A Festa da Bicicleta tivo uns 130 participantes

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nunha tarde moi calurosa celebrouse un ano máis a Festa da Bicicleta organizada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra.

100_7441-web.JPG

Despois da chegada a Plazuela tivo lugar a entrega de varios premios por parte da alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de Deportes, Javier Quintá (que tamén participaron na marcha cicloturista).

Como muller de máis idade recibeu un trofeo a propia alcaldesa, Maribel Castro (56 anos).

100_7462-web.JPG

Como home máis veterano recibeu o trofeo José Tubío, de Padrón (72 anos).

100_7464-web.JPG

Como bicicleta máis orixinal foi premiada a de Raquel Diz Gil de Pontecesures.

100_7461-web.JPG
100_7469-web.JPG

Houbo despois varios sorteos de cascos, xogos e botellíns e para rematar sorteouse unha bicicleta que lle tocou ó neno de 4 anos Alfonso Alvarez Constantino de Cordeiro.

100_7482-web.JPG

11 comentarios

Paspallas · 10-09-2007 a las 23:22

A da Escola cun trofeo, hai que ver como cambian os tempos, e Randulfe durmindo a siesta, tamén viron a Mareque de coche escoba decían na de Salvador o de Carreiras.
Onde anda protección civil, alcaldesa? non aparece o Agapito, Oes, non volvera o irmán que vin por aqui o outro día,,,En Cesures todo pode ser ..jo…jo…jo

gulli127 · 11-09-2007 a las 00:29

En tal caso o verían na de Mari Lus, a de Carreiras. A ver se falamos con propiedade.

Pepe de San Xulian · 11-09-2007 a las 15:10

gulli127, pérdeste sempre, non entendes nada, mais luces por favor.

Tiroliro II · 11-09-2007 a las 20:11

Non houbo protección civil na carreira e que mais da.
Cala paspallas e vai tí para protección civil… xa houbera lío cando entrou angueira e lle quitou un coche o agapo, e agora a flamante sacapieles ten tamén follón,…alcaldesa rectifica que o agapo necesita moito descanso que sempre traballou moito.. No me tomedes de coña……

gulli127 · 11-09-2007 a las 22:20

Unha cousiña, «Pepe de San Xulian». Para comezar, eu digo e opino o que me da a gaña, procurando non faltárlle-lo respeto a ninguén. En segundo lugar, dende un seudónimo, escondido, ataca calquera. Defíneste…
E en terceiro lugar, Pepe das luces, ese «mais» leva tilde na «a», ou sexa, vexo que as luces que a min me faltan, a ti tampouco che sobran, Edisson.
E en cuarto lugar, prefiro non entender nada e perderme sempre, a estar día tras día, mes tras mes, sentando cátedra… coma ti.
«Saúdos» Pepe de San Xulian.

Pepe de San Xulian · 11-09-2007 a las 22:39

Vamos gulli127 non sexas neno que xa tes os teus aniños.

gulli127 · 11-09-2007 a las 23:21

Si, 31 anos, concretamente, señora.

Pepe de San Xulian · 12-09-2007 a las 00:30

Pois mais vello do que eu pensaba, eu son mais xoven, ainda me queda moito que aprender de ti.

pontencesures · 12-09-2007 a las 17:37

Facede o favor de non metervos cunha das persoas mais sensatas deste pobo: o señor gulli127. Di o q pensa e da a cara desde o primeiro dia e eso é de admirar, non coma facemos outos q nos é moi fácil meternos coa xente de ben detrás dun pseudónimo, a q si pepe de san xulián…Ánimo gulli127.

gulli127 · 13-09-2007 a las 00:10

¿Pero non dicías que me faltaban luces? ¿? a pesar de todo queres aprender moito de min?
Non me cadra…, se eu son corto (segundo ti), e ti, a pesar de todo, queres aprender moito de min…..
Unha «aperta», señora.

gulli127 · 13-09-2007 a las 00:16

Por certo, graciñas polo comentario, «pontencesures». Procuro dici-lo que penso, pero sen faltarlle a ninguén. Pero xa ves, parece que molesta.
Saúdos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.