O emblemático cruceiro da praza dos Valeiros de Porto cae derrubado por mor dunha maniobra do remolque dunha orquestra.
Sobre ás 19 horas do día de hoxe unha maniobra do remolque R-3882-BBV da orquestra Olimpus que vai actuar esta noite na verbena, ocasionou o derrubo do cruceiro de referencia. A base e a columna non tiveron danos e permanecen na praza, pero a cruz caeu rompéndose en bastantes anacos que foron retirados ata o patio da vivenda situada na rúa Deputación 41. Afortunadamente non houbo danos para as persoas.
O concello deu o parte correspondente ó seguro do remolque que se vai fai cargo dos danos e agora o propio concello comunicará esta incidencia a técnicos de Patrimonio da Xunta para que se decidan as obras a realizar para arranxar canto antes este monumento tan apreciado por todos.
1 comentario
Paspallas · 24-08-2007 a las 23:02
O esperado, o pobre cristo xa estaba cansadiño de escoitar o ruido da orquesta tan cerquiña ano tras ano e acabou derrotado…..,a simboloxía e a historia polo chan, o importante o mogollón…