Presentada a Guía Turística do Concello e a páxina web oficial.
O alcalde, Manuel Luis Alvarez Angueira, a 1ª tenente de alcalde, Maribel Castro, e o representante da empresa que elaborou a páxina, Javier Feijóo, fixeron a presentación.
En relación coa guía confeccionada pola Dirección Xeral de Turismo o alcalde agradeceu a colaboración coas fotografías de Victor Mejuto, Anxo García Abalo e Antonio Cortés así como a do poeta cesureño Cándido Duro. Manifestou que se fixeron 5.000 exemplares anunciando que se vai distribuir a tódolos cesureños e se van enviar exemplares ás oficinas e as feiras de turismo.
A páxina web www.pontecesures.org foi presentada por Javier Feijóo que manifestou que era unha páxina de sinxelo manexo para o usuario e tamén para actualizar polos responsables da mesma. Destacou a importancia que ten para os cidadáns o poder consultar o PXOM, o rueiro do municipio, a normativa sobre a tramitación de asuntos municipais, etc..
Unha mágoa foi a ausencia de público no acto. Practicamente só asistiron os medios de comunicación, algún traballador do concello, colaboradores de ámbalas dúas iniciativas, o colaborador Cándido Duro, e os concelleiros Baliñas, Margarita García Castro e o que da esta información. Aínda que a hora era mala, ao estar este acto no programa oficial da Festa da Lamprea facía pensar que habería público pero non foi así.
A guía pareceume moi boa dende tódolos puntos de vista. O que me parece impresentable e que se envíe as vivendas seis semanas antes das eleccións locais soportando o custo do envío tódolos cesureños. Había que facelo moito antes e isto é un claro acto electoralista por parte do alcalde e do BNG. Non se pode esquecer que a guía leva un saúda do conselleiro nacionalista de Innovación e Industria e outro do alcalde. Ventaxismo claro que convirte a un magnífico traballo en un arma electoral. Claro que con isto hai que contar sempre, e mira agora os que tanto criticaban a publicidade institucional como agora fan o mesmo.
Sobre a páxina xa iremos dando a opinión.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN
34 comentarios
Bill Gates · 12-04-2007 a las 21:24
http://www.pontecesures.org es una copia cutre de http://www.pontecesures.net. Felicito a Antonio Cortés por su gran labor al hacer una página de tan alta calidad como esta. Un saludo desde viena.
CHEROKI · 12-04-2007 a las 23:05
Non te preocupes Sabariz, a non asistencia de público ó acto de presentación da páxina, é culpa da oposición
noa · 12-04-2007 a las 23:06
bill gates tiene toda la razon.ni los concejales estaban en la presentacion.QUE PUEBLO
noa · 12-04-2007 a las 23:09
cheroki de crees todo lo que dices.o angueira de paga para que hables.la oposicion fue invitada?
comendador · 13-04-2007 a las 00:31
estuve fuera y no pude escuchar la entrevista del alcalde que le hizo seijas en radio valga,alguién me puede contar algo?
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-04-2007 a las 00:34
A oposición non foi convidada expresamente a esta presentación «noa», pero foi un acto aberto no salón de sesións. Entereime porque estaba anunciado este evento no programa oficial da Festa de Lamprea e fun porque como concelleiro pensei que era importante estar alí nesta presentación institucional.
O que realmente paréceme negativo é que o alcalde non convoque á oposición para falar deste tema da páxina e dos contidos. Por desgracia é o normal do Sr. Alvarez Angueira. Penso que a oposición debería ter un espazo na páxina pois nós tamén somos concello pero ao alcalde isto do diálogo, a tolerancia e a participación dalle o mesmo. De cando en vez utiliza estes termos en actitude teatral cara á galería pero nós (e cada vez máis xente) o coñecemos ben as súas actitudes.
Tuso · 13-04-2007 a las 10:39
Normal que non houbera xente, as seis da tarde dun día laborable non creo que sexa bo momento para presentar nada.
Con respecto o que di «Bill Gates» eu non vexo que a nova web sexa unha copia desta na que escribimos. Se queredes ver o que é unha copia (polo menos a primeira vista) deixavos unha pista: buscade a páxina web do concello «buque insignia» do bloque, a ver que vos parece.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-04-2007 a las 14:40
Efectivamente «Tuso» esta páxina é «fusilada» de http://www.allariz.com. Non sei canto abonará a Dirección Xeral de Turismo da Xunta á empresa polo traballo (a plantilla xa está feita pola mesma empresa). Pregúntolle a un experto como Antonio Cortés: ¿Canto pode valer unha páxina oficial destas características aproveitando o traballo realizado para outra?. Eu non teño nin idea, pero por curiosidade gostaríame saber o que nos custan estas iniciativas a tódolos galegos.
Antonio Cortés · 13-04-2007 a las 15:35
Sobre a pregunta e sobre o que aquí se está a tratar, eu non teño opinión feita e moito menos vou a poñerme a discutir sobre o traballo de compañeiros de profesión. Pola miña parte, non falarei aquí deste tema, para evitar malentendidos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-04-2007 a las 15:55
Comprendo perfectamente a túa postura, Antonio. Xa nos informaremos por outras fontes.
raquelita · 13-04-2007 a las 15:56
señor sabariz siempre habla mal del señor alcalde.haber que pasa en mayo,y en junio el nuevo gobierno va a ser angueira,sabariz y maribel.los viejos amigos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-04-2007 a las 16:18
Critiquei «raquelita» este feito de envíar unha guía practicamente na campaña electoral cun casto que afrontamos todos e o ventaxismo que iso significa.
Sobre o vaticinio que fas, dígoche que erras porque o PSOE penso que vai conquerir moi bos resultados. O grupo de goberno, dende logo, non vai ser ese. Con seguridade.
Tiroliro II · 13-04-2007 a las 18:38
Este Sabariz é unha mosca cojonera e foi á presentación para sacarlle punta a todo e investigar ata o de Allariz pero ten toda a razón porque os do bloque moita cultura e turismo pero encargando desde o poder da Xunta os traballos os seus amigos e así todo cheira a podrido con tanto carto as mesmas empresas.
Moito progresismo, moita modernidade. moita cultura e moita igualdade pero os cartiños sempre nos bolsillos dos amiguetes de toda a vida. Ante o carto e a boa vida plégase todo o mundo. Estes nacionalistas iban a rematar co clientelismo. Anda ya…..Van defender estos os obreiros que están 10 ou 11 diarias nunha obra? Ja, ja, ja……
raquelita · 13-04-2007 a las 20:12
vas ater mayoria????marcho de cesures vamos a tener otro pepin .si no va por tus narizes cualquiera de acuanda.xa falaremos en junio.tempo au tempo
Paspallás · 14-04-2007 a las 00:11
Raquelita, non te unas a campaña do bng. Quen presionaba á xente para que non fose en listas doutros grupos? Pepin e…..Angueira. Quen metía a dedo persoal no concello? Pepin e…..Angueira. Quen levantaba os plenos sen contestar as preguntas da oposición?. Pepín e……..Angueira. Quen tiña chivatos para comentarlle o que fala a xente na calle, nos bares, na praza ?. Pepin e…..Angueira. Quen fixaba as horas dos plenos importantes para que non poida ir público? Pepín e Angueira. Quen se aproveita da ignorancia de persoas? Pepín e……Angueira. Quén empregou a amigos e familiares nos sitios públicos? Pepin e …..Angueira.
Está perdido o bng e arrabeado, Sabariz estalle jodendo as eleccións e a bola que lle están dando na páxina os disfrazados do bloque vaille facer ganar moitísimios votos, vouche decir, oinlle no Galicia a moitos da familia dunha que vai na lista do BNG a collóns por favores, que lle van a votar a Sabariz por que a Angueira xa non lle cree nin dios.
raquelita · 14-04-2007 a las 00:32
pues espera si sale sabariz es iqual que angueira e pepin ya lo vemos en la anpa o no?si le llevas la contraria ya tienes problemas con el.
Paspallás · 14-04-2007 a las 00:36
Pois lévalle ti a contraria a Xurxo Gerpe ou á muller. EScoitarás o ra..ta..ta…ta…. Que medo como gañen
bea · 14-04-2007 a las 00:38
raquelita tienes razon si no tienes los problemas con el de viene la cuñada sino que le pregunten a la madre del pabellon del otro dia. que la hizo lloran.no se si es verdad pero lo estaba hablando hoy en el cole.lo cojen todo personal y no es asi. ami no me gusta hablar de politica pero en este pueblo hay que hablr(mas ahora que nunca)
noa · 14-04-2007 a las 00:41
yo a xurxo no lo conozco personalmente pero a isa si yme pareze una buena mujer tiene sus ideas.no la vi como tu lo dices.
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-04-2007 a las 01:08
Eu no concello sempre din todo tipo de explicacións das xestións cando estiven no goberno. E na ANPA tamén. E en tódalas colectivos ou asociacións das que formei parte pois tamén.
raquelita · 14-04-2007 a las 10:55
es como dios esta en todos los lados (mas bien quiere estar en todos los lados)y no hace nada de nada mucho hablar pero nada.bueno como todos los politicos ,yo este año no voy air a votar no vale la pena
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-04-2007 a las 13:17
Respecto a túa opinión «raquelita», pero non a comparto. Moitísima xente, e incluso da que non me vai votar, recoñecen o labor, a dedicación e as horas que lle boto a isto. Sinto que a tí non te convenza.
raquelita · 16-04-2007 a las 21:31
ño creo nada
Paspallás · 16-04-2007 a las 22:27
A páxina web do concello e un cadaleito que cheira a podre e Randulfe xa dixo que se ganaba para alcalde racha con todos estos amigos do bloque e virán os da diputación de Louzán.
JES?S · 17-04-2007 a las 10:05
Paspallás, andas doente.Non sabes mais que criticar, e que non sabes facer outra cousa? En cada comentario no que sales, tan so se ve rabia. Reláxate,home.
jose · 17-04-2007 a las 23:51
Sabariz, andas doente.Non sabes mais que criticar, e que non sabes facer outra cousa? En ca momento que sales, tan so se ve rabia. ah! perdón digollo a Paspallas, perdon confundoos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-04-2007 a las 08:58
Pois non estou doente «jose». Nesta entrada expusen que a Guia de Pontecesures elaborada pola Dirección Xeral de Turismo paréceme un bo traballo. Pero tamén critiquei que o envío a tan poucos días das eleccións paréceme claramente electoralista. E o que sinto e teño dereito a dicilo.
JESUS · 18-04-2007 a las 09:42
Jose por que non pos un pouquiño de imaxinación e fas un comentario teu?
Jose · 18-04-2007 a las 10:27
Non quería arremedarte a tí, Jesús, Solo que me fan gracia as entradas de Paspallas e de Sabariz, Un baixo psedónimo ataca duramente, sembra a polémica, e o outro vai co seu discurso electoralista por detras, a quitar tallada. Ahora si, sempre co mismo fondo, doentes e ca mesma rabia como ben ti decías de paspallas.
Non dudes que o teu comenterio pareceume moi oportuno.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-04-2007 a las 10:40
Reitero a intervención que fixen sobre a Guía de é o que ten relación coa entrada. Segues a desacreditarme (falas de discursos electoralista, dor, rabia, etc..). Pois teño que aguantarme «jose» e só dicirche que non estás no certo. Saúdos.
golfiño · 18-04-2007 a las 12:58
a guía mandase para recoller votos, xoga o angueira con ventaxa pero as trapalladas vense moito, si pensa que eu por un libro voulle votar vai jodido, o sabaris non dará nada pero votareille, polo menos non e trampon, os meu vello di que e lejal
Tuso · 18-04-2007 a las 13:30
Eu da guía esa o que non me gusta son as «introduccións» dos políticos (sexan do partido que sexan).
Penso que sobran, pero entendo que son un caramelo moi apetecible para eles (repito, sexan do partido que sexan, xa que estou convencido de que se gobernaran outros tamén o farían), e sobre todo nesta época pre-electoral na que estamos.
pepi · 18-04-2007 a las 14:22
no tenia que ir a votar nadie porque al final cada uno hace lo que le da la gana,es una verguenza que votes por el psoe para quitar a Angueira y que sea el mismo psoe que se une a el para que tenga el porder el bng,pero en que pais estamos.
No tenia que ir votar nadie haber que hacen sin pueblo que sois unos chupones.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-04-2007 a las 15:26
Pois resulta decepcionante que digas iso e que nos chames chupóns a todos «pepi». Eu prefiro non darme por aludido porque teño a concienza moi tranquila e fixen todo o que puden para que o pobo mellorara.
Teño moi claro que dende o PSOE imos traballar para superar a situación que vivimos.
Anímoche a que vaias votar, é a hora da verdade para que os veciños den a súa opinión.