Instalacións deportivas precarias
Os xogadores das distintas categorias de Clube Baloncesto Pontecesures, denuncian ó estado lamentable do pabillón municipal de Infesta. Antes de nada, queremos deixar claro que esto non se trata de buscar culpables nin de cargar contra o actual goberno municipal. O pabellón, por desgracia, xa esta así dende bastantes anos atrás. Simplemente buscamos solucións para practicar o noso deporte, o básket, nunhas condicións dignas.
Creemos que unha das primeiras medidas que habería que adoptar, sería a urxente contratación dunha persoa encargada do coidado do pabillón.
Dentro de quince días comeza unha nova tempada para os sete equipos que forman a estructura do clube, rapaces dende os cinco anos, ata os maiores do equipo senior. Temos que darnos conta de que cada semana visitan o noso pabellón equipos (de tódalas idades) de toda a provincia de Pontevedra.
# Agora mesmo os vestiarios están inutilizables, xa que faltan cristais das ventanas, as portas, as que quedan, están rotas e sen pechaduras, as paredes presentan un estado lamentable…
# O pabillón presenta en tódolos seus recunchos ( vestiarios, gradas, pista, aseos para o público, almacens…) unha limpeza «escasa».
# A pista, lugar básico para a práctica dos deportes, esixe un especial coidado, co fin de evitar resbalóns e caidas, co fin de evitar lesións, como en tempadas pasadas.
# Reparar o marcador, a megafonía, asentos das gradas…
Esperamos que as nosas queixas non caian en «saco roto», pois aparte do clube de Baloncesto, disfrutan e usan as intalacións, os alumnos do Colexio de Pontecesures, o futbol sá veterano que xogan federados na liga galega….
Os xogadores.
25 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 17-09-2007 a las 17:19
Reitero o que afirmei hai uns días noutra nova sobre o mal estado do pavillón. No último trimestre do ano van quedar arranxados os vestuarios, os pasillos de acceso, as portas, as perchas, as fallas de pintura nas paredes da propia pista, etc…
Hai que recoñecer que o mantemento no último ano foi practicamente nulo. Tamén teño que dicir que coñezo moitas queixas sobre a limpeza da pista nos últimos tempos (moita suciedade, moito pó impregnado nos balóns a pouco tempo de limpar, etc..). Díronse ordes nestes días para que a pista e os vestiarios sexan limpados como se facía antes.
Teñen os usuarios do pavillón moita razón nas súas queixas e a nosa obriga e arranxar o recinto con celeridade.
Paspallas · 17-09-2007 a las 23:21
Tranquilos todos baloncestistas de elite, anda o concelleiro Suso Rey facendo números como concelleiro de Facenda para arreglar o pabellón, vírono comprando unha calculadora solar grande na de Couselo, e últimamente creo que fai moitos sudokus para axilizar a memoria…..non o tomedes de coña vai ser o concelleiro estrela e vai conseguir fondos para o pabellón.
gulli127 · 18-09-2007 a las 00:05
Sr. Sabariz, de sobra sabe que o pabillón está neste estado dende fai máis dun ano, e de dous, e de tres… e de oito tamén, así que, por favor, non fagamos política barata con este tema. Non nos interesa o máis mínimo.
¿Que hai do da persoa encargada do mantemento do polideportivo?
O único que é certo, é que o sábado comeza unha nova tempada, e seguimos igual que fai un mes, cando falamos disto por última vez.
E por favor, non mezclemos aquí o politiqueo de suburbio que tanto gosta neste pobo, e aplíquense todos, que dende o «famoso», «inesquecible» 16-J xa pasaron uns cantos meses.
Por certo, suba o venres polo pabillón á noitiña e falamos…como aquel domingo de marzo na Adega A Pía…¿lémbrase?
Saúdos.
zapata · 18-09-2007 a las 00:25
Pareceme moi ben que se arranxen estos desperfectos pero tamen me parecería mellor que os do CB Baloncesto que tanto piden (con razon) cada vez que vexan un desperfecto comuniqueno, para asi entre todos coidar o pabellon, e o mesmo que dixen fai un tempo… todos sabemos quen fan os desperfectos porque o permitides? Facedes o máis sinxelo e é o unico que me molesta de esta entrada. Sin máis sorte na vosa temporada e espero que teñades unhas instalacions como se corresponden 🙂
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-09-2007 a las 08:30
Non é miña intención facer política co estado do pavillón. Coñece perfectamente o teu entrenador quén se preocupou e se preocupa polo estado do recinto e quén non, quén podía adoptar decisións para arranxar os problemas e quén non. Pregúntalle iso e tamén polas melloras conqueridas (novo solo, alumeado, canastras, etc..) e as actuacións de cada quén para logralas.
Falo que se van arranxar as instalacións e non pretendo vender aquí nada, «gulli127». Todo é moi simple pois o arranxo esta previsto como unha das actuacións no obradoiro de emprego.
fru · 18-09-2007 a las 16:53
«Zapata» cree si che digo que os membros do equipo de baloncesto levamos avisando cada vez que aparece un desperfecto no polideportivo. Por desperfecto entendemos algo que xurde dun dia para outro (unha luz fundida ou rota, un fluorescente solto e colgando polos fios, coma ten pasado, un grifo que perde auga, ou unha cisterna ou ducha estropeadas, ou un cristal roto).
Outra cousa é o aspecto que presentan actualmente eses 2 vestiarios ¿crees acaso que non se dixo mais dunha vez o estado que presentaba? ¿Crees que esas pintadas xurdiron na parede dun dia para outro?. O estado foi empeorando nos ultimos anos. Así está agora coma se pode ver nas fotos.
Pois ben, agora que pasaron as eleccións e agora que temos novo goberno, e posto que empezamos a usar de novo o polideportivo nesta temporada 2007-08 é cando o decimos. Para que non teñamos que PEDIR DISCULPAS ós equipos que veñen de fora cando lle entregamos a chave do vestiario visitante, coma pasou cada fin de semana de competición. Para que non teñamos a sensación de que temos os peores vestiarios en aspecto de toda a provincia de Pontevedra.
¿Que fallou aqui? O mantenemento nos ultimos anos. As paredes dunha instalación necesitan de cando en vez unha man de pintura. E non son os homes que xogan no equipo dos maiores os que fan as pintadas na parede, ou xogan a tirarse globos cheos de auga. Dis que pedimos moito. Ter unha instalación digna é pedir moito, ou querer deixar en bo lugar ó nome do concello que representamos.
E si Sabariz, eu sei o do Obradoiro de emprego. Pero eso non quita que a xente se queixe ante un grave fallo, de mantenemento neste caso, mantenemento necesario sempre, e mais se se consiguen melloras, pois coma non se cuiden en pouco tempo van presentar un aspecto deteriorado. Porque o obradoiro de emprego tamen ten data de remate: en decembro. ¿E despois…?.
Por eso o de unha persoa (conserxe, encargado) que estea ahí dia a dia VIXIANDO e ARRANXANDO pequenos desperfectos.
Vixiando pois polo pabellón recordemos que pasan cada día, durante o curso escolar, e nas actividades logo da hora escolar, ducias de crios. E onde hai crios hai trastadas.
Arranxando, porque desperfectos hainos nas casas de cada quen, canto mais en instalacións con este uso.
zapata · 18-09-2007 a las 17:50
Fruqui, vexote moi exaltado tranquilizate home, tranquilizate. Primeiro creo que non entendeches ben o meu comentario os parenteses tamen se leen. Non estes a terxirversar o meu texto con ese victimismo.
O que eu quero explicar e o seguinte. Se na temporada anterior tiñades que PEDIR DISCULPAS por usar esos vestiarios, que eu creocho, pois, xa dende aquela deberiades reclamar unhas instalacions dignas e non acordarse agora a toda presa porque vos empeza a temporada. Argumentas que as pintadas aparecen pouco a pouco e creo que me das a razon a ese pouco a pouco e o que me refiro. E simpático por non utilizar outro termo, que dis que agora que temos novo goberno pedimos. Imaxinome que te explicarias mal ou non sei.
Vexamos, o que eu pretendo e que mediante un control racional do pabellon como das instalacions que temos consigamos unhas instalacions mais dignas, nada mais, en iso resumese o meu comentario anterior.
Aparece algun desperfecto comuniqueno e que se actue da maneira mais eficiente para que non volva a suceder. E decir, aparece unha porta rota, buscar ao responsable e punto. Non poñerse agora todos locos poque temos unhas instalacions precarias, oiga, o descuido tamen foi voso por permitir todo iso. Ainda que agora diran iso non é problema noso, bueno xa, o de sempre.
O do conxerxe eu non o vexo moi boa idea asi de claro, gustariame si estivesemos sobrados de cartos pero a verdade e que non sei ata que punto pagarlle un sueldo a unha persoa para o «coidado» do pabellon e boa idea non o sei (igual e mais necesario que outras persoas, non o sei). No pabellon de valga por exemplo ninguen controla, polo menos cando eu vou xogar e mais non esta mal. Sigo pensando que cada un debese responsabilizar dos seus actos e se aparece algo roto aposta debese denunciar e sabese quen foi,tarde ou temprano pero sempre sabese quen foi, e senon faise responsable a persoa que alugou o pabellon.
Esa e a miña opinion, nada mais un Saudo
fru · 18-09-2007 a las 18:04
Non pretendo terxiversar nada, nen facerme o victimas. ¿Que crees que levo decindo dende finais do ano 2000? (grifos rotos, porta do vestiario visitante cun burato na porta e alí sigue, cchaves da luz e enchufes rotos…). E quen crees que vai controlar o pabellón tendo en conta o horario escolar, o das actividades de nenos, e o uso que se fai polas noites? ¿Os que están na pista xogando e entrenando?
Aseguroche que, ou alguén se encarga de ver o dia a día do pabellón ou mal andamos. E recorda que por Baño pasa todos os dias a persoa responsable do pabellón (Sra. Maruja) que algo fará, ademais de limpar (entre outras cousas avisar no concello de Valga cando hai algún desperfecto para que o arranxen).
«Descuido noso» dis, pois bueno… Son modos de ver as cousas.
zapata · 18-09-2007 a las 19:31
» E quen crees que vai controlar o pabellón tendo en conta o horario escolar, o das actividades de nenos, e o uso que se fai polas noites? » Os responsables! Fruqui, Os responsables, Profesores, Os propios que alugan o pabellon etc. Ninguen esta decindo que os que deben coidar o pabellon sexa o CB baloncesto, pero creo que si se ve unha porta que antes estaba ben rota, por avisar algun responsable do concello non fai falla unha persoa contratada. Se contratamos unha persoa para que avise ao concello que romperon algo menuda eficiencia. Son modos de velo como ti dis.
fru · 18-09-2007 a las 21:37
Creeme, e Sabariz debe lembralo. No 2000 avisei do burato que ten a porta visitante. Estamos no 2007 e o burato segue alí.
Cando a «eficiencia» é ineficaz hai que pensar outro tipo de solucións, inda que coste algúns euros. Pabellóns coma o de Cuntis, Dodro, Padró,n Illa ou A Estrada teñen un aspecto mais que aceptable.
O de Portas ou o da Xunqueira de Pontevedra están mais deteriorados. A diferencia: os primeiros teñen conserxe contratado que se preocupa por arranxar o que se teña que arranxar. Os segundos están a monte…
E o conserxe en cesures podería, mentras está en horario de traballo, ademais de vixiar e de facer os arranxos (un grifo, unha cisterna, un pintado cando toque; tamén pode encargarse da apertura e mentenemento doutros locais municipais que están facendo un servizo coma son o club xuvenil ou o centro social.
Mais coma levamos 20 anos con pabillón e case nunca tivemos conserxe (excepto uns meses en 1987 con Paquito; e logo uns anos con Elias). Podemos seguir así outros 20 anos mais. O pabillón estará ali no 2027. ¿como? Dentro de 20 anos o veremos. Ou non estará.. son formas de ver as cousas, nada mais.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-09-2007 a las 21:48
Para terciar na discusión, teño que adiantar que se está a estudar o adianto do arranxo dos vestiarios, e así e posible que mañá mesmo se comece co pintado.
sobreiras · 19-09-2007 a las 00:20
Señores do baloncesto senior (especialmente gulli127) : estou totalmente dacordo en que as instalacións do pabellón están nunha situación deplorable pero tamen vos podo decir como non vos acordachedes antes de sacar estas fotos nesta páxina, non sei, 6,12 ou 15 meses antes. ¿ou seique lle tiñades medo o gran xefe?.Só pasaron tres meses dese «famoso» e «inesquecible» 16J e xa queredes que o novo goberno o arranxe todo. Dádelle tempo e deixa que os políticos fagan política que é o deles sin menospreciar con eses términos de «politiqueria barata»
O Rei · 19-09-2007 a las 10:28
Seguindo ca visión das cousas de expón «zapata» voume permitir deducir que se non fai falla que se contrate unha persoa para vixiar polo estado do pavillón, tampouco debería facer falla Policía Local, Garda Civíl etc, simplemente apelando ó senso común de cada persoa (humana) e á conciencia cidadá debería ser suficiente……….
En cando ó momento de denuncia-las cousas, calquera momento será sempre malo para uns e bo para outros. Todo se pode levar a interpretacións partidistas; «por que non foi antes?, por que xusto agora?, por que non deixalo?». O caso é que o mal segue ahí. A ver se como di o Sr. Sabaríz, antes de final de ano temos un pavillón, cando menos digno.
cachote · 19-09-2007 a las 12:34
Como usuario habitual do pabellón, (e dos pabellons da comarca) pois estou dacordo con todalas queixas q se pronuncian aqui, sobre todo cos problemas dos vestiarios. Hai problemas inevitables, como a humidade ou o desgaste do pabellon debido ao paso do tempo, pero cun bo mantemento poderiase ter un polideportivo moi digno, como por exemplo o de cuntis ou a estrada. Pero o máis importante aparte de ter un lugar onde facer deporte pois ben sendo o tema da hixiene, o dos vestiarios non ten nome, e claro ata que alguen colla uns fungos nos pes, se corte con algo ou pase algo nadie moverá un dedo… as cousas aqui funcionan asi.
E non quero entrar en temas de politica porque é un tema q non me interesa nin o mais minimo, pero opino que (estea quen estea de rexidor do pobo) debe de ter presentable os locales para uso do cidadán de a pé , e sobre todo nun municipio que non se caracteriza por ter moitos lugares para o ocio dos cesureños.Non creo que sea tan dificil de facer … Gustariame transcribir as opinions da xente q ven de outro lugar como o grove ou cuntis a xogar ao baloncesto, ou dos equipos de futbol-sala q o visitan…
Bueno, e sobre o de poñer as fotos non creo q fora polo do cambio de goberno, simplemente seria porq esto é un medio publico ao q pode acceder calquera cidadán, e q a xente q non visita a cotío o pabellon sepa como está. Sei de boa tinta que sempre se solicitou estes anos anteriores os arranxos dos desperfectos do polideportivo.E para solicitar esto hai anos non faria falta sacar fotos , a xente do concello ten q andar 300 metros para ver o estado do pabellón, simplemente se sacaron para informar á xente, e q sinta incluso algo de vergonza allea.
zapata · 19-09-2007 a las 13:39
Seguindo ca visión das cousas que expón «O Rei» vou permitir deducir que fai falla unha persoa contratada para todo tipo de activiades que sucede na vila. Asi teremos mais xente contratada que actividades podremos ofertar. ? unha solucion contratar a unha persoa para que avise no concello sobre os posibles desperfectos que haxa nos vestiarios? bueno pois si. adiante
O Rei · 19-09-2007 a las 15:37
Na miña opinión sí que debería haber unha persoa encargada do pavillón, pero con iso non quero dicir que sexa a encargada de «avisar no concello sobre os posibles desperfectos que haxa». Esa sería unha das súas funcións, pero o mantemento das instalacións e a prevención dos posibles desperfectos deberían ser outras.
Unha vez resoltos os problemas actuais considero esencial a contratación dun encargado-vixiante para evitar este tipo de polémicas no futuro. Esa persoa sería a responsable do pavillón nas súas horas de traballo que se deberían adecuar ás horas de uso do mesmo.
zapata · 19-09-2007 a las 16:25
Consideras esencial a contratacion dun encargado vixiante para evitar este tipo de polémicas… interesante.
Cada vez estou mais de acordo co comentario de «sobreiras» un saudo. Ogalla teñades esas instalacions en perfecto axiña
Luis Angel Sabariz Rolán · 19-09-2007 a las 17:31
Pois hoxe xa comezaron as actuacións nos vestiarios por parte do persoal do obradoiro de emprego. Tendo en conta que comeza a tempada deportiva, vaise adiantar a obra prevista para o derradeiro trimestre, mixturando as terefas que os alumnos están a realizar acondicionando o edificio do club xuvenil. Vaise comezar polo pintado dos vestiarios recebando antes os espazos nos que falla o cemento. Está prevista a substitución de portas danadas, perchas, arranxo de grifos, colocación de embelecedores de enchufes e chaves da luz, pechado dos espazos que hai debaixo das gradas, etc….
Feli_no · 19-09-2007 a las 21:20
Boas.
Por suposto que debería ter o concello unha persoa contratada para a supervisión e mantemento non só do pabellón, se non de tódalas «escasas» instalacións deportivas que temos neste concello. Outros concellos non moito máis acaudalados téñena.
Por suposto que a intencionalidade de mostra-las fotos nesta páxina non era política, se non como estades a comprobar «axilizar» algo que debería estar subsanado xa hai tempo. Como xogador do equipo senior xa estabamos cansos de iniciar outra tempada máis cos mesmos lastres de sempre. Nada máis. Política faina o que ve as fotos e pensa nas connotacións politicas, isto é, un polític@.
gulli127 · 19-09-2007 a las 23:42
Que queres, Sobreiras, para min o 16-J é un día «famoso» e «inesquezible», que queres que lle faga.
Creo Sobreiras, que o meu bo amigo e compañeiro Feli_no, xa te contestou por min.
? por certo, o Sr. Sabariz, Sobreiras, sabe de sobra o que opino da política local, non é de agora.
Saúdos, Sobreiras.
Antonio Cortés · 20-09-2007 a las 16:01
Recomendación: Ler ben os comentarios antes de contestalos.
Exemplo: Gulli di:
Que é o mesmo que dicir:
Non o que parece que entendeu algunha xente que creeu ler que dicia que sobeiras era sabariz. Esto provocou que algún comentario pasou a moderación co correspondente correo electrónico de explicación.
Coma sempre pido que non se conteste nada en quente.
Cara de cona · 20-09-2007 a las 18:47
Que rollo co pabellón, pero non vedes que angueira solo se preocupaba do náutico e deixou todo abandonado, o campo de fútbol, as pistas do muelle, o ayuntamiento antiguo, todo cheo de pintadas, a depuradora do muelle chea de restos de leña e de merda, a plaza.
E despois os deportistas co bloque, manda truco, son masocas. Que fixo a concelleira de deportes, a Juliana polo deporte?
O Rei · 20-09-2007 a las 19:36
Se te-la «cara de cona» pode que teñas o cerebro feito dalgún subproducto corporal que che provoca eses pensamentos un tanto «deslucidos» e simples. Conste que algunha das cousas que expós non é de todo falsa, pero será quizáis que a maneira de expoñelo xa predispón en contra o que poidas dicir.
gulli127 · 20-09-2007 a las 21:59
Gracis Antonio pola aclaración, non quixen en ningún momento dicir o que algún chegou a pensar.
Podo ter as miñas diferencias co Sr. Sabariz, pero ao menos podo debater con él, cousa que é de agradecer. Saúdos a todos.
pachochita II · 23-09-2007 a las 20:26
Margarita está enfadada
este novo goberno funciona
ningun deles desentona
¡Alegra esa cara, Xuliana!
Os do basket protestando
que os vestiarios eran pocilgas
os do Bloque sempre prometían,
pero non llos daban arreglado.
Angueira polo poli non miraba,
él era home de náutico,
e a concellala iba ó práctico
nin unha man de pintura se daba.
Tiveron que vir os ??malos?
para desmontar o mito:
O voto ó Bloque é un rito,
que os xovenes non sodes listos.
O pabillón será pintado
o Molulo esquecido
quen te querrá no partido,
dentro de catro anos vas dado.
Cesures vai abrindo os ollos
vaise sacando as legañas,
o goberno do BNG eran patrañas
o pobo estaba farto dos chanchullos.
O poli non daba gasoil,
si na Jet de redondo,
os vestiarios como a cara do gasol
e as paredes sucias, guarrindogo!
Cesures o que ten que ver:
o exalcalde presumia de deportista
O que fixo por vos devedesllo de agradecer
Agora idelle e votadelle todos na lista.
Alegrate Margarita, por Dios.
na terraza do Telebar estase de coña.
A ??Marquesa da plazuela? dinche con sorna.
Os que non coñecen a tua gran labor.
Pasar catro anos sen facer nada
e un record inigualable
Javier Quintá ¡espabila monada!
e ese record será inalcanzable.
Non saben que o amor pode con todos,
ó alcalde non se lle contrariaba en nada
a sua palabra sempre foi sagrada
e os usuarios do poli só eran votos.