Atopan a Alfredo B. tras a movilización de numerosos medios

Publicado por Antonio Cortés o

Sobre as 5 da tarde o noso veciño Alfredo B., de 80 anos de edade, saiu da súa casa nun “maquinillo” a buscar piñas.

A súa familia, vendo que non voltaba, fixo as xestións para que se iniciase unha percura do ancián por si se atopaba perdido ou desorientado, xa que non era normal a súa tardanza.

Membros de protección civil de Pontecesures, Valga e Catoira iniciaron as labouras de rastrexo que finalizaron de forma satisfactoria, cando ás 10 da noite o atoparon, desorientado no monte, xa dentro do veciño concello de Valga.

En grande medida, sendo Alfredo un gran coñecedor do monte, a desorientación debeuse posiblemente o estado do monte tralos incendios do pasado verán, que inhabilitaron e ocultaron moitos dos camiños e corredoiras que alí hai.

Unha nova con final feliz, que debe ir acompañada dunha felicitación ás diferentes agrupacións de protección civil e veciños que estiveron nas labouras de búsqueda.


1 comentario

MARI CAMPOS · 14-10-2007 ás 00:56

E UNHA ALEGRIA QUE O NOSO VECI?O APARECERA SAN E SALVO,PERO O QUE SI E TRISTE E QUE ACTUARAN AGRUPACIONS DE PROTECCION CIVIL DE OUTROS CONCELLOS,CUN DESPLIEGUE DE MATERIAIS IMPRESIONANTE E OS NOSOS VOLUNTARIOS COA SUA PRESENCIA ¡E GRACIAS!¿QUEN SE TEN QUE ENCARGARSE DE CONSEGIRLLES EQUIPOS E MATERIALES ADECUADOS?VESE QUE OS POLITICOS ASTA AGORA FIXERON POUCO,¿OS QUE GOVERNAN AGORA FARAN MAIS???????

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.