Carta aberta. Os rapáces de 16 anos deberían votar.
Carta aberta de Cristina Míguez Alvarez (O Grove) publicada no Diario de Arousa de 27/05/07
CONSIDERO QUE a idade establecida pola lei para poder votar é inaxeitada. Na miña opinión, os rapaces de 16 anos son tan maduros para poder votar coma os rapaces de 18. ? máis, xente de 30 anos máis inmadura si ten dereito ó voto.
Considero, ademais, que é máis limpo o voto dun mozo de 16 ou 17 anos, que ó mellor non é todavía o suficientemente maduro pero que elixe ó representante que prefire, que o voto de xente maior que xa non ten capacidade de razoamento e a quen lle poñen a papeleta na man. Esto ocorre continuamente en residencias de anciáns de toda Galiza e España.
Cada ano, cando se achegan as eleccións, aparecen novas nos xornais onde se fala de traballadores destas residencias, que, levan as persoas que están ó seu cargo a votar. Dalles igual a súa opinión.
Non quero dicir que todos sexan iguais, tan so me gustaria que se reflexionara sobre a idade de voto, e que se vixiara máis este tipo de atentados contra a liberdade.
1 comentario
Pana · 27-05-2007 a las 12:56
Realmente no es la madurez ni la capacidad de elección lo que otorga la posibilidad de votar o no, por eso el ofrecer como razón el nivel de madurez de una persona para poder desempeñar su derecho al voto no está ni tan siquiera contemplado en nuestra legislación electoral. Pues de otra manera podríamos desembocar en razones para negar el voto a personas que no son de nuestra misma ideología o no tienen la capacidad que cada cual considera necesaria para definir el derecho al voto.
No caigamos en demagogias que siempre son peligrosas.