo, dime porqué razón?.

Imos ter que falar cun Psicólogo, porque xa me parece que podemos fixar a existencia dunha relación Amor-Odio.

Agora según as túas verbas non estamos a aconsellar ao don Luis Angel, nin a poñerlle en coñecemento as estratexias utilizadas polo BNG de cara as vindeiras eleccións….

«Hermana Mayor» en este último comentario estamos a petarlle duro ao don Luis Angel, lembra que él non governa, e non pretendas volver ó conto de cotío, que xa cho leín varias veces,….

O corte no suministro eléctrico de don Luis Angel para con Angueira, veulle dado pola actitude do INDIGNO, que non soubo convivir con un tío máis listo ca él, similar reacción, a mesma, e por un político do mesmo talante que o de Angueira, no concello da «LE?A VERDE» You Know Big sister?, alí negouselle igualmente o acceso a despachos, o membro disidente, xa estou temendo que sexa un andazo nos membros do BNG, estereotipo do frustrado reaccionario, que en vez de ser intelixente, reacciona coma os animais, «ao bestia».

De ser outro Angueira quedaba como un cabaleiro… ¿Que queres Sabariz?, e Angueira tiña que aplicar «luz e taquígrafos» …. e contra diso non hai nada que agochar…. pero non poido facer tal cousa.

Para a túa información sería bo que te fixeras coa acta do pleno de 13/02/2006, nese momento é cando o Alcalde fai público o seu argumento….. que é o do jumento. ? dicir ningún,,,, non tivo explicacións para as consultas de don Luis Angel…

De boa fonte obtiven, e xa non so da fonte senon que na «hemeroteca» como ti ben dís, non hai que tirar dela cando fai xeito, senon tamén cando non o fai.

Se os veciños len a prensa de meses anteriores a celebración do Pleno da retirada da «dedicación exclusiva» de Angueira, vemos que:

Don Luis Angel levaba amagando, avisando, preguntando ao Sr Alcalde o por qué da súa actitude, negándolle acceso a expedientes, portas fechadas, etc…. XA CHO DIXEN NO MES DE SETEMBRO-OUTUBRO «rara avis», e segues coa mesma….

Antes de atacar o Sr. Sabariz adivirtiu por alto por baixo, por ACTIVA e por PASIVA ao señor alcalde, nos medios de comunicación, que lle iba retirar o seu apoio na dedicación exclusiva, o Señor Alcalde que é medio ZORRO digo SORDO non fixo caso,… e XA CHO DIXEN O OUTRO DIA,

O don Luis Angel TIVO A VALENTÍA de decirlle a Angueira ata aquí chegamos, e CORTOULLE…

Non foi oportunista, NON CHE QUEDOU CLARO, se fora oportunista embarcaríase nunha empresa de maior calado, meteríase nun PSOE, nun PP, en algo, pero non en NADA.

Estaslle buscando o xeito, e non hai xeito, ¿meteu a pata?, metería, non che digo que non , PERO NESTE ASUNTO FOI DETERMINANTE, avisou e clavou, un CABALEIRO, outros non son capaces, nin teñen estilo, nin saben facelo, este «político oportunista» según vos «big sister»……

¿Que proveito obtivo?

NINGUN PROVEITO. PROVEITO ZERO.

Angueira tivo medo, de ahí esa reacción de «vulpes» (RAPOSO ENCERRADO), o primeiro que fixo foi pechar portas, MAL, denegar acceso a información….¿qué medo tiña Angueira? NON FOI QU?N DE CONTESTAR AS PREGUNTAS….

Quedacheste na retirada da exlusiva e non andiveches máis….que queres que che diga «AVE AMIGA»… e estás, e daslle, e veña, e vai, e non vas descabalgar ao «coñecemento» neste asunto, busca outro, pero neste non hai que facer…

Bye.

Paspallás · 15-01-2007 a las 22:30

Tilán decádate que xa estás a falar cun psicólogo.

kaka-tua · 18-01-2007 a las 20:47

2 cousiñas nada mais:

– Nin Sabariz resposta á única pregunta clara que lle fixen: o resultado daquela votación interna e democrática cal foi? 7 a 3? Ou erades 4 os que estábades a favor dese pacto no 2004… Houbo democracia naquelo? ¿Viches a Zapatero recoñecendo a sua ??cagarruta?? So cho pregunto por última e derradeira vez ¿foi unha decisión democrática (ca mayoría do seu grupo ACP) ou non?
Porque o teu discurso e o meu non se encontran Sabariz, pero é facil respostar a esa pregunta: O resultado da votación asamblearia democrática, por favor.

(O que pasou despois cas exclusivas e tal. foi parte desa representación prelectoral, pois dende aquela so se fai política pensando en maio 2007…)

– Se Sabariz non se embarcou noutra empresa, coma dis Tilan, non foi porque non lle faltasen gañas, senón porque Oscar achantou… E quedei moito mais atrás no tempo, xustamente no seu comportamento ??democrático? para cos seus.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-01-2007 a las 12:16

Non me tires da língua «kaka-tua» sobre as interioridades das reunións que tiveron lugar en outono de 2004. Se ao final presumes xa de estar enterado. Home pódoche facer algunhas precisións se asistes ao convite que che fixen para tomar o famoso viño na miña casa. Incluso poderemos comentar aspectos interesantes que se están a falar nestes días (cabezas de lista, composición das mesmas, apoios de cada quén, etc…). Considérasme un «animal político», como se pensara sempre en iso nas miñas actuación. Rexeito iso, non podemos vivir nunha representación permanente como dis.
Senón bebes viño, collemos un pouco de auga fresca alí ao lado, na fonte de Zabala. Bueno, preguntareille antes ao compañeiro de corporación Oscar Gerpe se é potable pois dende que deuxou as funcións de goberno non se analizaron as augas das fontes segundo manifestou o concelleiro socialista no último pleno.
Unha aperta para todos.

kaka-tua · 21-01-2007 a las 14:43

Pides seriedade cando me tomo a «coña» certas cousas tuas, e logo o «coñero» eres ti… ¿Auga, viño? que mais da… O importante era a votacion democrática, e ahí non me aclaras nada. Intuo que quen estivo alí non mentiu cando dixo que NON O PACTO = 7, Si O PACTO = 3 ¿ou eran 4?. ¿Democracia? Ja ja ja…

(Por suposto, houbo pacto, e logo… paos)

Xa que non me aclaras o resultado, dime se polo menos e visto o cariz dos acontecementos despois, TI pediches perdón. Eso, alomeno, diferenciaríache dos que ti denuncias…
En fin…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.