O BNG de Valga propón a construción dunha residencia de maiores pública
O BNG de Valga propón ao concello a construción dunha residencia de maiores pública nos terreos do vello campo de fútbol de O Pino.
Os nacionalistas consideran que Valga precisa dun centro residencial de titularidade e xestión pública debido ao forte envellecemento da poboación (25% de maiores de 65 anos).
A proposta busca evitar que moitas familias teñan que buscar solucións fóra do concello ou asumir custes elevados en centros privados.
Fonte: La Voz de Galicia
0 comentarios