Imaxe: Grupo de Gaiteiros Algueirada – Festas do Patrón
foto do Grupo de Gaiteiros Algueirada do pasado día 7/01/2007 día do Patrón (San Xulián)
á saída da Misa.
De esquerda a dereita: Miguel, Adriana, Lorenzo, Carmen, Isabel e Rita.
foto do Grupo de Gaiteiros Algueirada do pasado día 7/01/2007 día do Patrón (San Xulián)
á saída da Misa.
11 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2007 a las 13:53
Noraboa pola actuación aínda que no pasarrúas houbo algúns problemas coa choiva e co tambor de Lorenzo. A intepretación do himno galego nos primeiros bancos da igrexa na consagración foi realmente impecable.
Miguel Castaño · 9-01-2007 a las 20:42
Parabéns para os compoñentes (Adriana, Lorenzo, Carmen, Isabel e Rita). Foi unha actuación especial pois era o primeiro pasarrúas de Isabel co Bombo e Carmen e Lorenzo (8 anos) co tambor.
Ten para min especial importancia que estes compoñentes tan novos se animen un domingo pola mañán a madrugar para tocar música tradicional e facer a súa aportación para que non se perdan as costumes ?
A actuación na igrexa superou todas as miñas expectativas. ??Tocar a alzar? como se coñece entre os gaiteiros ten a súa complicación, sobre todo en afinación, pois non é posible afinar os instrumentos xusto antes de tocar debido claramente a que non se pode interromper a misa, e ese tempo é demasiado longo para instrumentos de madeira aos que lles afecta sumamente os cambios de temperatura e humidade. Polo tanto sempre tes algo de incertidume sobre como vai a responder o instrumento. Tamén hai que ter en conta que con ese silencio que existe na igrexa calquera pequena desafinación ou fallo se fai máis notoria. Polo tanto soando ben, afinados e sen fallos e sendo a primeira vez que esta formación ??tocaba a alzar? pois que máis se vai a pedir?
Parabéns tamén a quen tivo a idea de que os gaiteiros tocasen dentro da igrexa pois a sonoridade foi moi boa facendo un efecto de amplificación natural. Sen ter en conta que non sei por que razón tradicionalmente os gaiteiros tocan desde a porta?
Tamén teño que agradecer ao guía (Sabariz) que nos fixera rir máis dunha vez, entre outras, cando facía de garda de tráfico, cando nos guiou ata a entrada do supermercado (a pouco máis ata facemos a compra), ?, en fin, que tamén se trata de pasalo ben?
Así que gaiteiros, ánimo e a seguir traballando.
Paspallás · 10-01-2007 a las 00:13
Teño que reconocer que de vez en cuando gosta ver noticias destas na páxina, o meu recoñecemento a este home (Profesor Miguel) que segun me contaron e un tipo estupendo e un bo profesional; comentábame algún pai que a súa filla estaba moi leda de pertenecer ao grupo Algueirada. Os meus parabéns para este grupo e os seus profesores (Miguel e Martín). A ver si o BNG (Parracho) ten en conta os grupos do pobo e os promociona como se merecen.
fru · 10-01-2007 a las 00:20
Felicitacións para estes mozos/as e os seus monitores. Polo que explica o profesor debe ser dificil facer este tipo de actuacións. Noraboa pois dixeronme que estivo moi ben.
charcas · 10-01-2007 a las 15:43
basicamente si os gaiteiros tocan dende fora e por que son moitos e no altar non caben,ademais o eco que ten a igrexa non e bo para un gran numero de gaitas
un ghaiteiro · 10-01-2007 a las 17:47
charcas,non comparto esa opiniòn contigo,porque non teñen porque ser moitos gaiteiros.Neste caso,con 2 gaitas,un tambor e bombo,chegarìa para facer unha moi boa interpretaciòn no altar,e si en caso de ser mais gaiteiros,mirarìase de que soara ben o conxunto,ou senon que so a tocaran uns cuantos.E o son dentro da igrexa,podoche dicir que se a peza està ben tocada,soa moi ben…se è embarullada non,porque non se apreciarìan as notas,e non se entenderìa nada, pero se està ben tocada e se distinguen as notas claras e està todo ben afinado,consèguese un moi bo resultado case sempre…esa è a miña opiniòn.
unha ghaiteira · 13-01-2007 a las 16:58
ghaiteiro non comparto a tua opinion,ademais penso que charcas non quixo dicir que para tocar faga falta un grupo numeroso de gaiteiros,si non que,para tocar nun altar,un grupo numeroso non se pode permitir ese luxo,dende o meu punto de vista non seria bo «elixir»a dous gaiteiros para que toquen en representacion do grupo e deixar os demais,por que cando estas nunha agrupacion todos os integrantes si se molestaron ir tocar teñen que ter o orgullo de podelo facer en conxunto,a sonoridade seria seguramente estupenda,por que un grupo que se ofrece para tocar sempre ten que contar con algunha garantia,o problema principal e o espazo,por que si o sitio non e o adecuado para tocar(en este caso o altar)pois tocarase dende outro,como e a porta da igrexa onde un pode estar comodo e demostrar o seu talento,da igual que o faga dentro ou fora da igrexa,eso e algo que a maioria dos que nos dedicamos a esto temos por seguro,saudos!
txy · 13-01-2007 a las 17:11
pois a verdade e que tes razon ghaiteira!un bo razonamento!eu tamen me dedico a tocar a gaita e penso como ti,si se vai tocar ou todos ou ningun!e ademais andar entrando na igrexa e saindo con eses traxes,volveriamonos tolos!ademais o noso grupo non cabe!somos 12 os que vamos dar pasacalles sen contar a percusion!e a min non me gustaria que tocaran outros por min.saudos para o meu grupo e aprobeito para lembrarvos de que o 20 tocamos!!!
un ghaiteiro · 15-01-2007 a las 14:39
Pido desculpas se alguèn se sentiu ofendido.Tal vez,non me expliquei ben…
O que quero decir,è que na igrexa ai bancos e espazo suficiente para coller a todos os gaiteiros.Da igual o numero de integrantes,o importante è ir ben afinados e con todo ben ensaiado e preparado…aìnda asì,às veces non sae como un espera…
e cando me refiro a «escoller»a uns cuantos,refirome,a que,en primeiro lugar,ai moitos factores, pode darse que às veces,non todos os integrantes coñecen todas as pezas,etc,etc…entòn,para resto dos integrantes, èsto non deverìa ser motivo de discordia entre eles.
E pasando a outro tema, dende moi antigo,os concertos de càmara,veñense celebrando a cabo ,entre outros sitios, en igrexas e catedrais…POIS POR ALGO SER?!!!…
E con todo isto,non quero que haxa malos entendidos.
?nimo,e a seguir traballando ! saùdos !
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-01-2007 a las 19:22
Pous tivemos un animado debate sobre as gaitas. Eu animo a Miguel o monitor do noso grupo «Algueirada» para que co seu traballo pronto teñamos novos gaiteiros.
Miguel Castaño · 15-01-2007 a las 22:38
Gustaríame agradecer todos os apoios recibidos nestes comentarios a nivel persoal e tamén en nome dos gaiteiros da agrupación Algueirada, xa que axudan a seguir para adiante e disto é do que se trata, avanzar.
Tamén quero agradecer a participación no foro o que demostra un interés polas agrupacións locais e en xeral pola cultura de Pontecesures.
Parece que o tema que desatou algo de polémica foi o de tocar dentro ou fora da igrexa do que derivou no número de integrantes dunha agrupación. Simplemente pretendía facer unha pregunta para reflexionar, destas que non teñen fácil resposta (polo menos para min), e que aparecen cando analizamos costumes.
Xa que se abriu o debate gustaríame comentar. Creo que está claro que existe unha costume de tocar desde fora (Poucas veces vin tocar ou toquei no interior da igrexa no momento de alzar).
Para os que non estean familiarizados podemos dicir que o contexto é un día de festa dedicado a un santo. Pola mañán cedo comezas a tocar polas diversas aldeas ata a hora da misa na que se toca a alzar e se acompaña ao santo en procesión. Normalmente coñecemos esta misa como cantada ou grande.
O máis común é esperar fora da igrexa e ben atender a celebración desde a porta ou esperar a recibir unha sinal dalguén que se encontra seguindo a misa. Moitas veces os propios organizadores da festa se encargan de avisar porque tamén teñen que indicar o momento ao fogueteiro para que lance unha bomba de palenque?
O principal problema é que nos días de festa a igrexa está chea de feligreses que normalmente amontóanse na porta o que dificulta seguir a misa para coñecer o momento de tocar . Ten pola contra a vantaxe de que aqueles músicos que non sexan crentes non teñen porque participar na misa.
Polo tanto no meu comentario referinme á boa sonoridade que teñen as igrexas e a curiosidade de tocar no seu interior? e pregunteime por que non é normal facelo así, nada máis.
Creo que o número de compoñente non é o factor principal da costume por varios motivos, o primeiro, pois as formacións cun número elevado de gaiteiros é recente e isto xa ven de máis atrás. Tamén porque nas igrexa sempre soe existir a ??tribuna? onde tamén se colocan agrupacións numerosas como son as corais? Como curiosidade unha das veces que toquei dentro foi cunha banda de gaitas.
Cando falaba antes do día da festa e da alborada véñenme recordos do bonito que é ir a tocar a unha aldea (destas que xa quedan poucas, moitas veces alonxadas dos centros das parroquias e que agradecen quizais por esta causa que se lles vaia a tocar ata alí). Entón ves como saen as ventás a mirar, os rapaciños espértanse sorprendidos e acto seguido che convidan a beber e comer rosca e outras cousas preparadas para o día de festa. Inevitablemente os tempos cambian e a pesar da saudade que poida producir cada vez hai máis vilas e os hábitos van cambiando. Non se entenda isto como que non é bonito facer un pasarrúas nunca vila, senón que é menos enxebre, ao igual que me parece máis bonito tocar nunha romaría a carón dunha pulpería que nunha vila pasando polo medio dos autos de choque, do saltamontes e outros artiluxios diversos. Necesarios para divertir aos nenos pero que moitas veces teñen as súas melodías con máis volume que as propias orquestras.
Esto último ben a conto polo agradecemento que fixen aos compoñentes do grupo pois me parece interesante que rapaces que lles toca vivir noutro tempo se interesen por coñecer algunhas costumes típicas dos nosos avós e de paso facer a súa aportación para que non desaparezan.
Saúdos.