Comezo da «Catequese 2007/2008». Misa en Galego
Con bastante asistencia de nenos/as comezou hoxe a catequese na Igrexa Parroquial de Pontecesures. A principal novidade foi que a misa, neste día de presentación do catecismo que tivo lugar ás 12 horas, oficiada polo Párroco, Arturo Lores Santamaría, desenvolveuse en língua galega seguíndose as directrices do Directorio da Diócesis do Arzebispado de Santiago.
Así foron facilitadas ós feligreses unhas follas co texto da misa na nosa língua.
1 comentario
O Rei · 14-10-2007 a las 15:58
Xa era hora que se actualizase a Igrexa en Cesures comucicándose ca xente no idioma que utiliza a maior parte dos Cesureños, e máxime dos que frecuentan ese templo.