Para os celtistas cesureños: Stoichkov, el entrenador que no entrena.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Columna de Fernando Hidalgo en la contraportada de «LA VOZ DE GALICIA» 04/10/07

El presidente del Celta, Carlos Mouriño, puede encontrarse en breve con un dilema de cierta importancia. Si el equipo celeste, que ha comenzado titubeante la Liga en Segunda División, no repunta con rapidez, sonará en su cabeza el ruido de sables previo a la destitución de un entrenador. Normalmente, el dilema es saber qué técnico sustituirá al anterior. En el Celta, el asunto puede presentarse más complejo.
El presidente celeste ha reconocido que Stoichkov no es quien dirige los entrenamientos del equipo. Dice que los supervisa; que el Celta funciona a la inglesa y que la figura del ayudante se deja ver más que la del titular del banquillo. Lo cierto es que, así las cosas, Antonio López, el segundo entrenador, es la referencia táctica y de casi todo para la plantilla. Si las cosas siguen mal, ¿a quién echará Mouriño?


8 comentarios

fru · 7-10-2007 a las 12:15

Boa 2ª parte do Celta onte, creando xogo ofensivo e non tendo moitos problemas en defensa, ante un equipo que logrado o empate a 1 se limitou a encerrarse e especular co partido e co tempo.
Foi clave a entrada de Perera, e ben Cannobio e Jorge. Diego Costas un pouco chupón de mais, e na xogada final da tangana pecou do que é : un crio, pois hoxe cumpre 19 anos.

O Celta non vai ter problemas para manter a categoria, pois haberá partidos que lle sairán coma os de onte e logre os 3 puntos. Así para o ano poderemos ter derbi co Coruña de novo. (camiño leva). 😉

O Rei · 7-10-2007 a las 17:28

Moitas grazas Fru polo resumo do partido do Celta. Ogallá cada semana puidera ter un resumo deste tipo. Algúns partidos pódense ver por internet, pero a maioría hai que imaxinarse as xogadas.
Graciñas

fru · 8-10-2007 a las 14:57

ULTIMA HORA: o Celta destitue a Stoichkov

La Voz de Galicia

O Rei, para imaxinar as xogadas do celta este ano hai que ter moita imaxinación… So este sabado veuse algo de futbol, a 2ª parte pasable.

fru · 9-10-2007 a las 19:32

O Rei, (e ó resto) ¿que me dis de Lopez Caro?. ¿Será a solución dos problemas do Celta?

¿E a directiva que «nota» lle poñemos?

O Rei · 9-10-2007 a las 22:31

Quéresme turrar da ligua, Fru, e conseguíchelo.
Os problemas do Celta veñen de lonxe. Horacio era un pouco limitado, pero estaba rodeado de xente moi competente que fixeron os mellores equipos da historia do Celta.
O principio dos problemas foi fichar a Lotina. Botaron a Víctor Fernández despois de quizáis os mellores anos do Celta e cun equipo feito para xogar ó fútbol e acostumbrado a loitar por ir a Europa e con ambicións (e quizáis equipo) para algo máis, e logo diso fichan a un tipo afeito a salvar (ou non) equipos do descenso. Resulta que o primeiro ano a forza de mal xogo, aburrimento, victorias inmerecidas e algúns erros arbitrais ó noso favor o Celta consigue clasificarse á Liga de Campións. En mala hora, carallo. Resulta que ó ano seginte esa sorte deixou de estar de cara ó principio e logo, co sistema de xogo e os propios xogadores (moitos deles merecían un serio correctivo) baixaron merecidamente.
Logo en segunda ficharon a Vázquez e subiron cun equipo, bueno, apañado no fixeron todo entre Cannobio e Jandro. Primeira de novo. Xogo simplón pero cas victorias fora da casa sobre todo (Bernabeu e Riazor….que ben souberon) chegou á UEFA. Estando ahí, Horacio decide irse e chega esta nova directiva que se quere comer o mundo e queren desfacer un equipo xa feito para refacelo non se sabe moi ben como.
As cousas non lles saen ben, botan a Vázquez e fichan a un tipo (Stoichkov) que coma entrenador nunca fixo nada e coma xogador non destacou por facer bo uso do cerebro ou do sangue frío necesario en momentos cruciais. Non consegue salvar ó Celta (aínda que non foi culpa del) pero demostrou o suficiente como para ver que non vale coma entrenador. A pesares diso e aconsellados polo demo deciden mantelo en segunda, na que dura 7 xornadas.

? meu entender está mal renovado e ben botado, pero tarde. Agora a cousa ten arreglo (con arreglo digo manterse en segunda, porque esta nova directiva fixo o pior equipo dos últimos 15 anos) pero este novo entrenador que fichan…¿quen é? Foi entrenador do Real Madrid B en segunda B e logo botárono do Levate mediada a pasada temporada. Un currículum coma para fichalo para ascender un equipo «cas pretensións do Celta». Que se manteña e grazas.

Bueno, vaia parrafada e análise dos útimos anos do Celta. Non me piques Fru que nestes temas entro ó trapo.

Unha aperta (ha det bra)

Paspallas · 9-10-2007 a las 22:49

Este Lopez Caro e un home serio e moi relixioso, vai a misa ós domingos e estamos ante un católico de verdade, nesto lembra a Irureta….O que pasa e que este Celta non ascende nin rezando…nin aínda que leve de segundo a Nelo o sacristán de Pontecesures…Este Caro non acaba a liga, veredes…

fru · 10-10-2007 a las 00:39

O Rei, dacordo. Tan só complementar a tua análise decindo que Horacio NOMEOU ó seu sucesor… para quedar coma o mais grande presidente do Celta. Imaxinate que hubese posto no sitio a un «crack» que o fixese que nin diola.. Horacio sería pronto esquecido. pero agora é Horacio «o añorado». En fin… So confiar no «efecto lotina» para que o Coruña vaixe e ter de novo derbi de verdade… Se a historia algo nos ensinou é que é cíclica e tende a repetirse…

O Rei · 10-10-2007 a las 11:27

Como di miña nai «detrás vendrá quien bueno te hará». Quizáis Horacio sabe moito diso e puxo a esta xente para ensalzarse a el mesmo…
Unha aperta

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.