Cultura impulsa a consulta en liña de documentos históricos
Segundo se pode ler en El mundo, o Ministerio de Cultura ven de crear o Portal Pares onde se poderán consultar máis de 19 millóns de documentos e imaxes dos arquivos históricos que xestionan.
Gracias a esto podemos atopar referencias ó noso concello en múltiples documentos coma no caso do seguinte documento, datado o 24 de febreiro do ano 1.717, dentro do Arquivo Xeral de Indias dentro da Casa da contratación que esta arquivado ca seguinte descripción:
Expediente de información y licencia de pasajero a indias de Juan de Gainza, veedor del presidio de Buenos Aires, comisario de guerra, con sus criados Domingo Gainza, natural de Bilbao, hijo de Domingo de Gainza y de Teresa Ugarte, y Fernando Natera, natural de San Julian de Requeijo (Santiago), hijo de Domingo de Natera y de Dominga Moreira, a Buenos Aires.
Para ver os datos (ficha) e incluso o documento dixitalizado hai que buscar «Requeijo» (na percura simple) e seleccionar o documento do Arquivo xeral de Indias (o último resultado que da).
Hai moitos documentos, ¿ Que sorpresas poderemos atopar sobre o noso concello aquí ?
3 comentarios
Antonio Cortés · 11-05-2007 a las 13:29
O documento máis antigo que atopo por «puentecesures» e de 1687-1697, por «pontecesures» non se atopa nada.
teucro24 · 11-05-2007 a las 22:29
Hola a todos alguen sabe quen era Colombo un pintor de Pontecesures que vin un comentario nesta paxina pero nunca oin falar del en todo o tempo que vivn en Cesures.
Gracias.
Antonio Cortés · 12-05-2007 a las 00:21
Teucro24, na entrada Os barcos do exilio Está unha pequena biografía de Andrés Colombo sacada do libro «O exilio Galego: unha primeira achega». Non teño máis información que esa.