REMATOU POR ESTE CURSO A ESCOLA DE BALONCESTO
Este pasado venres 22 rematou a escola municipal de baloncesto que levava en funcionamento dende outubro pasado no polideportivo de Pontecesures. O grupo de nenos e nenas entrenaba os venres de 5 a 6 da tarde e iba dirixida a edades comprendidas entre os 6 e 8 anos.
? longo destes meses os participantes foron dirixidos polo monitor Alexandre Choren, quen, a base de xogos foi introducindoos na práctica deste deporte.
O número de participantes desta escola estivo en torno ós 15 rapaces durante todo o ano. Onte despedironse cuns xogos de tiro e outros concursos. Algun deles xa foi xogar partidos co equipo dos benxamins do Club Rio Ulla, e varios destes rapaces formaran parte dese equipo de benxamins na temporada 2007-08.
12 comentarios
fru · 23-06-2007 a las 11:19
Gulli127 non renegues da familia, que xa lle vai collendo o xeito, creemo. E demostra que sabes facendo dela unha xogadora 😉
O Rei · 23-06-2007 a las 11:45
E a/o que está en ciernes…
fru · 23-06-2007 a las 12:46
Rei: fixate na foto do medio e mira para a que esta detrás da que tira. ¿A quen che recorda? Mira que estilo agarrando o balon e mirando pro aro. Igualiño que algún senior… ¿Adiviñas?
🙂
O Rei · 23-06-2007 a las 12:56
Esa concentración ca mirada fixa no aro só pode ser da sobriña do seu tío, «yellow127″(?)
fru · 23-06-2007 a las 13:01
Blanco, diana, premio, bingo…
gulli127 · 26-06-2007 a las 23:34
Non vos puiden contestar antes, xa que tiña inoperativo o ADSL.
Pero de tódolos xeitos o que me chama a atención das fotos non é de que saia a miña sobriña. Chámame a atención, repito, que ó fondo de tódalas fotos están os banquillos, lugar visitado con moita frecuncia cando «xogábades» o básket por ambo-los dous.
De tódolos xeitos Fru, ¿non te aburriras nunca dos banquillos?
fru · 26-06-2007 a las 23:50
Curioso que se che fora a vista a ese elemento do xogo: lugor onde as «figuras» perden a condición de tal. Os que fomos «obreiros» sentimonos nel coma no noso sofá e disfrutamos doutro xeito do xogo.
¿E coma me vou aburrir dos banquillos, se son os únicos que non protestan? 😉
gulli127 · 27-06-2007 a las 22:56
Frutuoso, NIN CONTESTO. Simplemente me remito os números desta tempada. E despois protestan os do madrí por ter a Capello…
fru · 27-06-2007 a las 23:35
Numeros tamén os tiña Ronaldo… e cando mellor xogou o Madrí, se é que xogou a algo foi cando non estivo no equipo.
Ademais algo mais importante que os números dun xogador e o rendemento do colectivo, e facer piña entre os compañeiros. por ahí empezan os éxitos, e os fracasos.
gulli127 · 28-06-2007 a las 00:23
Frutuoso, se alguén non fai piña e é negativo para o rendemento do colectivo, quizais deberías prescindir de él. Pero falta personalidade. ? máis, se ía iso por min, eu facilítoche o traballo e renuncio públicamente o meu posto no equipo.
fru · 28-06-2007 a las 07:29
Non te vaias polos cerros de Ubeda. Eu só che digo, e parece mentira que non ó sepas, que citar os números individuais nun deporte colectivo é un POBRE ARGUMENTO. Navarro xogador de basket ¿de que lle valeron os seus números individuais (que foron moi bos) ante o «partidazo» (4º da final ACB) que fixo o Domingo o seu equipo, e él mesmo? ¿Crees que está contento?
O que lle importa a un equipo son os títulos. ¿ou non?
E esto non é a «marca» nin unha partida de cartas para andar con «renuncios». Nun equipo as cousas falanse en vestiario. ¿Ou non?
O Rei · 28-06-2007 a las 09:22
¿¿¡¡Outra vez!!??