Pontecesures solicita máis paradas do tren.
Texto do escrito dirixido no día de onte a Renfe Operadora (A Coruña):
Con data 06/10/07 solicitouse que se corrixiran as deficiencias que observamos no novo horario de trens (fundamentalmente que non se perdera a última viaxe ata Santiago que pasaba por Pontecesures sobre as 23,00 horas de luns a sábados, e que volvese a circular un tren de mañá con dirección a Pontevedra e Vigo os sábados, domingos e festivos a primeira hora da mañá).
Como se están a facer estudos por parte de vostedes, e como o traxecto Vilagarcía-Pontevedra vai ser máis curto en breve coa entrada en servizo da variante, sería moi beneficioso para Pontecesures que o tren R-598 que sae de Vigo ás 6,30 horas e que pasa por Padrón ás 7,37 horas, tamen parase en Pontecesures uns minutos antes. E tamén que outro R-598 que sae de A Coruña ás 13,50 horas e para en Padrón ás 14,52 parase en Pontecesures uns minutos despois.
A incidencia nos horarios xerais sería practicamente inapreciable e teríamos dous servizos máis que reclama a cidadanía.
Esperamos que se nos teña en conta informándolles que dende o concello estamos a facer xestións para que o tren de cercanías e de media distancia teña cada vez máis usuarios (colocación de horarios nas rúas e nos establecementos, información nas oficinas municipais a excursionistas, peregrinos e visitantes en xeral, información a colectivos, etc..)
Pontecesures, 10 de outubro de 2007
O concelleiro de relacións institucionais
LUIS ANGEL SABARIZ ROLAN
0 comentarios