Masiva asistencia de nenos/as do CPI Pontecesures a actividade extraescolar de natación.
Superando tódalas previsións, 58 nenos/as do CPI Pontecesures inscribíronse na piscina de Padrón para esta actividade que comezou hoxe.
A ANPA reservara para esta actividade os xoves ás 17,45 horas, pero ante o gran número de nenos, foi necesario facer perante todo o día de hoxe varias xestións coa empresa concesionaria da instalación, para que varios nenos/as puderan asistir na sesión das 17 horas en lugar da das 17,45 horas.
A solución foi satisfactoria e agora 20 dos 58 nenos/as, aproximadamente, van asistir ás clases de natación na quenda das 17 horas.
Se algún pai/nai aínda está interesado en que o seu neno/a asista a esta actividade prégase que se poña en contacto coa piscina de Padrón, ben facendo a consulta persoalmente ou ben chamando ó teléfono 981-811690
2 comentarios
laranxa · 5-10-2007 a las 13:38
¿Houbo previsións? ¡non podo crer o que leo!…soio se sabia a data e a hora.
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-10-2007 a las 14:04
Durante os últimos anos sempre se inscibiron os nenos na propia piscina (eran sobre 40 ou 45). Hai anos confeccionouse por parte da ANPA unha lista previa que se presentou na piscina con bastante antelación, pero logo coas variacións (cambios de idea de pais, esquecementos doutros a hora de apuntarse, etc..) o sistema foi pouco operativo porque tiñan unha previsión de nenos na piscina polo tema dos monitores, e logo o primeiro día variaba a cifra considerablemente.
Este ano, e tendo o ceñecemento dos problemas que podían xurdir por exceso de nenos/as, solicitouse tamén ó xerente da instalación a sesión das 17 horas da tarde dos xoves, e con esta medida esperamos que non haxa problema algún. Incluso onte acudiron tódolos nenos á actividade, con incomodidades ó ser tantos, claro.
De tódolos xeitos, se algunha persoa sintiuse molesta pola confusión que houbo na instalación, prégolle disculpas en nome propio e da xunta directiva da asociación.