REMATOU POR ESTE CURSO A ESCOLA DE BALONCESTO

Publicado por fru o

Este pasado venres 22 rematou a escola municipal de baloncesto que levava en funcionamento dende outubro pasado no polideportivo de Pontecesures. O grupo de nenos e nenas entrenaba os venres de 5 a 6 da tarde e iba dirixida a edades comprendidas entre os 6 e 8 anos.

100_6325-web.JPG

? longo destes meses os participantes foron dirixidos polo monitor Alexandre Choren, quen, a base de xogos foi introducindoos na práctica deste deporte.

100_6336-web.JPG

O número de participantes desta escola estivo en torno ós 15 rapaces durante todo o ano. Onte despedironse cuns xogos de tiro e outros concursos. Algun deles xa foi xogar partidos co equipo dos benxamins do Club Rio Ulla, e varios destes rapaces formaran parte dese equipo de benxamins na temporada 2007-08.

100_6338-web.JPG



12 comentarios

fru · 23-06-2007 ás 11:19

Gulli127 non renegues da familia, que xa lle vai collendo o xeito, creemo. E demostra que sabes facendo dela unha xogadora 😉

O Rei · 23-06-2007 ás 11:45

E a/o que está en ciernes…

fru · 23-06-2007 ás 12:46

Rei: fixate na foto do medio e mira para a que esta detrás da que tira. ¿A quen che recorda? Mira que estilo agarrando o balon e mirando pro aro. Igualiño que algún senior… ¿Adiviñas?
🙂

O Rei · 23-06-2007 ás 12:56

Esa concentración ca mirada fixa no aro só pode ser da sobriña do seu tío, “yellow127″(?)

fru · 23-06-2007 ás 13:01

Blanco, diana, premio, bingo…

gulli127 · 26-06-2007 ás 23:34

Non vos puiden contestar antes, xa que tiña inoperativo o ADSL.
Pero de tódolos xeitos o que me chama a atención das fotos non é de que saia a miña sobriña. Chámame a atención, repito, que ó fondo de tódalas fotos están os banquillos, lugar visitado con moita frecuncia cando “xogábades” o básket por ambo-los dous.
De tódolos xeitos Fru, ¿non te aburriras nunca dos banquillos?

fru · 26-06-2007 ás 23:50

Curioso que se che fora a vista a ese elemento do xogo: lugor onde as “figuras” perden a condición de tal. Os que fomos “obreiros” sentimonos nel coma no noso sofá e disfrutamos doutro xeito do xogo.
¿E coma me vou aburrir dos banquillos, se son os únicos que non protestan? 😉

gulli127 · 27-06-2007 ás 22:56

Frutuoso, NIN CONTESTO. Simplemente me remito os números desta tempada. E despois protestan os do madrí por ter a Capello…

fru · 27-06-2007 ás 23:35

Numeros tamén os tiña Ronaldo… e cando mellor xogou o Madrí, se é que xogou a algo foi cando non estivo no equipo.
Ademais algo mais importante que os números dun xogador e o rendemento do colectivo, e facer piña entre os compañeiros. por ahí empezan os éxitos, e os fracasos.

gulli127 · 28-06-2007 ás 00:23

Frutuoso, se alguén non fai piña e é negativo para o rendemento do colectivo, quizais deberías prescindir de él. Pero falta personalidade. ? máis, se ía iso por min, eu facilítoche o traballo e renuncio públicamente o meu posto no equipo.

fru · 28-06-2007 ás 07:29

Non te vaias polos cerros de Ubeda. Eu só che digo, e parece mentira que non ó sepas, que citar os números individuais nun deporte colectivo é un POBRE ARGUMENTO. Navarro xogador de basket ¿de que lle valeron os seus números individuais (que foron moi bos) ante o “partidazo” (4º da final ACB) que fixo o Domingo o seu equipo, e él mesmo? ¿Crees que está contento?
O que lle importa a un equipo son os títulos. ¿ou non?
E esto non é a “marca” nin unha partida de cartas para andar con “renuncios”. Nun equipo as cousas falanse en vestiario. ¿Ou non?

O Rei · 28-06-2007 ás 09:22

¿¿¡¡Outra vez!!??

Deixa una resposta a gulli127 Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.