O grupo “Algueirada” actúa mañá na festa dos socialistas galegos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Mañá día 9 ás 12 horas, celébrase, no recinto ferial de Fexdega de Vilagarcía, esta festa anual dos socialistas galegos que en anos anteriores se celebraba en Caldas de Reis. Está prevista a asistencia de 5.000 persoas entre directivos políticos, militantes e simpatizantes. Haberá intervencións do secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, do secretario de organización do PSOE estatal, Pepe Blanco de do secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez.

Para amenizar a chegada de comensais e visitantes actuará o grupo folclórico cesureño “Algueirada”. Tamén haberá outras actuacións musicais como a banda “Big Band de Vilagarcía” e o conxunto vigués “Nievla”.

Categorías: Sociedade

7 comentarios

Paspallas · 10-09-2007 ás 23:33

Que coño cazolaría o Sabariz para que o grupo algueirada fora a esta festa do Psoe si está expulsado, Falaban na de Chaves si se atrevería a ir a comer….non sei ..non sei porque ten collóns para todo e debe querer volver a entrar nos socialistas……

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2007 ás 09:44

Non houbo que cazolar nada, “Paspallas”. Pero que terá que ver o grupo “Algueirada” con cuestións políticas que me atinxen a mín.
Por certo, segundo me informaron o grupo tivo unha moi boa actuación neste importante acto multitudinario.
Ah¡ e non fun o xantar,”Paspallas”, por razóns obvias.

BonitoConMexillon · 11-09-2007 ás 13:25

Decirvos que a rapaza Adriana Rivas Seijo ten un sitiño en Internet (Space) inda que está en construcción.. pronto se lle fara unha páxina millor..
E todo comezar.
http://www.myspace.com/AdrianaGhaiteira

Tiroliro II · 11-09-2007 ás 20:01

Caramba con Sabariz, debe ter un tapado que o defende no PSOE, porque e sospeitoso que na festa mais importantes dos socialistas de toda Galicia vaia o grupo da APA que preside o expulsado, non vexo casualidades, debeu deixar amigos para o futuro, e que dirá Ana Mary a piñeira a presidenta dos socialistas de cesures e os da familia. aceite de ricino….

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2007 ás 22:31

Como “Paspallas”, parece que ti tamén, “Tiroliro II”, queres armar polémicas onde non hai nada. Non me busques enfrontamentos con ninguén e deixa ao grupo folclórico fóra de todas estas bromas.

Tiroliro II · 13-09-2007 ás 18:51

Sabariz….que te coñezo, aínda andas a meter o nariz no psoe e queres salirte coa túa, estas cabreado pero non hai volta, vaite da política non che queda nada, non hai porta onde tocar, solo a da túa casa, estas “out”, bueno eu valorei moito o que fixeches, botácheslle uns huevos como o cabalo do apostol para fundir os trapicheiros, pero tes menos futuro político que Victoriano Trenco ou que Barral o dos autobuses…Jo..Jo…Jo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2007 ás 22:37

Para dicir que non teño futuro político, “Tiroliro II”, tampouco fai falla citar a outras persoas con ese tono despectivo.
Ironía sí, pero hai que respectar á xente.

Deixa una resposta a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.