TARDE DE BALONCESTO ALEVÍN EN PONTECESURES
Esta tarde de sábado vai haber dobre partido alevín entre os rapaces do Extrugasa Rio Ulla e os do Meco de O Grove, que acude cos seus 2 equipos da categoria. Hos horarios dos encontros van ser:
Extrugasa Rio Ulla – Meco «A» as 17 h.
Extrugasa Rio Ulla – Meco «B» ás 18.15 h.
Animamos ós aefccionados ó baloncesto para que suban a disfrutar do baloncesto destes rapaces e rapazas, de edades entre os 8 e 11 anos.
O noso equipo está facendo unha moi boa temporada tendo o 3º posto da liga na súa man.
Logo destes 2 encontros quedarían outros 3 mais para o final da súa liga
Outros horarios desta fin de semana son
Infantís: Celso Miguez – Extrugasa Rio Ulla:
Sabado ás 10 h. en Pontevedra
Xunior – Cadete Femenino: Xuven de Cambados – Extrugasa Rio Ulla
Domingo ás 18 h. en Cambados
3 comentarios
fru · 23-04-2007 a las 00:29
Resultados da fin de semana:
Alevíns: Dobre victoria
– Extrugasa – Meco «A» : 10 – 2
– Extrugasa – Meco «B» : 7 – 5
Infantil Masculino: As baixas de varios rapaces con que conta o equipo fixeron que perderan de 40 puntos en Pontevedra.
Copa Xunior Cadete: As rapazas perderon de 20 en Cambados ante un equipo de mais edade, pese a elo xogaron un bo partido, inda que os nervios lle fixeron errar numerosas canastas debaixo do aro.
marta · 24-04-2007 a las 16:55
bueno!e que a mala sorte sempre nos acompaña,jajaja,pero para o seguinte partido intentarase gañar.
fru haber cando nos sacas esa foto!!!!
fru · 25-04-2007 a las 00:22
Así Marta, o ánimo que non decaia.
E a foto farémola espero que nestes próximos partidos da vindeira fin de semana.