Triunfo do Náutico Pontecesures na primeira cita provincial en Verducido

Publicado por Plumilla o

Triunfo do Náutico Pontecesures na primeira cita provincial en Verducido.

O encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, acolleu este sábado a celebración da I Competición da liga Provincial de Pontevedra \”O Noso Club 2026\”.

A cita desenvolveuse en dobre sesión, coas categorías de promoción pola mañá e as probas infantís pola tarde.

A xornada finalizou co triunfo do Club Náutico Pontecesures na clasificación xeral por clubs, ao sumar 6.460 puntos.

A segunda praza foi para o Club Náutico O Muiño de Ribadumia, con 5.966, e o terceiro lugar para o Club Confradía Pescadores Portonovo, con 5.627.

Fonte: Pontevedra Viva

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.